lunes, 19 de marzo de 2012

Ula a fonte de O´Caldeirón?


Alguén se imaxina no casco urbano de Porto do Son achegarse a beber a unha fonte e atoparse con isto. Pois coido que as parroquias do rural temos o mesmo dereito que as urbanistas.

Vai cara a dous anos que publiquei nesta entrada e nesta outra unhas fotos desta fonte e lavadoiro denunciando xa o seu mal estado e como o Concello nos prometera arranxala aló polo 2006.

Non vou falar desa vella promesa, nin da do presidente da comunidade, que ante a miña petición de limpala un pouco para poder beber sen mollarnos, el, para non ser menos, quería poñerlle unha mesa e bancos. Mellor nos iría ir pouco a pouco e non comezala casa polo tellado.

Hoxe voume centrar na promesa que me fixo o señor alcalde, coido que no mes de outubro. O único que lle solicitei foi que se podía mandara unha brigada a retirala lama e poder beber sen saír enlamados. É certo que me amosou un listado para rehabilitar varias fontes en todo o Concello, entre elas algunha de Nebra, que tiña enriba da mesa do despacho, aínda que esta non estaba engadida, pero escribiu sobre dito documento a miña petición.

Digo que debeu ser polo mes de outubro, porque tamén lle solicitei que retirasen a maleza que obstruía a ponte de Tores antes de que chegasen as choivas, porque se non acontecería o de tódolos anos, terminaría de entupirse e ao pasala auga por riba arrancaría as varandas e despois os gastos serían moito máis cuantiosos para as arcas do Concello. Neste caso si que actuou con prontitude, descoñezo porque aquí non.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.