Perante o meu cargo de secretario acostumaba a visitar na medida das miñas posibilidades os traballos que efectuaba a cuadrilla ou as empresas contratadas pola comunidade e Medio Rural.
Algúns tomábano coma un control non necesario, pero vai no cargo. ¿Alguén concibe que o xerente dunha empresa no controle os traballos que efectúan os seus obreiros ou as sub-contratas? Pois é o mesmo.
Algúns tomábano coma un control non necesario, pero vai no cargo. ¿Alguén concibe que o xerente dunha empresa no controle os traballos que efectúan os seus obreiros ou as sub-contratas? Pois é o mesmo.
Un empresario comentoume no seu día xunto a dous vocais, había pedido aos anteriores xestores que o acompañasen a comprobar como quedaban os traballos, pero que nunca tiñan tempo. Curiosamente nunha zona que repoboou con carballos americanos, cereixos e bidueiros. Cando AFUNE (Asociación polo Futuro de Nebra) organizou despois dos incendios una repoboación nesa mesma zona, encontramos un feixe de carballos soterrados xuntos.
Este foi un dos carballos atopados e que plantamos
As veces nas miñas visitas levaba a cámara coa intención de crear un arquivo na comunidade, por iso perante os traballos efectuados pola empresa Tragsa (Transformacións Agrarias S.A), ao ver cosas que non me gustaban fun tomando estas fotos.
Non me gustou onde rozaban manualmente que deixasen esa espesa alfombra de toxo, material altamente combustible xa que conten alcohol e que ao votarse enriba o verano, de haber un incendio iso ardería como a pólvora, como así foi.
O resultado tocoume sufrilo na zona denominada O´Goviño, xa que para combater o lume tiñamos que facelo a moita distancia e grazas a que había un camiño. Non era normal que nunha zona desbrozadamente facía menos de tres meses, as chamas alcanzasen tamaña altura e virulencia, pero o culpable foron esas alfombras de toxos.
A pesar de estar traballando fora, sempre estaba para convocar as reunións esixidas por Lei cada 2 meses, cosa que agora non fan.
Un representante do Distrito (Rafael) informounos que esas repoboacións tiñan un ano de garantía e que los arbores secos terían que se repostos pola empresa. Nalgunhas zonas que non arderon nada diso se fixo e nas queimadas, agora plantaron pinos, incluso no medio dun camiño de acceso a propiedades.
Cadeiras (Padín)
No hay comentarios:
Publicar un comentario