viernes, 21 de marzo de 2014

Aturuxo á Terra


orgaccmm: Feira das artes na Eira da Xoana

22 de marzo, sábado.
12.00 h => Inauguración da Feira con pregón a cargo de Adela Figueroa.

Palestra sobre as árbores senlleiras.
Feira de libros, música e propostas artísticas e ecolóxicas na Eira da Xoana.
Inicio do proceso creativo dos e das artistas plásticas: «Canto ás árbores».

13.00 h => Primeiro encontro poético-musical.

14.00 h => Xantar na Eira con prezos populares. Cadaquén poderá levar a súa comida para compartir ou haberá opción de xantar na Eira da Xoana por un módico prezo. Se queres máis información do xantar, contacta con Pepe Salvadores: 659 68 33 84.

16.00 h => Actividades de e para nenos e nenas: Pequenas e pequenos coas árbores

17.00 h => Palestra: «O compromiso das artes e das letras coa terra».

18.00 h => Mesa: «A lingua da terra». Roteiro poético-musical polas árbores da Eira da Xoana, con recitado, música e colocación de carteliños creados polos/as artistas plásticas sobre poemas creados para as árbores nomeadas polos/as pequenas da zona.

21.00 h => Festa da primavera: Ritual Druídico. Teatro, música, baile, poesía, invocación á terra, compaña das árbores. ATURUXO.

eiradaxoana

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.