jueves, 30 de octubre de 2014

Reunión das Comunidades de Montes en Boiro

Peche gandeiro visto desde o Alto do Garamelo

O sábado día 18 celebrouse esta reunión, na que os conferenciantes acusaron á Consellería do Medio Rural e do Mar, de querer ROUBARNOS o monte. Entre eles estaba o señor Santiago Suárez en calidade de directivo da ORGACCMM e presidente da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza.

Resulta chocante que sexa precisamente tamén el o que usase tamén esta verba, cando no 2006 coa complicidade do seu curmán o Conselleiro de Medio Rural, nos roubasen unha parte dun monte para chantarnos polo seu ego persoal esta pista, que a día de hoxe ténnola así.

E por se iso non fose suficiente, coa complicidade do Distrito cedeulle pola súa conta, 80 Has., a varios gandeiros, parte dos cales non son comuneiros. Fotos arriba. Como lle chamará a isto?

Que semellante "artista" ocupe un cargo na directiva da ORGACCMM, amosa claramente que non o gañou precisamente por bo xestor, se non pola súa afiliación política... doutro xeito non o entendo.
La Voz de Galicia: A Xunta nega a privatización do monte e augura máis poder aos comuneiros coa nova lei

O Goberno galego defende a legalidade das débedas que se reclaman ás entidades por traballos realizados nos seus terreos

Unha mesma Lei de Montes e dúas formas de entendela radicalmente opostas. A Xunta, que redactou o texto, asegura que os comuneiros disporán de máis poder para xestionar o chan veciñal e xerar maiores beneficios. Iso si, antes terán que pagar o diñeiro que a Administración lles reclama por traballos realizados nos seus dominios. As comunidades, mentres, interpretan que as cantidades esixidas non son legais, ademais de inasumibles, e que a Xunta atopou con estas demandas a desculpa perfecta para pór en mans de empresas privadas os terreos.

O Secretario Xeral de Medio Rural, Tomás Fernández Couto, é o encargado de, primeiro, mostrar a súa sorpresa pola situación de «histerismo» que se está xestando. O segundo, desmente calquera intención de privatización, e o terceiro, aclara, é que a lei «está negro sobre branco para lela e interpretala, por iso non entendo as acusacións».

Fernández Couto detalla que as débedas están xustificadas, pero que, en ningún caso, levarán a expropiación do chan se as comunidades non poden asumilas. «As que poidan pasarán a ser independentes, e non como ata agora, que contaban coa axuda da Administración para realizar diferentes traballos. Os casos que non poidan abonar o diñeiro reclamado serán estudados un a un. Pero a lei di moi claramente que seguirán, cun novo convenio, baixo tutela da consellería para explorar novas vías de ingresos e continuar crecendo ata que poidan independizarse».

Afectados por incendios

O alto cargo da Xunta de Galicia detalla que hai entidades que son improductivas por mor dos incendios. «Non podemos pedir a certas comunidades que levan anos sufrindo as consecuencias do lume que teñen que pagar.

Eses son os casos que temos que estudar», explica Fernández Couto, que tamén rexeita as denuncias realizadas por comuneiros de Barbanza que aseguran que a súa consellería lles interveu o 30% das ganancias obtidas en poxas de madeira: «Esa porcentaxe está recollido no convenio que será destinado á Administración, é así desde hai tempo e non entendo as protestas que xorden agora».

Para concluír, Fernández Couto asegurou que se reunirá coa Organización Galega de Montes Veciñais cando o faga co resto de entidades que ven afectadas pola nova Lei de Montes de Galicia.

«Non entendo este histerismo, a lei busca que os veciños teñan máis capacidade para xestionar»
«As entidades que non paguen seguirán sendo donas do chan, igual que ata agora»
Tomás Fernández Couto













1 comentario:

Anónimo dijo...

Señora Ánxela FRANCO, explíquelle aos seus veciños e ao resto das comunidades, ¿por que durante o bipartito o SEU CONSELLEIRO tampouco nos deixou vendela madeira polo nosa conta? Ande sexa menos radical e un pouco máis coherente.
¿Coñece aquilo de pola boca morre o peixe? Pois aplíquese o conto, porque nesta ocasión vostede e o seu partido non nos poden botala culpa de todo como tendes acostumado facer por outras cuestións.