Se alguén tiña dúbidas de que o monte tamén é unha arma que os políticos usan para buscar rendibilidades, supoño que pouco a pouco iraas perdendo. O caso máis flagrante son os incendios forestais.
Os que asolaron Galiza no verán e outono de 1989, foron unha das claves para que Fraga acadase a súa primeira vitoria nas eleccións autonómicas, aínda que despois tamén tivese os seus "Annus horribilis".
Lembro aquel terrible 1989 coma se fose hoxe por moitas vivencias persoais vividas e porque a mediados de outubro, cando o avión que me traia de volta á casa comezou a sobrevoar Galiza, todo eran zonas negras e columnas de fume no horizonte. Nada máis abrilas súas portas, un penetrante cheiro a queimado entrounos aos pasaxeiros polas fosas nasais.
Non lembro ben que anos lle tocou vivir a Fraga este pesádelo, pero lembro perfectamente á oposición darlle "caña" ano tras ano e afirmar que eles si tiñan a solución. Lamentablemente o ano 205 e sobre todo o 2006, viñeron a lembrarlles que en boca pechada no entran moscas.
As diferenzas entre tódalas catástrofes foi que en 1989 non había os medios precisos e que os veráns non foron tan longos, se non, non sei que houbese pasado. En Nebra no ano 2006 arderon máis de 1500 Has. de monte comunal e privado, tan só en catro días.
Que o verán, o perigo dos incendios e as próximas eleccións municipais están aí, comeza a notarse no entorno dos candidatos e partidos políticos, na prensa e na web da Xunta.
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, (PSOE) di que a lei que obriga a limpar o monte preto de casas non se cumpre en miles de núcleos.
Medio Rural inviste un millón de euros en limpezas de fincas e predios que corresponderían aos concellos.
Mentres uns e outros se tiran os trastes a cabeza, o monte que non sabe de política, agora xa arde en canto deixa de chover dous días, mesmo en pleno inverno. Boa proba dilo e que nalgunhas zonas do Barbanza xa se pode ve-lo rastro que deixou o lume este ano.
Ligazóns con moito interese:
Galicia, 1989: desastrosas coincidencias, e o advertido perigo dos eucaliptos.
Evaluacion de areas queimadas en Galiza ata o 13 de agosto de 2006.pdf.
Incendios forestais en Galiza.pdf.
Arde Galiza. ¡¡Basta xa!!.
Incendios en Galiza. Conta unha anécdota dun eucaliptal no Monte Enxa-Porto do Son, despois do lume.

No hay comentarios:
Publicar un comentario