Algo parecido ao que lle esta pasando á Mancomunidade de Montes do Val Miñor pasou na nosa comunidade cando compramos o coche, gracias a unha subvención.
Acusa esta comunidade á Consellería do Medio Rural de por en perigo a prevención de incendios e deberlles preto de 90.000 euros, pero esta non só nega isto, se non que da a súa versión, o que a Mancomunidade de Montes do Val Miñor cualifica de “débeda” é realmente o atraso do pago da axuda por non ser xustificada en tempo e forma.
Efectivamente, para poder cobrar unha subvención non só é preciso xustificala inversión, se non que canto antes se presente a documentación, antes se cobra. Como dixen ao principio, aquí tivemos unha anécdota por incompetencia dos ex compañeiros que pagamos todos. E menos mal que quedou niso, nunha anécdota.
Cando tomamos posición do cargo en maio de 2005, recibiramos a boa nova de que gracias a unha solicitude da xunta reitora cesada, a Xunta de Galicia aprobaranos unha subvención de 18.000 euros para poder compralo coche equipado que acompaña o post. As cláusulas eran claras, a compra debería efectuarse antes do 31 de decembro e supoño que coincidiran comigo, que oito meses daban para moito.
Pois ben, a pesar de que cando tiña a oportunidade lles lembraba a necesidade de solicitar presupostos para poder comparar prezos, sempre recibía como resposta que había moito tempo por diante. O tempo inexorablemente ía pasando ata que decidín tomala iniciativa de visitar varios concesionarios de Santiago e de Noia, sacando tempo de onde non tiña, xa que nesa época estaba traballando lonxe da terra.
Por fin o 30 de Nadal o presidente convócame no taller dun vocal para contactar con varios concesionarios e tratar de pechala compra... por teléfono. Ese día o móbil da comunidade e o do taller votaban fume, pero ningún "entrou ao trapo" que lle solicitaba o presidente, manipulala data de compra.
O día 2 de xaneiro de 2006 xa fora de prazo, desprazámonos os catro directivos a Santiago atopándonos igualmente coa negativa dos dous primeiros concesionarios que visitamos a entrar nese tipo de "trapalladas". Poden crerme, ese foi o primeiro día que comecei a arrepentirme de haber presentado a candidatura e preguntábame como me ía presentar ante os comuneiros e comuneiras para explicarlles que pola nosa culpa a comunidade había perdido 18.000 euros, despois de haber acusado a outros de malgastar fondos e malvender madeira. Di un refrán que Deus aperta pero non afoga, e créolle ben, o último concesionario non tivo tantos miramentos e aceptou o trato.
A todo isto e de aí que faga o paralelismo coa citada comunidade, vímonos negros para cobrar a pesar das insistentes chamadas efectuadas á Consellería.

Fotos tomadas no concesionario o Mércores 22 de febreiro 2006, as 18:01 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario