Estando ao fronte da secretaria da comunidade como xa teño dito varias veces, tiven que advertir ao presidente e incluso ao resto dos membros da xunta reitora, que con algunhas accións que estaban levando ao marxe da lexislación vixente, non só poñían en perigo á propia comunidade, se non que incluso os intereses particulares dos propios comuneiros.
A máis grave fora "apalabrar" con dous veciños non profesionais, cortar eucaliptos sen contrato, sen subscribir un seguro que os cubrise e o que era peor, sen que fose aprobado nin pola asemblea xeral, nin pola xunta reitora.
Cando lle falaba do que era a responsabilidade civil, encarábaseme e dirixíndose aos comuneiros dicíalles que era falso o que eu afirmaba. A todo isto dicir, que ningún comuneiro tivo a ben pedirlle explicacións, incluso despois de explicarlles que se pasaba algo e na comunidade non houbese fondos suficientes para reparalo mal, a Xustiza iría sobre nós, os comuneiros, xa que os montes son inembargables. A todo isto teño que dicir que fora das asembleas, algúns si que me dixeron que sabía o que significaba iso, pero que non había con quen falar. Outros pola súa parte dicíanme que de ocorrer algo, chegáballes con dicir que eles non eran comuneiros, sen decatarse que o primeiro que faría un xuíz sería pedilo censo da comunidade.
Neste caso e ao contrario do que lles pasou a dous comuneiros que non estaban inscritos nun censo, e a tres ou catro que tiñan erros na súa identificación, cando a comunidade no ano 1996 repartiu 235.000 entre cada veciño, seguro que non correrían tanto para facerse responsables. Por certo e dubido que haxa algún antecedente noutra comunidade, aqueles erros cometidos polos propios responsables de elaboralo e polos comuneiros que nunca se molestaron en comprobar se estaban correctamente inscritos, incluso se dou a casualidade que un deles mesmo aprobara cando o deron de "baixa", uns e outros aproveitaron moi ben ditos erros. Os catro directivos ao mesmo tempo que-lle facían un xustificante de pago ante o banco, emitían para si un cheque por valor de 5.000 ptas para cada un, e agora non lembro moi ben, pero coido que tiveran que facer cinco ou seis, polo que o "nejocio" foi ben claro. Todo o contrario do que nos pasou aos críticos, que por catro fotocopias de actas, cobráronnos a razón de algo máis de 5.000 ptas por cada acta que pediramos, tres en total.
Retomando o caso dos "fragueiros", por sorte non pasou nada, pero que vaian tomando nota os "incredulos" de como actúa a xustiza aínda no caso de que non tódolos comuneiros non aproben un acto nunha asemblea.

El fiscal acusa de estafa al presidente de los montes comunales de San Xurxo
Trala apertura do xuízo oral pola causa da suposta parcelación irregular, e posterior privatización de parcelas dos montes comunais de San Xurxo, o fiscal pronunciouse acusando de estafa ao presidente da entidade, Alfonso Santiago Sanz. No seu escrito de conclusións provisionais, o acusador público impútalle un delito de estafa e solicita tres anos de cárcere, máis multa de dez meses con cota diaria de nove euros. O xuízo, segundo o fiscal, celebrarase na Audiencia, quen ademais pediu que interveña a Consellería de Agricultura.
Á súa vez, a xuíza que se ocupa do asunto, Raquel Rivas Hidalgo, reformou o auto de apertura do xuízo oral no sentido de que se decreta a responsabilidade civil subsidiaria de toda comunidade de montes. No relato de feitos indícase que o conflito da parcelación xorde hai unha década, aínda que desde un primeiro momento un sector dos comuneiros advertiron de que o asunto non era competencia da comunidade. A asemblea do 11 de maio de 1997 elixiu como presidente a Alfonso Santiago.
O 21 de decembro de 1997 unha nova asemblea acordou a aceptación da reversión das propiedades reclamadas e facultouse ao presidente para que facilitase esta tarefa.
Un total de 46 comuneiros, un ano despois, formularon demanda civil para reclamar parcelas, vía xuízo declarativo de menor contía, á propia comunidade de montes. Neste proceso, engade o acusador, o presidente aveuse a tales pretensións porque, entre outras razóns, el era tamén un dos demandantes. Seguiron outros xuízos de menor contía. Segundo os acusadores, o presidente debería defender a posición contraria
No hay comentarios:
Publicar un comentario