Amosando publicacións coa etiqueta ORGACCMM. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ORGACCMM. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de decembro de 2017

Co expresidente cos porcos a transparencia tamén brillou pola súa ausencia

http://www.campogalego.com D.G. - 28/03/2016: Dimite o presidente de Asoporcel ante as críticas pola falta de transparencia na xestión

Un grupo de criadores de Porco Celta denuncia a falta de transparencia na xestión de Asoporcel e esixen a celebración de eleccións cun censo de socios depurado.

Aínda que a dimisión deuse no ano 2016, aprovéitoa polo que paso a expor. Xa constituída esta xunta reitora, chegounos un requirimento onde se nos esixía o pago dunha indemnización a conto dos porcos que trouxeron en dúas partidas.

Aquí fixéronse dúas comedelas con eles nas que se pagou 15 euros por persoa (tanto comuneiros como foráneos) e na documentación da comunidade non existe contabilidade de ambos faustos.

Festas como se pode comprobar neste cartaz informativo, presuntamente puideron ser subvencionadas-financiadas por organismos públicos e incluso por Asoporcel salvo que usasen coma reclamo, os logos que se ven.

Tamén se venderon porcos a particulares e non hai recibos de cobro e tampouco aparecen como ingresos na contabilidade da comunidade. Mesmo houbo un paisano que mediante un WhatsApp enviado ao número que usaba o expresidente, que logro conservar, non asi o móbil por quedarse con el tal e como fixo o exsecretario, aínda que neste caso, quedouse co móbil e número. Por non haber nin hai constancia de que se asinase un contrato con Asoporcel.

E por riba cando foi do mitin que votou o BNG para as eleccións municipais a súa líder "vendeunos" a "burra" de que ese era o futuro do rural e das comunidades de montes.... polo carajo os meteu no monte de Caamaño cando estivo ao fronte de eles: "Consejos vendo que para mí no tengo".

Estes son os "negocios no que nos "embarcou" o señor Suárez, que segundo nos dixo, para evitar que votásemos saír de ORGACCMM que estabamos asesorados polo despacho de avogados Calixto excariz, xa se veu como botou man deses avogados cando denunciaron á comunidade polos danos causados polos porcos nunha propiedade. A outra escusa era que permanecendo podíamos falar con... "xente moi importante". Notáselle ás claras que moito de elas non aprendeu!!!

Baixo a etiqueta Asoporcel poden ver todo o que fun "debullando" sobre este tema neste blogue e no outro dedicado exclusivamente á Comunidade.

sábado, 13 de maio de 2017

De que irá a experiencia para o monte do noso ex-presidente?

12:15h Mesa de experiencias. Intervencións de representantes de
CMVMC do Barbanza: Santiago Suárez
CMVMC de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona) Xosé Alfredo Pereira
CMVMC de Xinzo (Ponteareas): Carmen Boente
Ante a presenza do comuneiro de Nebra Santiago Suárez neste cartel da xornada informativa, como unha voz da experiencia, teño varias dúbidas que poñer na mesa:
 
- Supoño que non ha falar de como foi quen de poñer xente a traballar na Comunidade sen contrato e sen seguro... sorte houbo que non ocorresen desgrazas, se non pobre da Comunidade.

- Tamén supoño que non explicará como fixo para que desde a Consellería do Medio Rural abrisen esta pista forestal atravesando propiedades privadas sen aprobación da Asemblea Xeral (sumado a que nunca respectou este órgano de goberno).

- Haberá que estar expectantes para ver como explica o feito de que amigos seus, sen ser comuneiros, obtivesen máis privilexios que os propios comuneiros. Neses comuneiros tamén me inclúo ao non devolverme o que me corresponde (igual a como fixeron antes ca el xente do PP) polos gastos por recuperar para a Comunidade o solar onde se erixe o local.


mércores, 9 de novembro de 2016

Os comuneiros expoñen cambios legais para frear o abandono do monte

A Organización Galega de Comunidades de Montes rexeita as "normativas, medidas fiscais e ordes de subvencións ina-apropiadas" que, advirte, "están a poñer obstáculos para ou desenvolvemento dous montes veciñais, conseguindo o abandono dous mesmos". Así llo fixo saber aos portavoces de Medio Rural dos distintos grupos representados no Parlamento galego no encontro que se desenvolveu este luns no Pazo da Cultura...

En virtude das restricións legais para poder seguir lendo a nova deben pulsar: aquí.

mércores, 9 de marzo de 2016

Hai individuos que se aproveitan da inexperiencia da xente comuneira

Claudio Quintillán. // Gustavo Santos
Faro de Vigo: Claudio Quintillán: "Voume coa sensación de que os comuneiros non están suficientemente ligados ao monte"

O presidente deixa o cargo tras case 10 anos pedindo "máis educación para pór en valor" os terreos mancomunados.

Coincidín con Claudio en dúas asembleas e un congreso da ORGACCMM, e pareceume un directivo cos pes firmes no chan, todo o contrario do que sufrimos en Nebra, co expresidente estes últimos 12 anos, que como nos confirmou onte p avogado que defende a un comuneiro, que os citou nunha taberna para falar da demanda, como se eses fose o espazo máis apropiado para resolver problema serios como é este asunto.

De aí a miña opinión que esa desligación ao monte, e non falo de comunidades alleas, ven porque hai directivos ou exdirectivos que buscan a "sombra" das Comunidades para o seu medre político en detrimento das boas prácticas en vez de miralo ben común e implicar máis aos comuneiros.

Como se pode implicar a comuneiros aos que expresidentes, coa benevolencia do resto, o trata pouco menos como un apestado como lle pasou con ese que ten denunciada á comunidade e como no seu día me pasou a min con outros e tamén con el, a pesar de levar militando moitos anos no mesmo partido, e todo porque pensou que eu tamén me presentara a secretario "para facer política coma el, co beneplácito dos excompañeiros"?


martes, 13 de outubro de 2015

Como xestionar o gando no monte nun sistema silvopastoral?

Peche gandeiro non aprobado pola Asemblea Xeral
Campo Galego: Resumo do relatorio “Xestión de sistemas silvopastorais con cabalos, cabras e ovellas” do doutor da USC Antonio Rigueiro Rodríguez durante a “Xornada técnica sobre sistemas silvopastorais nos montes atlánticos”, organizada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán e celebrada en Porto do Son.

O uso do gando no monte para consumir o pasto natural que medra baixo do arbolado ou nas matogueiras, cando se elixe adecuadamente e se manexa axeitadamente, non só pode supor un incremento da rendibilidade económica, senón que tamén pode significar unha redución importante do risco de incendios forestais.

Como punto de partida debemos facer un inventario das plantas coas que contamos na superficie a transformar nun sistema silvopastoral, para a partir de aí elixir ben o tipo de gando máis axeitada e a carga gandeira. Se acertamos na elección podemos transformar de xeito natural matogueiras de especies leñosas como toxo, xesta ou queiruga e substituílas por comunidades herbáceas naturais, sobre todo gramíneas, transformando o monte en pradeira.

Como primeiro paso, se a altura do mato é importante, debemos realizar un desbroce mecánico e logo meter os animais.

Cal é o mellor tipo de gando para pastar cada planta?

O cabalo e a cabra son bos ramoneadores de matogueira. En concreto, o cabalo controla moi ben o toxo, relativamente ben as queirugas e non controla ben as uces, as silvas e os fentos. É recomendable utilizar razas rústicas, sendo o cabalo galego unha das máis resistentes e adaptadas ao monte galego. Ademais de ser de doado manexo, o cabalo non come os piñeiros nin os eucaliptos, aínda que si as árbores frondosas.

A cabra é un bo ramoneador que controla moi ben o toxo e a silva. Controla ben as gramínea, ao igual que o cabalo, e tamén as queirugas e as uces pero non os fentos. É compatible co eucalipto pero non co piñeiro nin coas frondosas. Incluso cando non lles pode chegar á copa pode danalos seriamente ou matalos por mordisqueo da codia ou por roces cos cornos. A cabra ten un manexo máis difícil e presenta máis problemas sanitarios que o cabalo. Ademais, precisa dun cortello para recollelas pola noite e ter as femias coas crías as primeiras semanas.

A cabra anana de África Occidental é un bo ramoneador. Fíxose unha experiencia con ela para controlar o toxo con bos resultados. Outra vantaxe desta raza é que non dana o tronco das árbores.

En canto á ovella e a vaca, son animais máis herbívoros que lignívorso, aínda que as razas rústicas do país tamén controlan os gromos tenros dos arbustos.

Como calculamos a carga gandeira?

En primeiro lugar temos que facer un inventario das especies do sotobosque e da súa abundancia. Partimos de dous casos. Un no que nunha hectárea de sotobosque o 80% sexa toxo e o 20% silva, e outro no que sexa á inversa.

En segundo lugar, temos que estimar a biomasa total do sotobosque para calcular as toneladas por hectárea de materia seca. Hai distintos modelos matemáticos para calculalo, en función da altura e da abundancia de cada especie (cobertura medida a través de transectos). Pero os animais non consumen toda esa materia seca, senón que só a parte máis tenra: no caso do toxo o 72% é folla e o 28% talo e no caso da silva o 41% é folla e o 59% talo. Isto fai que o total de materia seca consumible diminúa.

Tamén temos que ter en conta as necesidades nutricionais de cada animal: no caso do cabalo de raza galega podemos estimalas en 5 kg de materia seca por día, polo que ao ano consume 1,7 toneladas de MS. E tamén debemos lembrar que os animais non van consumir toda a materia seca dispoñible e aproveitable, senón que arredor do 50%.

Isto leva a que a carga gandeira recomendada para un sotobosque de piñeiral ou eucaliptal se sitúe entre 1 a 4 cabras/ovellas por ha é de 0,25 a 0,5 cabalos/vacas por ha. Nunha pradeira o normal poder ser unha carga gandeira de 16 e de 2 animais, respectivamente.

Variación da carga gandeira co tempo

Nunha primeira fase recoméndase meter animais lignívoros, como cabras e cabalos e, a medida que se vaia empradizando o solo, facer rabaños mixtos con herbívoros (ovella e vaca), para acabar nunha última fase na que no rabaño predominan as vacas e as ovellas, pero mantendo algún lignívoro para evitar que o mato volva a recuperarse.

Variación da carga gandeira por hectárea co tempo nunha experiencia nun piñeiral no Marco da Curra (Monfero-A Coruña):



Carga xeral por hectárea
Comezo da experiencia 2 cabras
Ao cabo dun ano 2 cabras e 1 ovella
Ao cabo de dous anos 1 cabra e 2 ovellas
A partir do terceiro ano 1 cabra e 3 ovellas.

Esta produción gandeira pode compatibilizarse co aproveitamento madeireirol, aforra en desbroces, reduce o risco de lumes forestais e proporciona un ingreso suplementario pola venda de carne que mesmo pode chegar a superar os rendementos da madeira.

En canto ao efecto do pastoreo sobre a altura e biomasa do sotobosque, no caso do piñeiral de Monfero, antes do pastoreo o sotobosque tiña unha altura de 2 metros, cunha biomasa de entre 40 e 50 toneladas de materia verde por hectárea. Despois de tres anos de pastoreo a altura media do sotobosque foi de entre 10 e 15 centímetros e entre 0,5 a 2 tn de MS/ha (1-4 tn de materia verde por ha).

Distintas experiencias de pastoreo en plantacións forestais
Experiencia no monte de San Breixo, en Parga (Guitiriz-Lugo)


Partiuse dun piñeiral de piñeiro insigne no que se estableceron catro parcelas de 6 hectáreas con toxo, silvas e fentos. Introduciuse cabalo de pura raza galega e comparouse un sistema de pastoreo continuo, cun rotacional. Dúas parcelas de 6 ha sometéronse a pastoreo continuo e outras dúas a pastoreo rotacional, dividíndose cada unha destas últimas en 4 subparcelas de 1,5 hectáreas. O tempo de ocupación de cada subparcela foi de 1 mes e o tempo de repouso de 3 meses. O gando ía rotando sucesivamente por tódalas parcelas. Partiuse dunha carga Bandeira xeral de unha besta cada 3 ha. A carga puntual ou instantánea no pastoreo rotacional foi de 1,3 animais por hectárea.

Partimos dunha biomasa inicial de toxo no sotobosque de 6 tn de materia seca por hectárea. O gráfico seguinte amosa como foi diminuíndo a biomasa de toxo co tempo nos dous tipos de pastoreo (cada rotación son 4 meses). Chamamos pasto residual á biomasa que queda en cada subparcela de pastoreo rotacional cando o gando sae dela, e no pastoreo continuo a biomasa media no mesmo momento para poder comparar o efecto dos dous tipos de pastoreo.


Tal e como se observa no gráfico, o pastoreo rotacional resultou ser máis efectivo inicialmente, cunha tonelada menos de MS que o contínuo na primeira rotación. Sen embargo, 20 meses despois, na quinta rotación, a cantidade de MS é só lixeiramente inferior no rotacional, o que non compensa a facilidade de manexo e os menores custos do pastoreo contínuo.

Experiencia con pastoreo de eucaliptal no monte Coto do Muíño. Zas (A Coruña):

Partiuse dun pastoreo mixto de cabras e cabalos nun eucaliptal. Tras unha tala fíxose unha queima controlada dos restos da corta e do mato e despois volveron agromar tanto os eucaliptos como o mato, e permitiuse a entrada do gando nunha zona pero non noutra. No caso da parte sobre a que non se fixo pastoreo, tres anos despois o sotobosque tiña unha altura media de 1,5 metros e había unha media de 45 toneladas de materia verde por hectárea.

Pola contra, na que se realizou pastoreo, a altura do sotobosque rebaixouse a 20 centímetros e había 10 toneladas de materia verde por hectárea. Ademais, os gromos dos eucaliptos saíron mellor dando lugar a árbores de maior grosor.

Antonio Rigueiro concluíu a súa ponencia facendo unha defensa do control biológico mediante pastoreo do sotobosque, máis rendible económica e ambientalmente e que contribúe a reducir notablemente o risco de lumes forestais, xa que, no caso de se produciren, acadan menos virulencia e afectación ás árbores ao haber moito menos combustible vexetal.

“Dende a administración deberíase favorecer o pastoreo controlado nos montes, para mantelos limpos e sen risco de incendios, con acordos entre os propietarios dos montes e os gandeiros e promover as escolas de pastores”, concluíu o profesor da USC.




martes, 11 de novembro de 2014

La Voz de Galicia: Os comuneiros piden á Xunta fondos para pagar a débeda que lle pide a mesma Administración

O problema das débedas que a Xunta reclama a numerosas comunidades de montes do territorio autonómico en xeral e de Barbanza en particular parece que está máis lonxe que preto de solucionarse. Os integrantes das entidades veciñais aseguran que carecen de fondos para facer fronte aos pagamentos, ademais de consideralos inxustos, e decidiron, a través da Organización Galega de Montes Veciñais, solicitar á mesma Administración reclamante o diñeiro para facer fronte a devanditas cantidades.

A estratexia deseñada pola organización galega de comuneiros pasa, nun primeiro momento, por presentar mocións nos Concellos. Ademais dun amplo argumentario para defender que as débedas teñen que se condonadas, solicítase abertamente á Consellería de Medio Rural e do Mar que destine unha partida nos orzamentos do 2015 para sufragar impórtelos requiridos aos comuneiros. A orixe desta reclamación está en diferentes traballos que os distritos forestais realizaron en chan comunal durante os últimos anos.

A organización galega que promove esta petición pide aos alcaldes, dá igual da cor que sexan, que entendan que as comunidades dos seus respectivos concellos non poden facer fronte aos pagamentos esixidos, o que levará, aseguran, a desaparición das entidades e a privatización do chan. Ademais, este colectivo galego denuncia que a Xunta decidiu romper de forma unilateral os convenios que mantén cos veciños.

«Interviñéronnos cartos»

Neste mesmo contexto, o presidente da comunidade de Teaño (Boiro), Suso Romero, denunciou onte que Medio Rural quitoulles o 30% dos beneficios de dúas poxas de madeira cortada nos seus montes. «Interviñéronnos cartos que xa tíñamos destinados a pagar unha limpeza que fixemos e agora a empresa está esperando para cobrar», explicou.

Romero concretou que pola primeira poxa terían que ter recibido uns 25.000 euros, e pola segunda, que foi a semana pasada, uns 12.900. A cifra que o mesmo Romero asegura que lles queda por abonar é de 18.000 euros.

xoves, 30 de outubro de 2014

Reunión das Comunidades de Montes en Boiro

Peche gandeiro visto desde o Alto do Garamelo

O sábado día 18 celebrouse esta reunión, na que os conferenciantes acusaron á Consellería do Medio Rural e do Mar, de querer ROUBARNOS o monte. Entre eles estaba o señor Santiago Suárez en calidade de directivo da ORGACCMM e presidente da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza.

Resulta chocante que sexa precisamente tamén el o que usase tamén esta verba, cando no 2006 coa complicidade do seu curmán o Conselleiro de Medio Rural, nos roubasen unha parte dun monte para chantarnos polo seu ego persoal esta pista, que a día de hoxe ténnola así.

E por se iso non fose suficiente, coa complicidade do Distrito cedeulle pola súa conta, 80 Has., a varios gandeiros, parte dos cales non son comuneiros. Fotos arriba. Como lle chamará a isto?

Que semellante "artista" ocupe un cargo na directiva da ORGACCMM, amosa claramente que non o gañou precisamente por bo xestor, se non pola súa afiliación política... doutro xeito non o entendo.
La Voz de Galicia: A Xunta nega a privatización do monte e augura máis poder aos comuneiros coa nova lei

O Goberno galego defende a legalidade das débedas que se reclaman ás entidades por traballos realizados nos seus terreos

Unha mesma Lei de Montes e dúas formas de entendela radicalmente opostas. A Xunta, que redactou o texto, asegura que os comuneiros disporán de máis poder para xestionar o chan veciñal e xerar maiores beneficios. Iso si, antes terán que pagar o diñeiro que a Administración lles reclama por traballos realizados nos seus dominios. As comunidades, mentres, interpretan que as cantidades esixidas non son legais, ademais de inasumibles, e que a Xunta atopou con estas demandas a desculpa perfecta para pór en mans de empresas privadas os terreos.

O Secretario Xeral de Medio Rural, Tomás Fernández Couto, é o encargado de, primeiro, mostrar a súa sorpresa pola situación de «histerismo» que se está xestando. O segundo, desmente calquera intención de privatización, e o terceiro, aclara, é que a lei «está negro sobre branco para lela e interpretala, por iso non entendo as acusacións».

Fernández Couto detalla que as débedas están xustificadas, pero que, en ningún caso, levarán a expropiación do chan se as comunidades non poden asumilas. «As que poidan pasarán a ser independentes, e non como ata agora, que contaban coa axuda da Administración para realizar diferentes traballos. Os casos que non poidan abonar o diñeiro reclamado serán estudados un a un. Pero a lei di moi claramente que seguirán, cun novo convenio, baixo tutela da consellería para explorar novas vías de ingresos e continuar crecendo ata que poidan independizarse».

Afectados por incendios

O alto cargo da Xunta de Galicia detalla que hai entidades que son improductivas por mor dos incendios. «Non podemos pedir a certas comunidades que levan anos sufrindo as consecuencias do lume que teñen que pagar.

Eses son os casos que temos que estudar», explica Fernández Couto, que tamén rexeita as denuncias realizadas por comuneiros de Barbanza que aseguran que a súa consellería lles interveu o 30% das ganancias obtidas en poxas de madeira: «Esa porcentaxe está recollido no convenio que será destinado á Administración, é así desde hai tempo e non entendo as protestas que xorden agora».

Para concluír, Fernández Couto asegurou que se reunirá coa Organización Galega de Montes Veciñais cando o faga co resto de entidades que ven afectadas pola nova Lei de Montes de Galicia.

«Non entendo este histerismo, a lei busca que os veciños teñan máis capacidade para xestionar»
«As entidades que non paguen seguirán sendo donas do chan, igual que ata agora»
Tomás Fernández Couto













sábado, 25 de outubro de 2014

Santiago Suárez, presidentiño de Nebra, por se o sábado non escoitastes ben

Intervención con graves acusacións de Claudio Quinquillan secretario da ORGACCMM, a presidentes que tomaron o monte común como se fose deles, como fixo aquí o noso, aínda que o seguen mantendo como compañeiro na directiva. Quero pensar que ao escoitalo fíxose o xordo, porque eu se me sentise aludido, levantaríame da mesa e presentaría a miña dimisión con carácter irrebocable.
1:23.- (...). Hai moitas inversións no monte. Primeiro que si lle pides tu como comunidade de montes onde está a autorización que lle dá a Comunidade de Montes para facer ese, por exemplo, proxecto: Arranxo de pistas, oia... no ano non sei que. Oia onde está a sinatura do presidente e do secretario?

Tamén te atopas con sorpresas. Nós temos estado con directivas novas e atoparnos de que o presidente ou alguén asinoulles, non sabedes, incluso de que a directiva non sabía nada... (...).
Xunto co teu partido moito acusar á Xunta de inxusta coas comunidades, mais esqueceute no pleno dicir que parte dos cartos que nos reclama a Consellería foron causados pola túa incompetencia autorizando sen aínda constituiremos a Xunta Reitora (vogais), abrila pista que baixa pola barriga de Iroite e logo darlle remate atravesando propiedades privadas sen coñecemento de varios propietarios, entre eles meu pai, sen aprobarse en ningún caso pola Asemblea Xeral, pola Xunta Reitora e por último sen que eu como secretario soubese nada e como é obvio, sen a miña sinatura, algo indispensable tal e como reflicte Claudio, unha voz autorizada na ORGACCMM.

O que me estraña é que sabendo, porque a ORGACCMM fíxose eco da miña denuncia nesta bitácora, como te seguen mantendo na directiva, porque a día de hoxe seguimos sen saber como lles agasallastes a eses gandeiros, algúns dos cales non son comuneiros, varias Has. do NOSO monte, porque aínda non celebrastes a Asemblea Ordinaria, porque non nos destes as contas anuais e porque seguimos co censo do ano pasado, como non se mollaron un pouco máis, como fixeron coa Consellería, acusándoa varias veces de ladróns. Como se chama a iso? Corporativismo? Amiguismo?

Seguramente algúns deses presidentes non estaban en Boiro para poder defenderse, mais ti, que si estabas, podíaste explicar e convencer ao auditorio de que actuastes legalmente, como convencestes a algúns comuneiros, motivo polo cal e por segunda vez puxéstelos de novo na miña contra, simplemente porque tes un título e eu ao teu lado son un analfabeto. Mais non se te esqueza xamais, que hai analfabetos honrados e ladróns titulados.
Xa para rematar ten graza que alguén que coma comuneiro XAMAIS acudíu a unha manifestación das varias que houbo a favor do monte e coma directivo, descoñezo porque estaba fora, se no 2006, cando Nebra ardeu polos catro costados acudiu á que se fixo ese ano contra a Consellería do Medio Rural, pola nefasta actuación. Ah e que coma presidente da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza, non saiba precisar cantas comunidades a forman, xa todos podemos intuír porque está aí.

sábado, 19 de xullo de 2014

Nebra, se de esta non espertas, é cousa de pensar en facelas maletas!!!

Levamos ano e medio sen celebrar unha asemblea, sen aprobalo censo e sen presentarnos as contas, e por riba, atopámonos con que o presidente nunha reunión de taberna ás que está tan acostumado cedeu pola súa conta e risco, e sen darnos contas a día de hoxe, sobre unhas 80 Has., a un grupo de gandeiros aos que o xefe do Distrito, tendo coñecemento desta cacicada deulle o material (barras de ferro e malla) para facelo peche nesa zona, metendo no medio terreos doutra comunidade.

Xa con outra xunta reitora pasou algo parecido, que cedeu o monte de Cadeiras sen ser aprobado pola Asemblea Xeral a unha empresa para extraer pedra para o peirao de Portosín, e só despois de que uns comuneiros comezasen a removelo tema, en troques a citada empresa abriunos a pista da Igrexa á Perdigueira, cando en realidade iso era unha obriga do Concello. Cada vez quedamos menos que lembramos como rematou aquilo e os cartos que cobraron uns, a pesar de que xamais obtivesen unha sentenza condenatoria contra aquela xente. Para cobrar chegoulles coa súa palabra.

Pola contra no meu caso, obtendo unha sentenza condenatoria a favor da comunidade como foi a recuperación da leira onde construímos o local. A día de hoxe o presidente segue negándome eses cartos, algo que tamén fixeron os que nos precederon porque non era da súa corda, e este «elemento» trabucouse comigo pensando que lle ia permitir asoballarme e asoballarnos por ter un título. Hora que ollando como a xente lle cala, está claro que estao conseguindo.


Cando pos ao fronte dunha Comunidade a un «incompetente», que descoñece a nosa Historia pasan estas cousas. A zona que regalou tan alegremente, grazas a unha subvención foi cercada e labrada para facer un plantación, procedendo alguén de noite con premeditación e aleivosía a cortala con unha motoserra cando xa tiña os aramios tirados e destruíndo as miles de plantas de piñeiro que a empresa que ía executalo proxecto tiña apiñadas nos semilleiros. Vexase a desfeita e o panel.
Non obstante hai que recoñecer que soubo escoller aos "caladiños", porque se esta cacicada vez de facela el, que é do BNG, a fixera eu, ou calquera outro, quen os vería vir a defendernos deste roubo?

O problema é que logo de que A Xunta de Fraga acadase sentar na mesma mesa a tódolos gandeiros cos comuneiros e desde esa gozásemos dunha paz relativa, agora volven os enfrontamentos entre eles, con nós polo medio, porque esa xente sabendo que o monte é noso e que lle reclaman insistentemente ao presidente que convoque esa Asemblea Xeral de xeito urxente, segundo palabras do xefe do Distrito poden negarlle a entrada a outros, aínda que sexan comuneiros. De feito o presidente nos peches do Castrallón mentres permitiu aos seus amigos, un mesmo de Argalo, meter alí aos seus animais, a un comuneio de Resúa botáballos fora, mais dou con un máis testán que el.

Notase que o seu paso por aquí creou escola, porén para o mal. Magoa que tras estar metido na ORGACCMM e a presidir a Mancomunidade de Montes da Serra do Barbanza non aprendese o que é a Democracia e sobre todo respectar aos comuneiros e comuneiras, como fixeron nestas comunidades.


La Voz de Galicia: Comuneiros e Defensa enterran a machada de guerra tras 6 anos de disputa

Onte asinouse o convenio polo que o ministerio abonará un canon anual

Foi un acto sinxelo ao que non puideron asistir os medios de comunicación por expreso desexo de Defensa o que onte puxo fin ao pulso que, desde hai aproximadamente seis anos, manteñen os comuneiros co ministerio pola propiedade dos terreos da Brilat. Representantes de Defensa e das comunidades de Salcedo, Vilaboa e Figueirido -os de San Xulián espérase que o fagan hoxe ou mañá- asinaron o convenio polo que as autoridades militares comprometen un canon anual polo uso da parcela que ocupan as instalacións da brigada.

«É un día histórico, como o foi o da derogación do decreto da franxa de seguridade -o seu implementación en outubro do 2008 deu lugar ás reclamacións veciñais da titularidade dos terreos da base- ou como foi o da sentenza na que se recoñece a propiedade do monte», subliñou Fernando Pintos, presidente de Salcedo. «Espero que a partir de hoxe quede isto zanxado por un período o máis longo posible. Agora quédanos facer un seguimento estrito do que é o convenio. Unha paz durareira nese sentido, que nos facía falta», engadiu.

Unha das cuestións que supervisarán os veciños de Salcedo ao longo dos próximos meses atópase na demolición da aldea afgá e do campo de tiro, que se desprazarán a outras áreas da superficie cedida aos militares. No propio convenio recóllese que, unha vez asinado este documento, a Brilat dispón dun ano e medio para acondicionar esas novas zonas. Durante estes dezaoito meses, a brigada poderá seguir utilizando estas áreas de adestramento.

«Penso que este convenio e esta resolución favorece aos veciños fundamentalmente, pero tamén aos militares e a os cidadáns de Pontevedra que se van ver beneficiados dunhas cantidades económicas que veñen para a cidade. Polo feito de ter que contratar empresas son cartos que quedan aquí», remarcou Pintos.

Pola súa banda, José Luis López, da comunidade de Vilaboa, recoñeceu que, sendo un «paso importante» o que se viviu onte, a súa comunidade está aínda pendente do recurso que interpuxo Defensa contra a sentenza que lles recoñeceu titulares dos terreos. Dos encontros que mantiveron con representantes de Defensa, interpreta que existe a disposición de que, en setembro, retiren o recurso: «Esperemos que haxa boa disposición por parte deles. Entón si que sería un paso grande e definitivo».

Similar valoración realizou o presidente da outra comunidade de montes que aínda non liquidou os seus litixios, Figueirido. O seu presidente, Constantino Lamoso, asegura que «estamos pendentes deles. Estamos esperando que o retiren -o recurso- para poder cobrar os cartos. Si imos ter que esperar cinco anos, cando cheguen xa non farán falta para nada. Temos esa esperanza», conclúe.


luns, 31 de marzo de 2014

Era visto: Facendo política dende a presidencia da ORGACCMM

Señor Xosé Alfredo Pérez Martínez, sinto ser tan claro, mais aplíquese o dito: «zapateiro aos teus zapatos». Notase que vostede non sufriu a cacicada e roubo que sufrimos na nosa familia por parte do BNG, tralo seu paso pola Xunta «que tan ben coñece aínda que nunca se mollase. Outra cousa seria que fose o PP, verdade?», se non, non faría a defensa acérrima que fai, nin tan sequera pediría o voto para eles, e incluso non os votaría, como leva facendo a miña familia i eu desde o 2007.

A nivel persoal é moi libre de pedilo voto para o «seu partido», porén dáse a casualidade que vostede non é un comuneiro calquera, se non que é o presidente de moitos e como tal, dende a súa posición e dende a ORGACCMM, ten que respectar tódalas alternativas políticas que teñamos os comuneiros.

Algo que me propuxen cando fun elixido secretario da Comunidade é que ao contrario do que aconteceu con outros directivos que me precederon, é que seria o secretario da Comunidade, non do BNG, de aí que ollando que o presidente facía o mesmo que fixo algunha xente do PP, e que o partido ollaba con bos ollos, foi polo que non me custou nada botarme fora do partido e da secretaría.

Nin antes Nebra era un coto exclusivo do PP, nin cando entramos nós tiña que ser do BNG, polo que ante a decisión tan determinante que tomei, deixei a moitos descompostos e sen argumentos para poder atacarme, e máis cando comprobaron que renunciei a certas prebendas que non entenderon.

Terra e Tempo: II Encontro Europeo: Montes Veciñais - Desenvolvemento Rural

(...) O II Encontro Europeo, Montes Veciñais - Desenvolvemento Rural, tamén se celebra noutro contexto, neste caso por pura casualidade. A campaña electoral para as eleccións o Parlamento Europeo. Este contexto tamén debe supor un reforzamento da defensa das titularidades comunitarias. Neste senso, a Asemblea Xeral da ORGACCMM, celebrada o pasado 8 de Febreiro, aprobou, por unanimidade, unha resolución para solicitar dos grupos políticos, que nos seus programas electorais, incluísen o recoñecemento, nas lexislacións galegas, estatais e europeas, dos montes veciñais como unha titularidade máis e distinta.

O único grupo político que respondeu a esta solicitude, e respondeu positivamente, foi o BNG. Mais é de xustiza recoñecer que esta, non é unha postura electoralista. A praxe política do BNG, tanto na oposición, como no goberno, ao respecto do monte veciñal, foi sempre a mesma, a defensa de esta titularidade comunitaria e favorecer que a veciñanza comuneira, fose a protagonista da súa posta en valor. Nestes momentos, nos que parece que se está a por de moda artigos no sentido de "eu voto por" ou "eu non voto por", eu, como galego e como veciño comuneiro digo que nas vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo, votarei BNG. E, entendo que a veciñanza comuneira compre que lea os programas electorais, compare a praxe política dos partidos, e logo, vote en consecuencia.
Porque, no que fai respecto os montes veciñais, a pouco que se escarve nos programas electorais, e se compara a praxe política dos partidos, tamén se comproba que non todos os grupos políticos son iguais.
Efectivamente, non tódolos grupos políticos son iguais, porque por moito que busquei nas hemerotecas, non atopei, salvo na Ditadura, semellante roubo coma o que nos infrinxiu o BNG.


domingo, 2 de marzo de 2014

Circular 2/2014

ORGACCMM: Estimado/a Presidente/a da comunidade de montes:

Logo da Asemblea Xeral Ordinaria da ORGACCMM celebrada o día 8 de febreiro de 2014 en Lugo, enviámosvos a seguinte información:

Reinvestimento obrigado en montes veciñais:

Ao igual que o ano pasado, as xefaturas territoriais da Consellaría do Medio Rural e do Mar, enviaron ás comunidades de montes unha comunicación indicándolle que, antes de finalizar o primeiro semestre do ano se lle comunique o investimento do 40% en melloras no monte. E, coma o ano pasado, esta comunicación é errónea e arbitraria, porque o mesmo artigo da Lei de Montes de Galicia que fala do tema, di que o procedemento e a verificación terá que desenvolverse mediante Orde da Consellaría, e esta Orde non está promulgada. Esta comunicación das xefaturas territoriais non ten outro obxectivo que sacarlle axudas ás comunidades de montes para darllas ás asociacións amigas e as empresas forestais.

Acompañamos a esta circular unha carta que podedes enviar ás xefaturas territoriais antes do 30 de xuño, ou despois de ter aprobado o balance das vosas contas en asemblea xeral.

Montes consorciados e/ou conveniados.

As contestacións que ven dando a Consellaría de Medio Rural e do Mar ás comunidades de montes que solicitaron información acerca dos consorcios e convenios, veñen a demostrar que as contas dos mesmos non son reais, e que se incumpriron moitas cláusulas dos convenios e /ou consorcios. Por tal motivo, acordouse solicitar unha reunión coa Consellaría de Medio Rural e do Mar para que a Xunta de Galicia habilite nos orzamentos do 2015 unha partida destinada á condonación da chamada “débeda” dos montes veciñais.

Mentres tanto, compre que as comunidades de montes con consorcio e/ou convenio, sigan solicitando da Consellaría de Medio Rural e do Mar a documentación dos mesmos.

Cota para o ano 2014.

Na Asemblea Xeral da ORGACCMM tomouse o acordo de que a cota anual para o 2014 sexa de 150 euros. Este pagamento podedes domicilialo ou ingresalo na conta da ORGACCMM (ES64 2080 5072 70 6430 4000 6296). O ingreso hai que facelo nos 3 próximos meses.

Elección da nova Xunta Reitora da ORGACCMM.

Acordouse convocar Asemblea Xeral Extraordinaria da ORGACCMM para a elección da nova Xunta Reitora, para o sábado día 10 de maio de 2014 ás 19:00 horas no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

O prazo para a presentación de candidaturas remata o día 8 de abril de 2014.

Para a formalización das candidaturas, hai que envialas dirixidas á secretaria da Mesa Electoral, ao seguinte enderezo postal: ORGACCMM, Estrada Xeral de Valadares nº 261-36315 (Vigo) Pontevedra

Actividades sociais, recreativas e/ou culturais das Comunidades de montes para dar a coñecer o monte veciñal.

Diversas comunidades de montes enviaron á nosa organización un listado das actividades de carácter social, recreativo, lúdico, cultural, etcétera, que levan a cabo para dar a coñecer os seus montes veciñais á sociedade.

Se queredes unha copia das mesmas, non tedes máis que solicitárnola.

Recibide un afectuoso saúdo.

O PRESIDENTE

D. XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTINEZ

domingo, 23 de febreiro de 2014

Cal será diferenza en que a Xunta do PP, presuntamente tente roubarnos o monte, e o que nos roubou a nós o bipartito (PSOE-BNG)?

Pregunta dirixida aos membros da Organización Galega de Comunidades de Montes, entre eles, ao noso presidente que de xeito irregular ocupa dito cargo desde o ano pasado.

É raro que NUNCA se pronunciaran, como si fixeron noutros casos a pesar de remitirlles no seu día varios correos. Manterían o mesmo SILENCIO, se este roubo no lo inflixise o PP? Cal é a diferenza?

No ámbito privado son moitos os comuneiros e incluso vogais, que opinan que o monte debería pasar a mans da Xunta. A miña postura dende logo é a contraria, mais enténdoos, porque nunca tivemos uns reitores exemplares na comunidade, e nestes intres está «secuestrada» polos actuais.
Faro de Vigo: Os comuneiros alertan de ´movementos´ para que o monte veciñal acabe en mans privadas

A Xunta de Galicia pretende acabar coa propiedade veciñal dos montes en mancomún, para entregalos a xestores privados. Denúnciao a Organización Galega de Comunidades de Montes e pon como exemplo a recente reapertura do expediente de recalificación dos montes de Noalla, resolta por sentenza fai dez anos en beneficio dos veciños desta parroquia de Sanxenxo. O presidente da organización, Xosé Alfredo Pereira e o titular da Mancomunidade de Castrove-O Salnés e da Comunidade de Montes de Combarro, Claudio Quintillán, afirmaron onte que a Administración autonómica "dispara á liña de flotación" das comunidades de montes, con reformas normativas que teñen como propósito acabar con esta institución histórica.

O obxectivo é -afirman Pereira e Quintillán- favorecer actividades especulativas, como as plantas de biomasa ou a plantación de determinadas especies "máis produtivas", fronte ao traballo de recuperación do bosque tradicional e a posta en valor dos seus recursos, polo que apostan as comunidades de montes asociadas a esta organización.

Os seus portavoces foron claros ao denunciar os movementos que se están producindo en determinados sectores privados, co amparo da Administración autonómica, para "cambiar de mans" o monte veciñal. E neste sentido apuntaron o caso "insólito" dos montes de Noalla, en Sanxenxo, reclamados novamente polo Concello do Grove, cando a cuestión fora resolta polo Xurado Provincial de Montes, que depende da consellería. "Abre un perigoso precedente; moitas outras comunidades con lindes poucos claros poderían ser cuestionadas e a súa titularidade veciñal posta en perigo", advertiu o portavoz da organización de comuneiros.

Eleccións europeas

Ante esta situación, a asemblea da Organización Galega de Comunidades de Montes acordou na súa reunión do pasado día 9, en Lugo, instar a todos os partidos políticos galegos a incluír nos seus programas electorais a defensa do monte comunal, a través dunha lexislación específica que garanta a súa titularidade veciñal. O BNG xa respondeu positivamente a este requirimento. "Esperemos que o resto de partidos políticos galegos sexan sensibles a esta demanda, que supón a defensa dunha dos acenos de identidade deste país", apuntou Pereira. Unhas 250.000 hectáreas de monte comunal en Galicia podería pasar a mans privadas, alertou.

Diario de Pontevedra: As Comunidades de Montes acusan á Xunta de querer roubarlles os seus terreos

Representantes da Organización galega de Comunidades de Montes denuncian que a Xunta de Galicia está a adoptar medidas que van en contra da figura do monte veciñal coa intención de beneficiar ás empresas forestais privadas, o que consideran un "roubo".

O presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, Xosé Alfredo Pereira, afirmou que a Xunta persegue retirar aos veciños a súa responsabilidade histórica sobre a xestión destes bens naturais.

Entre outros argumentos, explican que a función pública que cumpren as comunidades de montes en moitas zonas de Galicia está limitada pola nova lexislación que establece que esas entidades deben destinar a investimentos en plans de mellora o 40 por cento dos seus ingresos. Isto suporá unha rebaixa outro tipo de achegas nas zonas rurais, onde as comunidades de montes suplen a ausencia de investimentos por parte das administracións públicas.

O presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes criticou esta obrigatoriedade que impón a Lei de Montes de Galicia de 2012, porque non distingue as singularidades dalgunhas comunidades, en canto a ingresos, xa que algunhas recadan fondos coa venda de madeira, mentres que outras teñen explotacións mineiras ou parques eólicos.

Ademais, desde esta organización, instan os grupos políticos galegos que trasladen aos foros da Unión Europea o recoñecemento á propiedade veciñal dos montes galegos ante o temor de que desde a administración autonómica póidase terminar por trasladar 250.000 hectáreas de terreos á xestión privada.

Segundo denunciou Xosé Alfredo Pereira, están a desenvolverse situacións tan insólitas como que o Xurado provincial de Montes de Pontevedra volveu a iniciar o expediente relacionado coa Comunidade de Montes de Noalla a petición do Concello do Grove despois de que hai dez anos unha sentenza declarase eses terreos como propiedade dos veciños da parroquia de Sanxenxo.

Desde as Comunidades de Montes consideran que esta decisión senta un precedente moi perigoso e, segundo José Alfredo Pereira, puiden supor o "roubo do monte veciñal". En concreto, cre que así se busca favorecer determinadas actividades especulativas relacionadas con biomasa ou plantación de determinadas especies arbóreas.

A xuízo da Organización Galega de Comunidades de Montes, "esta Xunta ten como obxectivo terminar con este tipo de propiedade".

domingo, 9 de febreiro de 2014

Resumo da Asemblea da ORGACCMM


La Voz de Galicia: As comunidades de montes temen dispor de menos ingresos para actividades públicas

Critican que a lei obriga a dedicar o 40% dos ingresos a plans de mellora

A función pública que cumpren as comunidades de montes en moitas zonas de Galicia, e a provincia de Lugo non é unha excepción senón norma nesa faceta, pode verse reducida por cuestións relacionadas coa Lei de Montes, que entrou en vigor no verán do 2012. Nesa lexislación establécese que esas entidades deben destinar a investimentos en plans de mellora o 40% dos seus ingresos, o que dá lugar a ese temor, expresado onte nunha reunión que sociedades dese tipo celebraron en Lugo.

No acto, que tivo lugar no salón de actos da Deputación Provincial, constatouse que esa necesidade de achegar a plans de mellora o 40% dos ingresos pode rebaixar unha achega que abarca ámbitos moi variados: as comunidades, cuxo ámbito de actuación está en zonas rurais, cobren áreas ás que ás veces non chegan as administracións públicas e incluso financian actividades sociais e culturais.

O presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, Xosé Alfredo Pereira, subliñou onte, ao final do acto, que esa obrigatoriedade resultaba inxusta: «Non todas ás comunidades son iguais», dixo. Tampouco son homoxéneos os ingresos desas entidades, que poden recadar fondos por venda de madeira, por parques eólicos ou por outras vías: a de Parga, por exemplo, cobra polo granito que extrae Ingemarga de canteiras situadas en terreos seus. Os comuneiros, manifestou Pereira, sosteñen que os plans de mellora poden requirir cada ano investimentos moi dispares, non sempre vinculadas con ese 40% dos ingresos.




sábado, 1 de febreiro de 2014

Coido que ben levado o monte común é moi importante para toda Galicia

O problema parte cando algún directivos fan o que lles peta saltándose á «toureira» os Estatutos e a Lei de Montes, demasiadas veces grazas á compracencia do goberno de quenda na Xunta de Galicia, algo que por desgraza tocoume vivir, cando un presidente era do PP e o actual que ocupa ilegalmente o cargo e que curiosamente, segue sendo membro na xunta reitora da ORGACCMM, do Bloque.

El Progreso: A Deputación s subliña as posibilidades do monte en man común

A Deputación de Lugo considera que o monte en man común ten moita "importancia" para a provincia, "pola superficie e máis polas posibilidades de explotación que representa". Así o asegura a deputada de deseño e artesanía, Regina Polín.

A deputada fixo estas declaracións este venres, ao anunciar a colaboración da Deputación coa Organización Galega de Comunidades de Montes na organización da súa asemblea xeral ordinaria, que terá lugar ou vindeiro 8 de febreiro.

A xuntanza celebrarase no salón de actos do pazo de San Marcos, sede da Deputación, segundo anunciaron Polín e o representante no xurado das comunidades de montes lucenses e o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Xosé Alfredo Pereira.

Nesta mesma cita, convocaranse as eleccións para representar ás comunidades de montes no xurado provincial de Lugo.

venres, 28 de xuño de 2013

Véndense as vontades e os políticos?

Terra e Tempo: Para atacar ás comunidades de montes, vale un argumento e todo o contrario

A existencia dos montes veciñais en man común, como sinais de identidade da nosa nación, como titularidades comunitarias, nin públicas, nin privadas, non son aceptados. Non son aceptados polos intereses económicos especulativos e urbanísticos porque están fora do tráfico co comercio e xa que logo, non poden facer negocio con eles. De aí, que leven moitos anos clamando pola súa privatización.

Lamentabelmente, hai outros sectores da sociedade que, obxectivamente, tiñan que ser aliados da veciñanza comuneira pero que, se cadra por falta de información, tamén claman contra os montes veciñais. Neste caso para pedir a súa usurpación a favor das administracións públicas. Ao mellor, cómpre lembrarlles que isto xa o fixo o franquismo e que os montes públicos se poden vender e os montes veciñais non. Estes inimigos do monte veciñal (non todos de xeito consciente), tampouco entenden que o funcionamento das comunidades de montes é claramente democrático. Mesmos algúns atrévense (a ignorancia é sempre atrevida), a falar de que, per sé, o funcionamento das comunidades de montes é caciquil, confundindo xestión co sistema. Confunden o mal funcionamento de unha/s comunidade/s de montes, que as hai co sistema do funcionamento democrático das comunidades de montes.

O funcionamento das comunidades de montes, sen entrar en casos particulares, é totalmente democrático. A única competencia que teñen as xuntas reitoras é a de levar adiante os acordos asemblearios. Existe o dereito de revogación de cargos. Cando eliximos a un/unha alcalde, a un presidente/a dun goberno, elixímolo para todo o tempo de duración do mandato, aínda que incumpra o programa electoral. No caso das comunidades de montes, o 25% da veciñanza comuneira pode autoconvocar unha asemblea xeral e revocar o mandato do presidente/a da xunta reitora. En poucos países do mundo existe este dereito de revogación de mandatos. Que eu saiba, só existe na Constitución Bolivariana de Venezuela.

A veciñanza comuneira ten democraticamente, todo o dereito a decidir sobor as súas terras, e mesmo a equivocarse nesa toma de decisión. Esta capacidade de decisión soamente debe estar condicionada pola defensa da integridade do monte veciñal e a ordenación do territorio e de usos das terras que beneficien aos intereses das maiorías sociais da nosa nación

O proxecto Porto Cabral, que se quer levar adiante no monte veciñal da parroquia de Cabral, no concello de Vigo, reflexa claramente que para atacar as comunidades de montes, vale todo. Vale un argumento e o argumento todo contrario. Vaia por diante, que a organización que eu represento, a Organización Galega de Comunidades de Montes, non concorda co prantexado pola xunta reitora da comunidade de montes de Cabral. Non concorda porque o proxecto Porto Cabral significa a eliminación física para sempre do monte veciñal. Por certo, prantexan unha expropiación pactada (na realidade é unha venda), figura xurídica que non existe e xa que logo é ilegal. As comunidades de montes soamente poderán ser expropiadas por causas de interese xeral. O proxecto Porto Cabral non é de interese xeral xa que é un negocio privado. Ademais, o centro comercial e de ocio, non posibilita o logro de un monte veciñal multifuncional e sustentábel, que é o monte veciñal de futuro. Proxectos como o de Porto Cabral significa a desaparición do monte veciñal como titularidade comunitaria. Os comuneiros/as pasan a ser meros rendistas, sen implicarse na posta en valor do seu monte veciñal.

Papel destacado neste ataque as comunidades de montes, ten a prensa local de Vigo (non toda, afortunadamente). Resulta curioso comprobar como esta mesma prensa que botaba lume pola boca contra a xunta reitora da comunidade de montes de Cabral , cando esta loitou e logrou recuperar parte do monte veciñal usurpado a favor do Estado (onde están as instalacións do aeroporto de Peinador), agora, bótalle flores a esa mesma xunta reitora cando vai entregar monte veciñal a intereses privados. Agora ben, estes inimigos do monte veciñal non esquecen o seu obxectivo. Que non é outro que pregoar os catro ventos que a solución definitiva e usurparlle os montes veciñais á veciñanza comuneira, xa sexa a favor de intereses privados, como a favor de calquera administración.

E o mesmo podemos dicir no caso das comunidades de montes das parroquias de Salcedo e Bertola no concello de Pontevedra e da parroquia de Vilaboa. A veciñanza comuneira destas parroquias está a soportar unha tremenda presión mediática, porque, unha vez recuperado o seu monte veciñal, usurpado máis de 60 anos polo Estado Español para o servizo da Brilat, piden un aluguer polo uso alleo de súas terras comunitarias.

A veciñanza comuneira destas parroquias está sendo insultada. Estanlle chamando peseteiros (agora tería que dicirse eureiros), por pedir 5000 euros /ha/ano polo aluguer das súas terras e non aceptar a oferta do Exercito Español de 400eu/ha/ano. 5000 eu/ha/ano e unha media da produción dun monte multifuncional (forestal, agro-gandeiro, patrimonial...) 400eu/ha/ano e a produción mínima dun monte. Dun monte dedicado á produción de eucaliptus para fornecer as Celulosas. Resulta curioso que este prezo do aluguer do monte (o de 400 euros/ha /ano), foi o facilitado polos dirixentes da Consellería do Medio Rural e Mar. Demostrando unha vez mais, para estes inimigos do monte veciñal, que o monte veciñal non ten valor.

Curiosamente ninguén fala da perda económica que significou para a veciñanza comuneira das parroquias de Salcedo, Bertola e Vilaboa, ao ter o seu monte usurpado por mais de 60 anos polo Estado Español. Non falan os antigos usurpadores porque non lles interesa. Non fala a veciñanza comuneira porque, ademais de ser defensores das súas terras comunitarias, son xenerosos.
Coincido plenamente co único comentario publicado até o momento nesta opinión: «Efectivamente nunha comunidade de montes veciñais pódense facer as cousas ben ou mal, segundo a decisión do conxunto da veciñanza. O mesmo pasa con toda organización humana. Pero as comunidades son unha singularidade da nosa nación que permite centos de miles de persoas facerse corresponsábeis do destino a darlle a unha porcentaxe importante da superficie do país, directamente. Fagámolo responsablemente, participemos delas, da que nos corresponda por veciñanza. A privatización ou a usurpación polas administracións representan problemas aínda maiores cós que se di querer superar».

Por desgraza, na nosa 230.000 ptas., taparon a boca da maioría dos comuneiros, e non só comuneiros, de aí que non puidese darse unha revogación dos culpables da desfeita a pesar de recollerse as sinaturas regulamentarias, segundo a Lei de Montes e os Estatutos.

E como non, deixo para último a expropiación ilegal ou roubo cometido por un ex conselleiro democrático? da Xunta de Galicia, de aí que nunca se molestase en contestar.

martes, 11 de xuño de 2013

Charla informativa en Rianxo


Este sábado 15 ás 20:30 h no auditorio de Rianxo celebrarase unha reunión que pensamos pode ser do seu interese, na que se tratará a afectación que a nova lei de montes de Galicia terá nas Comunidades de Montes Veciñais. Contaremos coa presenza de Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Sabendo do voso interese polo tema e agardando contar coa vosa presenza recibide un cordial saúdo.

Manel Casal

FRUGA

domingo, 12 de maio de 2013

Verbas orfas de contido do presidente da Mancomunidade do Barbanza


Como dixen noutras entradas, a nosa Comunidade comproulle uns equinos a un gandeiro-comuneiro, os cales parece ser que desapareceron un aciago día. Dado que non teño constancia de que aparecesen «de feito, o señor presidente co seu escaso sentido do humor», parece ser que comentou con algúns reitores e comuneiros que, xa se converteran en chourizos.

Salvo que escapasen a escabecheina e fosen estes, aínda que non o parecen «ollar as dúas últimas fotos», pido as oportunas desculpas. Mais se é como prognóstico, e o seu propietario é un comuneiro ou un gandeiro alleo á comunidade, o señor presidente debería explicarnos, non só aos comuneiros de Nebra, se non a tódalas comunidades agrupadas na Organización Galega de Comunidades de Montes, porque aquí non aplica o que escribiu en...

O Común dos Veciños. Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes. Ano 15. Número 12 Xaneiro 2013

Barbanza: O silvopastoreo é a solución


Santiago Suárez
Presidente da Mancomunidade de Montes do Barbanza.. e da Comunidade de Montes de Nebra:

...Mais cómpre que non se dubide o indiscutible: a comunidade é a propietaria dos montes e quen toma as decisións, aprobadas pola asemblea soberana....
A día de hoxe non teño constancia que a Comunidade aprobase esta cesión, salvo que o «soberano» sexa o presidente e nós os seus «vasalos». De ser así, para min isto ten outra connotación ben diferente a ser Demócrata, moi de moda en políticos pouco escrupulosos.

Por último aclarar que se os animais son dun gandeiro alleo á Comunidade a gravidade é incuestionable, non obstante dáme igual que poidan ser dun gandeiro-comuneiro, xa que ningún de nós podemos desfrutar destes privilexios, salvo que sexa aprobado pola Asemblea soberana, debendo quedar clara a súa cesión, convenio e as contraprestacións económicas.

Por último deixar constancia que, non critico a labor que fan os animais, se non o feito en si.



martes, 16 de abril de 2013

Asemblea en Allariz


ORGACCMM: Asemblea en Allariz

Máis de cento cincuenta representantes de Comunidades de Montes de toda Galicia déronse cita na Asemblea anual da ORGACCMM en Allariz, celebrada o día 13 de abril.

O acto foi presentado polo alcalde Francisco García que deu a benvida aos presentes. Á asemblea asistiron representacións convidadas de ADEGA, FRUGA, SLG, BNG e Baldíos portugueses. O representante dos Baldíos, na súa intervención, comparou as ameazas sobre o monte galego coas existentes tamén nos montes portugueses.

Entre os principais temas e debates asemblearios, os comuneiros analizaron a problemática dos montes veciñais consorciados ou conveniados (unhas 250.000 hectáreas en Galicia). Pereira explicou que, a raíz da aprobación da Lei de Montes de Galicia en 2012, os montes consorciados deberán pagar a «falsa» débeda á que se ven sometidos, presuntamente contraída coa administración, ou ben asinar un novo convenio de xestión pública para entregalos á empresa privada. Algo totalmente inxusto e tratarase a través da ORGACCMM de que a Xunta condone a débeda e que os montes pasen a ser xestionados en plenitude pola veciñanza, tal e como xa acontece en moitos montes comunais.

Un dos puntos cruciais da asemblea foi o acordo de creación dunha sociedade xurídica que permítaa poñer en marcha a lonxa virtual para madeira e outros produtos do monte. A asemblea referendou a proposta de crear unha sociedade cun un único socio, que será a Organización Galega de Comunidade de Montes. Punto básico para a posta en marcha deste proxecto.