Recuperando un vello artigo, pero non por ilo caduco publicado o 14 de febreiro de 2006, sobre os incendios forestais.
"A madeira queimada (...) é o maior sector produtivo galego e para ambas as industrias, a pasteira e a dos conglomerados, a existencia de incendios forestais suponlles un seguro para obter materia prima a baixo custo". A recente intervención da Xunta galega en favor desta industria explica moito do sucedido este verán.
Industria transformadora
Galicia posúe un poderoso sector forestal. A madeira queimada é máis barata porque só serve para trituración, xa sexa para a fabricación de conglomerados como para a produción de pasta de papel. Este é o maior sector produtivo galego e para ambas as industrias, a pasteira e a dos conglomerados, a existencia de incendios forestais suponlles un seguro para obter materia prima a baixo custo.
Intereses:
Obtención de materia prima máis barata ao comprar madeira queimada, provocando ademais unha baixada de prezos da madeira verde, crebando o mercado.
Se queremos coñecer quen son os responsables últimos da vaga de incendios que afecta a Galicia, sería interesante que a Xunta, que posúe os datos, fixese público cal é o destino de tanto camión de madeira queimada, a que empresas vai e a que prezo foi adquirido.
Así mesmo, sería interesante saber como se integra a madeira queimada no ciclo produtivo, se é necesario o uso de blanqueantes (derivados do cloro) para o seu aproveitamento, e en definitiva un estudo en profundidade (e independente) sobre a proporción de madeira queimada nestes procesos e a rendibilidade que obteñen ao empregala.
As enormes fauces da industria madeireira tráganse grandes bocados de bosque ao día. Galicia non pode ser a despensa destes monstros da celulosa, que ditan a ordenación e explotación do monte galego á súa conveniencia. A riqueza destas empresas é a pobreza das zonas rurais que esquilman.
Solucións:
* A tala dunha árbore supón un dano ecolóxico que ha de ser minimizado e, no posible, reparado. Para iso debería existir un imposto especial do mesmo xeito que o que pesa sobre os hidrocarburos, que grave o metro cúbico de madeira. De pequena incidencia sobre a industria do moble, que usa madeiras de alto custo no cal se diluiría este sopreprecio, pero gravoso para as industrias do papel e do conglomerado, as cales usan grandes cantidades de madeira barata, e que terían que repercutir no consumidor, freando así o seu consumo irresponsable. Ese imposto serviría para sufragar a repoboación dos montes galegos.
* De forma parella ao aumento de prezos do papel, articular unha campaña de concienciación no uso racional deste ben, impedindo usos abusivos como a publicidade impresa masiva, fomentando alternativas que non impliquen deforestación (telemática...).
* Prohibición absoluta do comercio de madeira queimada. Iso esixiría nun primeiro momento tallar madeira verde no seu lugar, pero é a conditio sine qua non acabaremos cos incendios nos bosques. As árbores dun bosque queimado han de ser abatidos e triturados in situ para fertilizar a terra e proceder á....
* Repoboación automática do monte queimado. Que a administración teña por lei a obrigación de repoboar nun prazo breve toda superficie que ardese, seguindo para iso directrices de diversidade ambiental e rexeneración do bosque atlántico. As repoboacións serán custeadas polas distintas administracións, tamén os concellos que na actualidade se lucran coa venda de madeira queimada. Así, un concello con alta taxa de incendios non será premiado con máis investimentos, senón obrigado a repor o que a súa ineficacia non soubo protexer. Hai que terminar coa situación actual, na que tras un incendio hai concellos que reparten entre as familias do pobo unha boa suma que, de ser poucas casas e moita a área afectada, pode alcanzar unha cantidade bastante considerable (pan para hoxe...).
* Prohibición absoluta de repoboar con especies alóctonas ou de costas aos criterios ambientais.
* As repoboacións haberán de facerse a través dunha empresa pública con traballadores con contrato fixo (para non crear outro grupo de interese).
* Control nas importacións de madeira para a industria transformadora local. Do mesmo xeito que debemos preocuparnos da integridade dos nosos bosques, haberemos de ter tamén coidado de que a nosa industria non use madeira da talla ilegal, moitas veces de bosques primarios (de altítisimo valor ecolóxico), para convertela en pasta de papel ou mobles baratos. Obrigación de que todas as importacións cumpran as normativas internacionais sobre explotacións forestais sustentables (certificación FSC), non facendo negocio do atentado ecolóxico noutras partes do globo.
Coa madeira pódese facer negocio, un bo negocio, pero de forma reglamentada e sustentable. Con ese negocio gañamos todos, gañamos moito máis, e non perde o bosque.
NOTA.- Este texto foi publicado no blog Incendios Forestais o 14 de febreiro de 2006, antes deste verán. A día de hoxe, 3 de setembro de 2006, a acción da Xunta de Galicia para favorecer a venda de madeira queimada arroxa unha nova luz sobre a intencionalidade dos incendios de Galicia deste verán, o acompañamento na falta de prevención e vixilancia, a redución de efectivos anti-incendios e, en suma, o negocio e o crime.
Agora cobran todo o seu sentido as accións da Xunta galega, tanto as previas como as de intervención na venda da madeira queimada, e adquiren todo o seu valor estas frases:
"Este é o maior sector produtivo galego e para ambas as industrias, a pasteira e a dos conglomerados, a existencia de incendios forestais suponlles un seguro para obter materia prima a baixo custo."
"Se queremos coñecer quen son os responsables últimos da vaga de incendios que afecta a Galicia, sería interesante que a Xunta, que posúe os datos, fixese público cal é o destino de tanto camión de madeira queimada, a que empresas vai e a que prezo foi adquirido."
"As árbores dun bosque queimado han de ser abatidos e triturados in situ para fertilizar a terra e proceder á Repoboación automática do monte queimado."
"Solucións: Prohibición absoluta do comercio de madeira queimada".
"A Consellería do Medio Rural convocou para mañá a Mesa dá Madeira co obxectivo de analizar cos distintos representantes do sector (...) co fin de axuntar os intereses e de buscarlle unha resolución á situación derivada da acumulación de madeira queimada". "Medio Rural iniciou a aplicación dunha nova política baseada no diálogo co sector, mediante o establecemento de foros de interlocución para a negociación que, de forma progresiva, perseguen a concertación de prezos de referencia."
A Xunta galega vai polo camiño contrario da prohibición absoluta do comercio de madeira queimada. Por algo será.

No hay comentarios:
Publicar un comentario