miércoles, 6 de enero de 2010

Cousas de Castelao e da Comunidade

Como digo na bitácora persoal, Castelao foi un firme defensor de Galiza, dos problemas da súa xente e un incansable loitador contra o caciquismo imperante na época. Por desgraza ese caciquismo segue estando latente e presente en demasiados estamentos, iso si, agora agochase baixo outros nomes.

Esta é unha pequena mostra da súa obra artística que amosan a Galiza que a el lle tocou vivir, plasmando dun xeito absolutamente esclarecedor o espírito do pobo galego, o caciquismo, a inxustiza, o horror da guerra civil,... nunha actitude comprometida con Galiza que serviu de guía para os seus contemporáneos e máis para as vindeiras xeracións de Galegas e Galegos.

Deixounos fai 60 anos, pero ollando o que pasa na comunidade, algúns comuneiros vémonos reflectidos no dialogo deste cacique co labrego.

-Vostede terá moito dereito; pero eu teño moita razón.

Na asemblea celebrada o 3 de maio de 2009, os comuneiros fomos claros e precisos na votación do cuarto punto da Orde do Día, votando abaixo a proposta de elixir a dedo aos traballadores da Comunidade.
Agora atopámonos que sen a publicidade preceptiva e sen que se aprobe en asemblea, a directiva "elixida legalmente" e os vocais "postos a dedo", decidiron obviar ese acordo e crearon tres postos de traballo, escollendo á xente a dedo, que non digo que non estea ben, pero non estamos nunha Ditadura... ou si?

O noso monte non é noso, comuneiros

-Fixemos unha rogativa para que San Roque nos librase da peste... ¿e sabes quen levou o estandarte?.
-Foi o cacique.

Algo parecido ao médico pasoume a min cando uns comuneiros me pediron por favor, formar unha candidatura para sacala comunidade do impas que sufría. Coa súa "febre" prometéronme respectar aos comuneiros, acatar unha sentencia que logrei a prol da comunidade e abonarme os gastos que iso me supuxo. Logrado o obxectivo, fixeron coma o paisano.

O MÉDICO: ¿Non dixeches que sacharías de balde na miña horta se te curaba?.
O PAISANO: Diría, si, señor; como tiña tanta febre...

-O caciquismo nácelle aos povos como che nace a barba. ¡Aféitate, home, aféitate!.

-Se vostede non cre en nada, ¿Por que foi de vela na procesión?.
-Porque levaba o estandarte don Fulano.

Arriba pregúntome se estamos nunha Ditadura, coma que despoxou dos seus dereitos a Castealo por loitar só coa súa palabra, unha pluma e un lapis...

Con esta data o Excmo. Sr. Ministro de este Departamento, comunícame o seguinte:
"Iltmo. Sr.- Este Ministerio, de acordo coa proposta formulada polo Sr. Instrutor de expedientes e o Sr. Xefe do Servizo Nacional de Estadísticas, depuxo sexa separado do servizo e cause baixa na escala á que pertence, sen necesidade de expediente de depuración nin audiencia ao mesmo, como comprendido nos artigos noveno e decimo terceiro da Lei do 10 de febreiro último, D. ALFONSO RODRÍGUEZ CASTELAO, Xefe de Negociado de segunda clase do corpo nacional de estadística".
O que lle traslado a V. para o seu coñecemento e efectos.
Por Deus por España e a súa Revolución Nacional Sindicalista.

Santader 18 de abril de 1939
Ano da Vitoria
...porque vendo o que me pasou con dúas directivas tan antagónicas coma partidos nos que militan, non dubidaron en usalas mesmas artimañas para desfacerse de quen foi elixido polos comuneiros e comuneiras, XAMAIS imposto a dedo como fixeron eles, por defendelos meus dereitos e os de todos.

No hay comentarios: