viernes, 15 de mayo de 2009

Un comuneiro de Arou intenta anular a asemblea do ano pasado

É raro que día si día tamén, non saia unha noticia sobre problemas nas comunidades de montes, por descoñecemento non podo opinar sobre a cuestión, pero interesoume por dúas cuestións:
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/05/13/0003_7713942.htm?idioma=galego

Primeiro.- Este comuneiro denunciou que pasou máis dun ano desde que enviou un escrito de impugnación á Dirección Provincial de Montes ata que recibiu resposta. E iso porque foi el a pedila.
Isto lémbrame que vai para un ano que meu pai mandou outro escrito, e a día de hoxe non recibiu contestación, a pesar de que en outubro me dixeron que ían remitirlla.
Pregúntome se o motivo de que lle chegasen agora os documentos, terá algo que ver co novo talante na Xunta. Por si acaso, aínda que me vexa obrigado a perder un día, irei de novo á Xunta haber se tamén por fin nos contestan: http://nebra-nebra.blogspot.com/2009/02/medio-rural-no-contesta.html

Segundo.- Reflicte o comuneiro, que sendo secretario alguén escribiu as actas por el e que teñen sen aprobalo estado de contas do 2007.
Na asemblea da miña expulsión, o presidente non atopara un cabeza de turco para facerlle de secretario, polo que se puxo el. Algo totalmente ilegal, xa que ningún comuneiro pode ocupar dous cargos.
Ese mesmo día derase o estado de contas e mentres ao comezo da asemblea eramos 100 comuneiros, debido aos “tóreos” que lle fixo o presidente aos comuneiros, estes despois da miña expulsión comezaron a “desfilar”.
Cando somete o punto a votación, obtén estes resultados: 60, si; non, 11; nulos, 1; brancos, 5; abstención do secretario (eu); ausentes 23.
Nos documentos adxuntos, vese a acta redactada polo presidente e o listado de asistentes no reconto da votación. Na lista pódese comprobar como xa non había quórum, establecido en 79 comuneiros.
Legalmente ese estado de contas está sen aprobar, e tódolos acordos tomados posteriormente son nulos de pleno dereito. Podía impugnar todo no seu día, pero non me interesou, porque algún día verase claramente quen defendía os intereses da comunidade e quen buscaba outros rendementos.
Fíxense o que di no cuarto punto, ao non encontrar ninguén disposto a ocupalo meu posto.

No hay comentarios: