sábado, 17 de mayo de 2008

Manipulación

nordes
Á vista do panfleto "Nordés" Nº2 de Maio do 2008, editado e distribuído polo BNG de Porto do Son nas parroquias do concello,

Digo:
Cando un veciño, independentemente do seu pensamento ou militancia política, accede por vontade propia a un cargo no seo dunha comunidade, coido que antes de nada débese aos veciños que vai representar. Clarificado isto, penso que os veciños poderán entender un pouco máis porque dimitín no seu día.

O feito de que o presidente da Comunidade, dese conta aos seus compañeiros do BNG da reunión oficial mantida por el e outros membros da Xunta Reitora co señor alcalde, antes que aos comuneiros, ós que di representar, ten un nome claro: MANIPULACIÓN.

Do citado panfleto extráense algunhas verbas que se deben matizar:

"Debemos construír o polígono industrial con sensatez, sen pisotear os dereitos e o futuro da xente".
Mágoa que eses dereitos que agora din defender, esquecéronos cando sen a aprobación pertinente da Xunta Reitora ou a Asemblea Xeral, alguén da directiva ordenou abrir unha pista no Iroite sobre propiedades privadas, sen permiso dalgúns donos e cunha subvención de Medio Rural.

"É obrigada a lembranza desta reunión de seis persoas, porque debe contar a toda veciñanza que foron os catro dirixentes da Comunidade de Montes quen expuxeron a necesidade do Polígono Industrial".
Pode ser que ningún membro da Xunta Reitora, tanto directivos coma vogais, non pidan unha explicación por ser citados sibilinamente, e con esta intención?.

Como é posible que antes de que a Asemblea Xeral, órgano decisorio da Comunidade, se pronuncie, o BNG xa dispoña dos nosos terreos para ofrecelos coma posible alternativa ao polígono?. Por qué se oculta ao resto dos veciños do Concello que xa está formada unha comisión de afectados sen afinidade política, independente da Comunidade de Montes e que o presidente, como puideron ver nunha reunión convocada ao efecto, xa tenta aproveitar e facer política?.

Coma comuneiro de pleno dereito e a vista desta descarada manipulación política, pido publicamente a dimisión do presidente e de toda Xunta Reitora, se estando ao tanto o permitiron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.