O 22 de decembro de 2009 a páxina web da comunidade de montes de Darbo publicaba o resumo da súa última asemblea. Tal é como poden comprobar se visitan a ligazón, só pasaran tres días entre a reunión e a súa publicación, pero xa non é preciso ir a tan lonxe, o 21 de novembro a comunidade de San Pedro de Muro tamén celebrou a súa, e publicaron o resumo na súa bitácora cinco días despois.
Nós, superados con creces os dous meses, seguimos agardando pola súa publicación e exposición tal e como se-lle reclamou á directiva a raíz da intervención do comuneiro J.M., do que dei conta na carta aberta ao secretario.
De que nos valen os acordos aprobados por maioría con estes directivos? se se negan a acatalos sistematicamente.
Pola contra vemos como entre asembleas nos encontramos con feitos consumados e presuntamente aprobados pola xunta reitora, que esa é outra, dende a miña expulsión os comuneiros e comuneiras non temos constancia das súas reunións a pesar de que é obrigatorio dar conta delas na primeira asemblea que se celebre.
Non publicalas actas é un intento de censuralas intervencións dos comuneiros e comuneiras que fan uso do seu dereito a expresarse libremente nas asembleas e así evitar, tamén, que os que non puideron acudir se informen libremente do que se "coce" na comunidade. Aquí xogouse noutros tempos e agora coa súa memoria, por iso tampouco interesa que se graven as asembleas.
Sendo secretario xamais tiven ese problema, por iso sempre expuxen as actas publicamente aínda que non lles gustase, sabendo que non só é unha obrigación dos directivos, se non un dereito da colectividade.
A foto correspondese ao cartel dun proxecto cofinanciado pola unión europea que ollei nun paseo polo monte. Proxecto e traballos que non aprobamos nin tivemos información e aquí a pregunta de sempre, de quen é o monte?

1 comentario:
más de lo mismo que en muchos pueblos, sobre todo uno que yo me sé, ¿será porque esta en la raya con galicia? un abrazo y todo mi apoyo, la verdad por delante
Publicar un comentario