Como dixen na anterior entrada gústame ser franco e como tal, á vista do correo que me chegou hoxe do colectivo ao que facía referencia sen citalo, coido que estou obrigado a rectificar.
Nese correo explicásenos a tódolos subscritos ás novas do día, que o motivo de non recibilas é por mor dunha avaría que teñen no servidor dende o sábado día 11.
Na miña descarga teño que dicir que como as últimas novas as recibira o día 9, xusto un día despois dunha entrada onde os mencionaba, fixen as miñas propias conxecturas. Tamén evitei anticiparme e deixei pasar un tempo prudencial para publicala nota de onte, porque non é a primeira vez que nalgunha ocasión e perante varios días non remiten nada.
Teña algo que ver agora este correo coa entrada ou non, doume por satisfeito e rectifico todo o que teña que rectificar. Fago porque eu tamén sufrín os efectos dos "diaños da rede".

No hay comentarios:
Publicar un comentario