domingo, 1 de marzo de 2009

Os nenos periodistas de Nebra


Aínda que esta entrada pareza que non ten nada que ver con temas comunitarios, para min tena e moito. Tratarei con brevidade a reivindicación que realizaron as nenas e nenos da escola de Nebra nesta entrevista:
Os nenos periodistas de Nebra

Ao final da entrevista podemos ler: Non en balde, reivindicaron con forza un patio cuberto e demostraron que non confían en absoluto na palabra dos políticos que din que as obras «se fan prontiño».
Antecedentes: na primavera do 2006 o Concello solicitou á comunidade de montes facer un uso compartido da auga que esta adquirira para o futuro local comunitario coa escola, ao secárselle o pozo que a abastecía.

Ante esta petición, coma secretario e veciño e vendo as carencias que tiñamos en Nebra, pedinlle ao alcalde que como contra-prestación tratase de cubrilo patio da escola para que os escolares puidesen facelas súas actividades ao abrigo. No meu afán de acadar ese proxecto, suxería que unha vez cuberto, incluso se poderían realizar actividades extra escolares e que mentres a comunidade non dispoñía dun local, poderíamos celebrar as asembleas. Debo lembrarlles que as reunións eran a intemperie, fixese frío, calor e mesmo con choiva.

Ao alcalde non-lle pareceu razoable a petición e quixo a cesión a secas, e dicir, sen "pagar nada polo favor". O presidente máis proclive as súas esixencias, levou a cesión a asemblea xeral sen ningunha contra-prestación e así foi aprobado. Engadir que na asemblea houbo propietarios da agua que calaron, pero días despois alegaron que o acordo fora ilegal porque os estatutos prohibían o uso compartido da auga.

Foi entón cando decidiron ofertarlle ao Concello a venda dun deposito e que aproveitase a canalización da comunidade para facer unha derivación. Isto último é difícil de entender, posto que eses propietarios xamais podía falar polos representantes legais da comunidade de montes. Pero non só falaron, se non que, firmaron por medio do seu secretario (posto que ocupa ilegalmente, xa que só os propietarios poden ser directivos. Así consta nos estatutos) a autorización para usar dita canalización. Salvo un par de vocais, os restantes membros da xunta reitora deron a calada por resposta cando os advertín desta grave irregularidade.

Agora só me resta dicir que a reclamación destes nenos e nenas non quede só nunha reclamación infantil e xa que a comunidade de montes non foi quen de "presionar" ao alcalde para logralo que agora reclaman con tanto ahinco, haber se eles o acadan aínda que non confíen nos políticos. Na miña opinión teñen o mesmo dereito que outros nenos a gozar do seu patio os días de choiva, algo que non lograron outros antes.

No hay comentarios: