ORGULLO DE SER COMUNEIRO
A Asemblea Xeral Ordinaria que cada ano celebra a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, tivo lugar nesta ocasión no Pazo de Exposicións do concello de Lugo. Debido a que houbo bastantes puntos a tratar na orde do día e a que, un dos obxectivos destas xuntanzas é o intercambio de ideas, opinións e proxectos comezou ás 10h da mañá.
Coa chegada das autoridades e, sobre todo, dos membros da Xunta Reitora da ORGACCMM, pasouse ao salón de actos onde ía ter lugar a xuntanza, á que acudiron unhas 150 persoas. Antes de dar comezo á Asemblea, o Alcalde de Lugo (D. José Clemente López Orozco), o Delegado Provincial de Medio Rural (D. Emilio López Pérez) e a Alcaldesa de Guitiriz (Dna. Regina Polín Rodríguez), representando á Deputación Provincial de Lugo, deron a benvida aos presentes.

Autoridades
Posteriormente foi o Presidente da ORGACCMM (D. José Alfredo Pereira) quen tomou a palabra e encargouse de ir dando paso aos diferentes membros da Xunta Reitora que estaban presentes na mesa.
Presidencia
Orde do día:
A Asemblea transcorreu dun xeito normal e con intervencións moi interesantes tanto por parte dos membros da Xunta Reitora como dos diferentes representantes das 130 comunidades de montes que hai inscritas na ORGACCMM. Os temas que máis interese e debate suscitaron foron a enerxía fotovoltaica e as usurpacións de monte encubertas que algunhas empresas que ofrecen un proxecto de aproveitamento da biomasa están a realizar en comunidades de montes do interior de Galiza. Debido á recente difusión do Borrador da Lei de Montes de Galiza, decidiuse convocar aos representantes das comunidades de montes a unha nova xuntanza en Santiago. Deste xeito, preténdese realizar unha posta en común das propostas que se fagan, e transmitir as modificacións acordadas ao órgano correspondente. Déixase entrever entre os asistentes, que o tema que máis preocupa é o feito de que non exista unha Lei de Montes Veciñais en Man Común como tal, senón que esta se integre dentro da Lei de Monte Finalmente, e tras algo máis de 4 horas de exposicións, votacións, debate e propostas, dáse por concluída a Asemblea.
1. Lectura e aprobación se procede da Acta da sesión anterior.
2. Informe de xestión.
3. Estado de contas e aprobación da cota para o 2008.
4. Altas e baixas no censo de comunidades de montes.
5. Información e debate:
- Programa Leader 2007-2013.
- Enerxía fotovoltaica.
- Cesións de monte veciñal para aproveitamento da biomasa.
6. Debate sobre o borrador da Lei de Montes de Galiza.
7. Preguntas e propostas.
A Asemblea transcorreu dun xeito normal e con intervencións moi interesantes tanto por parte dos membros da Xunta Reitora como dos diferentes representantes das 130 comunidades de montes que hai inscritas na ORGACCMM. Os temas que máis interese e debate suscitaron foron a enerxía fotovoltaica e as usurpacións de monte encubertas que algunhas empresas que ofrecen un proxecto de aproveitamento da biomasa están a realizar en comunidades de montes do interior de Galiza. Debido á recente difusión do Borrador da Lei de Montes de Galiza, decidiuse convocar aos representantes das comunidades de montes a unha nova xuntanza en Santiago. Deste xeito, preténdese realizar unha posta en común das propostas que se fagan, e transmitir as modificacións acordadas ao órgano correspondente. Déixase entrever entre os asistentes, que o tema que máis preocupa é o feito de que non exista unha Lei de Montes Veciñais en Man Común como tal, senón que esta se integre dentro da Lei de Monte Finalmente, e tras algo máis de 4 horas de exposicións, votacións, debate e propostas, dáse por concluída a Asemblea.
Asistentes
No hay comentarios:
Publicar un comentario