jueves, 8 de marzo de 2012

Aquí hasta o máis parvo fai reloxos

De verdade que no entendo nada. Despois do desastre do 2006, no que en Nebra arderon máis de 100o Has., Medio Rural negounos os cartos dunha subvención xa concedida alegando que non se había limpado as Has. esixidas. Descoñezo se ao final cumpriron a súa ameaza, porque o presidente nunha asemblea chegou a negarme ante os comuneiros esa penalización, a pesares de que el mesmo había remitido á Xunta unha carta presentando as alegacións oportunas.

Ben isto a conto, porque segundo El País, por Terras de Soneira acabase de destapar un presunto fraude no cobro de subvencións. Por que nuns casos a Xunta «Estado, Deputación ou Concellos» actúan con tanto celo e noutros, presuntamente fan a vista gorda?.

Outra cousa que me choca é que: os afectados enfróntanse ademais á obrigación de declarar ante Facenda o cobro dunha subvención que nin solicitaron nin percibiron. Esta claro que Facenda cando quere actúa, noutros casos máis reais e chouriceiros, non sei como é, pero záfanse. Non hai nada como ter un pai e sogro que manda calar á xente. País de pandeiretas e vividores.
Xa son 14 as denuncias e unha vintena os afectados por unha suposta fraude no cobro de subvencións para propietarios forestais. Unha empresa de Vimianzo, Maceiras & Esmoris, está investigada por un xulgado de Corcubión por mor das denuncias que empezaron a chegar en abril de 2011 de donos de montes na Costa da Morte que se decataron por casualidade de que eran beneficiarios dunha axuda da Xunta que nin solicitaron nin recibiron. O diñeiro das subvencións, unha vez concedidas, era ingresado en contas bancarias fraudulentas, abertas a nome deses propietarios sen que eles soubéseno. O armazón, segundo denunciou onte a Federación Rural Galega (Fruga), podería estenderse a unhas 300 persoas da comarca.

O modus operandi da empresa denunciada, cuxo dono, Manuel Maceiras, foi chamado a declarar ante o xuíz hai un mes en calidade de imputado, sempre era o mesmo, segundo o sindicato. "Valéndose de fotocopias de carnés de identidade", a empresa solicitaba en nome desas persoas axudas á Consellería de Medio Rural para a reforestación e mantemento de superficies. "Nos expedientes denunciados, hai parcelas atribuídas a distintas persoas que non eran as propietarias". Nalgúns aparecen mesmo o dono de Maceiras & Esmoris, os seus familiares ou empregados. Solicitaban as subvencións utilizando dous apartados de correos de Vimianzo.

Unha vez concedida e certificadas as actuacións forestais para as que se solicitou axuda da Xunta, o diñeiro era ingresado en contas de tres bancos nos que figuraban como titulares, sen o seu consentimento, os donos dos terreos. Fruga denunciou que case a metade das subvencións cobradas "eran certificados como realizados cando en realidade non se realizaban".

Fruga asegura que ademais das denuncias xudiciais, os propietarios de montes tamén comunicaron a Medio Rural estes feitos. "A día de hoxe non obtiveron resposta nin se tomou ningunha medida para aclarar esta suposta fraude", destacaron os representantes de Fruga, que lembraron que hai axentes forestais que certificaron como realizadas actuacións subvencionadas que en realidade nunca se chegaron a facer. Os afectados enfróntanse ademais á obrigación de declarar ante Facenda o cobro dunha subvención que nin solicitaron nin percibiron.

No hay comentarios: