domingo, 26 de abril de 2009

As eleccións teñen que agardar porque se lle antoxa ao presidente

O primeiro de maio a directiva cumpre catro anos ao fronte da comunidade e parece que o presidente decidiu alongalo seu mandato como mínimo tres semanas. Digo como mínimo, porque se fai coma outras veces pode suspendela antes de chegar ao punto e prolongalo mandato unhas semanas máis.

De verdade que non entendo o que pretende, nunca antes houbo un punto coma ese: Convocatoria Electoral para o 18 de maio, e aprobación, se procede.

As eleccións por Lei e recollidas nos Estatutos son cada catro anos, polo tanto o día 3 ou antes, xa tocaba convocalas.

Onte fora de prazo metéronme no buzón a convocatoria. Parece que foi asinada o 22, pero foi selada no Concello o 23. Para mi coma se fose asinada o 1 de abril, o tempo conta a partir do día que se entrega ao último comuneiro ou comuneira.

No suposto caso de que onte se entregase a todos, non se cumpre a máxima de convocala cun mínimo de dez días de antelación. Alguén pode dicir que son máis papista que o Papa, pero iso é o que di a Lei de Montes e os Estatutos, non eu, por moito que o presidente queira pasar deles e de nos.

CAPITULO III.- DA ORGANIZACIÓN DA COMUNIDADE

Artigo 7º. 4.- A convocatoria de Asemblea Xeral farase cun mínimo de dez días de antelación, mediante notificación escrita a todo los comuneiros...
Despois de 11 meses sen convocarnos e saber que en xaneiro estaba obrigado a facelo para aprobalo censo e remitilo á Medio Rural, ben puido convocala en tempo e prazo. Pero isto xa non é a primeira vez que o fai.

O segundo punto é para aprobalo censo, que como digo, xa debería estar aprobado i entregado na Xunta antes do 1 de maio, agardemos que non nos sancionen pola súa ineptitude.

Esta visto que o presidente e os que llo permiten, pasan de todo. Iso foi o que nos pasou coa compra do coche da comunidade fora de prazo, cando tiveramos 7 meses para facelo.

Ao final tivemos que collelo máis caro ao non tragar o resto de concesionarios coa proposta que lles fixo de falseala data de compra, e todo para non perder unha subvención de 18.000 € da Xunta de Galicia.

Sete meses deron para moito, mesmo para que, a pesar de que polo meu traballo estaba fora, aínda tivese tempo para ir aos concesionarios e pedir presupostos, mentres eles non se moveron.

Se os comuneiros se esforzasen un pouco máis e mirala documentación de como se gastan os cartos, non tiñan máis que comprobala data do xustificante: 2 de xaneiro de 2006, cando tiña que ser antes do 31 de decembro de 2005. Coma secretario fixen o que me ditaba a conciencia e non como fixeron algúns que me precederon ou me sustituirón.

Facer comunidade. Novamente parece que o presidente se dirixe a uns nenos ou alumnos, en vez de a xente feita e dereita e que o superan en idade.

Non é capaz de mandarnos unha convocatoria sen a súa visión particular, aínda que cometa erros ou minta descaradamente.

As reunións que aduce os sábados, non poden substituír as asembleas que é o que esta a facer. As comunidades de montes non funcionan coma os partidos políticos, funcionan por asembleas, (el máis que ninguén debería saber o que é unha asemblea) cada comuneiro é un voto e estásenos a usurpar ese dereito, polo menos dende a miña saída da directiva.

Esas reunións instaureinas cando estiven de secretario, para que os comuneiros puidesen ver con antelación a documentación dos temas que se ían debater e sen as aglomeracións da asemblea. Alí me tiñan 1o dias para amosarlla e recibir propostas, que despois trasladaba á xunta reitora, pero nunca lles interesaron porque segundo eles, non procedía revisar temas pasados e de aí que moita xente me acusase de ser coma eles, cando é falso. Son o mais interesado en que se saiba a verdade do que pasou na comunidade para lavar a miña imaxe.

Nesta convocatoria xa suprime o requisito de poder visualizala documentación e dende a miña expulsión, non se expuxeron as actas (Sic).

Dicir que todo que se fixo foi feito coa colaboración dun grande número de comuneiras e comuneiras é unha patraña, unha falacia e ai están as actas para desmentilo:
- A apertura da pista ilegal nos Balados aínda hoxe non sabemos quen a aprobou.
- Os comuneiros non sabemos que tratou o presidente co construtor do local, para adxudicarllo na terceira volta e canto custou ao final.
- Coa xente que falei, non saben dicirme como se adxudicou a outro construtor os accesos.
- Seria tamén nesas reunións, onde aprobou cederlle o local ao seu partido, para estrealo cun mitin electoral?

Máis claridade que coa que falo nesta bitácora, non se da nas tabernas, nin nas asembleas.

Por certo, os incendios empezaron o 5 de agosto, non o 10. Lémbrome ben, porque ese día tiven que facerme cargo da cuadrilla 16 horas, a pesar de que acababa de chegar de Madrid para pasar unhas horas, e todo porque os directivos (presidente e tesoureiro) que tiñan os móbiles da comunidade, non atenderon ás chamadas de emerxencia do Distrito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.