miércoles, 24 de agosto de 2016

Mala nova para os montes da súa zona de influencia


Faro de Vigo: A organización de O Castrove morreu por falta de equipo directivo

No sur da comarca do Salnés había outra mancomunidade, a da serra de O Castrove. Nesta participaban parroquias de Meis, Ribadumia, O Grove, Barro, Poio ou Pontevedra, entre outros municipios. Pero xa morreu. A entidade non ten funcionamento algún desde hai meses pola falta de substitución na directiva.

O ano pasado, o entón presidente Claudio Quintillán, anunciou que quería deixar o cargo, tendo en conta de que tamén deixara de ser directivo en Combarro. Pero os seus plans truncáronse pola prematura morte de Antonino Martínez, de Armenteira -que era o vicepresidente da mancomunidade-, e despois porque en febreiro deste ano non se presentou ninguén que quixese facerse cargo da presidencia.

Quintillán prorrogou dous meses a súa marcha, pero na reunión do 29 de abril tampouco apareceu ninguén disposto a asumir o traballo e a responsabilidade de pórse á fronte da entidade de montes. Desde entón, Claudio Quintillán deixou de ser formalmente presidente da organización, e esta, sen directivos, deixou de funcionar.

A mancomunidade de O Castrove, no pasado moi activa, tentou nos seus últimos anos que a Xunta lles fixese un plan de ordenación do monte único para toda a serra.

Faro de Vigo: A mancomunidade de O Castrove disólvese por "falta de implicación" co monte



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.