domingo, 25 de agosto de 2013

De novo a administración dando sempre bos exemplos: ironia off


ADENCO: solicita á administración a prohibición da aplicación de herbicidas cerca dos mananciais de auga de Ribadetea e manifesta o seu apoio á veciñanza

Oponse á utilización indiscriminada dos herbicidas nos montes do Condado

A Asociación para a Defensa da Natureza do Condado, ADENCO considera que o emprego masivo e indiscriminado que se está a realizar con herbicidas, pesticidas, biocidas e toda clase de velenos nos montes do Condado supón unha grave ameaza á fauna, á flora, ás augas, ao conxunto da biodiversidade e á saúde das persoas que habitamos nos concellos e as parroquias do Condado. Os produtos empregados son tóxicos, nocivos para o medio ambiente e perigosos para a saúde das persoas polo que o seu emprego pode xerar múltiples problemas ambientais e sociais.

O conflito dos herbicidas en Ribadetea.

O Grupo Ecoloxista ADENCO, despois de teren coñecemento da problemática existente en Ribadetea e do evidente risco de contaminación por herbicidas das traídas de augas veciñais, ten enviado escritos ás distintas administracións públicas esixindo a prohibición do emprego de herbicidas cerca das captacións de auga veciñal. Tamén temos solicitado que as administracións defendan a saúde dos veciños e das veciñas e a biodiversidade existente en Ribadetea.

Desde ADENCO esíxelles ás Administracións Públicas garantías do cumprimento da lexislación vixente, en especial do Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. Esta norma indica que hai que priorizar os métodos non químicos apostando polas prácticas e os produtos con menores riscos para a saúde humana e o medio ambiente. Este Real Decreto establece tamén que se tomarán todas as medidas necesarias para evitar a contaminación en zonas de extracción de auga para consumo humano podendo prohibir a aplicación nos casos nos que existan riscos para a sáude pública, como é o actual.

Desde ADENCO lembrámoslle ao Concello de Ponteareas que as bases do réxime local confírelle competencias no tocante á protección da salubridade pública e ao subministro de auga.

ADENCO quere manifestar o seu apoio aos veciños e veciñas de Ribadetea na defensa das súas augas veciñais e do medio ambiente.

As alternativas ao emprego de herbicidas

Desde ADENCO apostamos por un monte multifuncional no que os herbicidas nos teñen cabida. Existen moitos métodos alternativos aos velenos empregados por propietarios forestais e por Comunidades de Montes veciñais en Man Común. Para o control da Acacia melanoxylom por exemplo os métodos de control mecánicos complementados con introdución de frondosas de crecemento rápido teñen acadado importante éxito.

Asinado,
Anxo F. Saborido
Presidente do Grupo Ecoloxista ADENCO
Teléfono 666.893.879 ADENCO

Veciños de Ribadetea opóñense ao uso de herbicida en doce hectáreas do seu monte

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.