Fai uns días que o Concello comezou as obras para facelo parque infantil de Nebra en virtude do convenio (que nin vimos, nin aprobamos) por cedelos terreos en monte comunal para o Punto Limpo.
Vendo como outras parroquias e mesmo aldeas dispoñen dun parque dende fai anos, paréceme incrible que nós para conseguilo tivésemos que "ceder" eses terreos, no canto do que debería ser un dereito noso e unha obrigación do Concello.
É certo que o Concello non tiña terreos céntricos na parroquia, pero así como anteriores formacións venderon parte da Aguieira (sobre todo na Ditadura) tamén puideron chegar a un acordo cos veciños para facerse con uns. Tódolos que tiveron responsabilidades foilles máis practico dicir que se nunca se nos dotou dun parque e dunha Casa de Cultura, foi por esa falta, iso si, sempre o levaban como promesas electorais.
Non fai moito aínda se permutou ou intentou permutar un terreo na Aguieira por outro en Portosín para facer unha rotonda a carón da Igrexa e aquí, compraron terreos a carón do río de Quintáns para o pozo de decantación do saneamento. Resumindo, nunca houbo vontade política cara aos veciños e veciñas de Nebra de dotarnos de estas e outras infraestruturas.
Non quero pasar por alto un detalle, como o de que a directiva quería que fose ao carón da estrada, no desmonte feito na leira. Ademais de non ter espazo, por unha normativa da Xunta de Galicia estes parques agora non poden ir preto de estradas.
Normativa que non existía cando se comprou a leira exclusivamente para o parque, pero como xa dixen, tanto o Concello como a Xunta de Galicia non viron ben as cousas e botáronse para atrás. A causa fora que estaba cedida a 6 directivos, no canto que o documento tiña que ser de compravenda a prol da comunidade.
Cando se manexan cartos que non son de un, soe pasar o que pasa: gástanse a esgalla e sen control. Isto, na miña opinión, é o que esta acontecendo na comunidade.
Xa obviando que tódalas obras que se están facendo a carón do local están sen aprobar pola asemblea xeral, e agora nin pola xunta reitora (que non esta debidamente constituída), paréceme un despropósito a onde se nos levou por unhas présas sen declarar para facelo.
Vexamos uns exemplos de contrasentidos e barreiras arquitectónicas que hoxe en día deberíanse evitar (ou están prohibidas?) neste tipo de espazos públicos de nova edificación.

No hay comentarios:
Publicar un comentario