Sobran os comentarios. Que en Galicia os veciños defendan as súas propiedades con uñas, dentes e incluso armas brancas ou de fogo, con resultado de mortos, é un feito demasiado habitual. Nalgúns casos esa violencia xerase simplemente por variar só uns centímetros un simple marco dunha leira ou cortarche unha árbore. Con motivo desta picaresca, en Nebra mesmo os houbo que trocaban as marcas da parcelaría nas súas leiras, intentando sen éxito que a pista proxectada pasase pola do veciño.
Nos primeiros casos impera a sen razón. Meu pai mesmo foi obxecto dunha agresión a traizón por parte dun veciño que, ao comprar varia leiras ás que lle tiñamos que dar carril unha vez que as xuntou e tiña acceso libre dende a estrada, abolímolo segundo a Lei. Mais como quixo roubárnolo, ante a falta de argumentos, a súa resposta foi esa covarde reacción. Menos mal que meu pai máis sosegado e comedido, contívose, igual que fixo cando o presidente rouboulle, por ego persoal, parte do agro e levoulle por diante a madeira que tiña nel, para cravarlle a pista polo medio e medio. No caso doutro con menos temperamento, sabe Deus o que podería pasar.
Foto: en primeiro termo marco que, neste caso delimita o monte comunal do noso agro. Liña en roxo, a pista, a partires da liña verde, monte comunal.

La Voz de Galicia: Un conflito por un terreo de monte en Guitiriz acaba nunha agresión
Un veciño de Santa Mariña de Lagostelle permanece no HULA con varias fracturas
Unha disputa por terreo de monte comunal na parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, a máis occidental do termo municipal de Guitiriz, acabou cunha agresión e cun veciño ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). A persoa ingresada é M.C.R., de 74 anos, e a que discutiu con el é J.M.L.M, que rolda os 35.
Cada unha das dúas persoas que protagonizaron os feitos, ocorridos a última hora da tarde do sábado, din que o terreo obxecto de disputa perténcelles. Trátase de monte recoñecido historicamente como comunal, aínda que sen esa consideración legal e sometido a acordos verbais entre familias que se van turnando no seu uso e no seu aproveitamento.
As versións que ambos ofrecen son diametralmente opostas, xa que o agredido sostén que foi atacado cunha barra de ferro, mentres que o agresor afirma que a outra persoa levaba unha navalla para lesionalo. Os feitos ocorreron diante da casa de M.C.R., e por agora non deron lugar a detención algunha, segundo aseguraron esta mañá fontes da Garda Civil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario