Voume meter nun camiño que non é o meu, pero coma comuneiro coido que tamén teño dereito a poder opinar.
Na última lexislatura de Fraga ao fronte da Xunta de Galicia, elaborouse un borrador dunha nova Lei de Montes que morreu nun caixón. Chegou o bipartito e a pesar de que elaborou o seu propio, debía ser tan grande o caixón que alí morreu tamén, a pesar de tódalas promesas feitas que poden ollar nas ligazóns.
Como non hai dúas sen tres, de novo se está elaborando outro que coma os anteriores seguro que terá os seus detractores e apupos, pero ata que punto se pode pedir a un partido político que asuma un borrador dunha lei que outros non souberon ou non tiveron o que había que ter para aprobala.
No que si coincido plenamente con esa carta é que hai certos sectores e veciños que tentan apoderarse dos montes comunais (na imaxe un mogón en Cadeiras que debería delimitalo monte comunal dos privados, roto e desprazado). Non fai moito un avogado tivo a ocorrencia de publicar nunha tribuna pública a posibilidade de entregalos aos Concellos, replicándolle Xosé con outra.
Había que ter tempo e lixeiras nocións de Dereito para estudar e interpretar artigo por artigo, pero tamén agardo que a nova Lei non sexa un intento de "roubarnos" os montes aos comuneiros, como fixeron os anteriores xestores co agro de meu pai, saltándose as Lei polos forros. Aí si que se deron presa.
Tamén coincido con Xosé que somos os comuneiros reunidos en asemblea os que debemos decidir en cada momento o rumbo da comunidade, polo que me pregunto que poden aportar ao próximo Congreso uns directivos que na súa comunidade, fan o que-lles peta e nin respectan os poucos acordos asemblearios que se debaten.
Ligazóns relacionadas cronoloxicamente:
Circular 3/2.004 Nova Lei de Montes de Galicia, novo intento de usurpalos montes veciñais en mas común ós seus lexítimos donos
7/09/2004 O proxecto da Lei de Montes de Galicia prexudica ao monte veciñal en man común
13/06/2008 150 representantes de Comunidades de Montes Veciñais reúnense para debater o borrador da Lei de Montes
29/06/2008 O sector forestal galego rexeita o borrador da Lei de Montes
8/06/2008 Os comuneiros ven "intereses especulativos" na oposición ao borrador da Lei de Montes
24/06/2008 Borrador da Lei de montes de Galiza.pdf
17/07/2008 Suárez Canal prevé que a Lei de Montes se aprobe este ano para "ordenar" e "valorizar" este amplo territorio
18/07/2008 Informe favorablemente do Consello Forestal o anteproxecto de Lei de montes
8/09/2008 A Lei de montes aprobarase a finais de ano polo Parlamento
22/11/2008 Un anticipo do que será a nova Lei de Montes
12/12/2008 Ditame sobre o anteproxecto de Lei de Montes de Galicia.pdf
27/09/2009 O BNG acusa á Xunta de paralizala lei de montes
23/02/2010 O PPdeG ofrece "diálogo" pero rexeita as propostas sobre Solo, Litoral e Montes
23/02/2010 O PPdeG bota abaixo a proposta de Lei de Montes do BNG
01/03/2010 Medio Rural activa a entrada de capital privado nos montes

No hay comentarios:
Publicar un comentario