Isto foi outro exemplo do autoritarismo do presidente e non culpo ao periodista da información facilitada erroneamente. Tanto eu, que nesa época exercía coma secretario, coma os demais membros da xunta reitora ou os comuneiros, xamais fomos informados ou organizamos esa plantación, que seguro que non organizou da noite para a maña e así como se usaba o móbil da comunidade para chamadas privadas, tamén se podía usar para contactar cos demais xestores da comunidade.
Os preto de trinta alumnos que cursan estudos no colexio de Sobrado, na parroquia sonense de Nebra, desprazáronse onte á contorna do muíño do Nucho para participar nunha plantación de árbores, que levou a cabo nun dos bosques máis castigados polas chamas do pasado verán.
Axentes do distrito forestal de Barbanza e membros da comunidade de montes de Nebra foron os encargados de organizar esta iniciativa.
Os pequenos, de entre 3 e 12 anos de idade, plantaron varias decenas de carballos, de catro variedades distintas; así como oliveiras e bidueiros.
O presidente do colectivo de propietarios forestais de Nebra, Santiago Suárez, explicou que a actividade desenvolvida onte é a primeira destas características que promoven, en referencia á participación de estudantes.
Pola súa banda, o xefe do distrito dependente de Medio Rural que ten a súa base en Noia, Alberte Piñeiro, comentou que a Administración prevé investir máis de 400.000 euros en labores de reforestación na parroquia de Nebra, que é a que posúe maior extensión de arboledo e matogueira de todo o municipio de Porto do Son.
A zona sobre a que se actuará ocupa unha extensión aproximada de 130 hectáreas. Os traballos programados xa deron comezo, mediante a apertura e rehabilitación de pistas para facilitar o acceso rodado; e proseguirán con repoboacións en vaguadas e outros espazos ata completar a rexeneración do bosque.
Que conste que a aplaudo esa acción e algunhas outras que se levaron a cabo, aínda que habería moito que falar sobre o que se fixo e deixou de facer, pero se o monte tal e como di a vixente Lei de Montes (outra cousa é o que presuntamente queira dicir a nova lei) é dos comuneiros, teremos dereito a opinar e non só a ser meras comparsas dos presidentes de turno.
Que non gustaba que os demais organizasen este tipo de actos veuse claramente cando o primeiro de maio de ese mesmo ano, outros xoves de Nebra pediron autorización e plantas (só se lles dou pinos) para levar a cabo outra repoboación, e viron como ao ano seguinte se-lles anticipou. Se resalto que só se-lles dou pinos era porque na zona asignada, antes do lume unha empresa xa plantara bidueiros, carballos americanos e cerdeiras e agora conviven todos xuntos, cando podería e debería ser unha zona exclusivamente con arbores nobres.
Os nativos de Nebra sabemos que nesa zona se daban moi ben as castañas, aínda queda algún castiñeiro e por iso opino que entre todos deberíamos replantarnos que é o mellor para nós e para o noso monte, e non só decidir un ou uns por todos e todas.
Na noticia o Distrito tamén falaba da apertura de pistas, pois unha delas foi na que entraron a saco en propiedades privadas, entre elas a de meu pai, arrasándolle coa madeira que tiña. Menos mal que esta era a xente que prometía respectar ao pobo, non quero imaxinar que pasaría de dicilo contrario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario