jueves, 4 de noviembre de 2010

Imos a peor

Na entrada anterior facíame eco do maltrato que algúns gandeiros lles infrinxen  aos cabalos coas pexas, aínda que fai anos tamén se-lle poñían ás vacas. As novas de hoxe son moito peor, xa que algúns desalmados optaron por emprendela a tiros cos pobres animais e os propietarios presuntamente non saben o porque destas accións. Sexa cal sexa o problema, actuando tan covardemente non van solucionar, todo o contrario.

Esta practica ata fai ben pouco tamén foi demasiado usada na miña parroquia, onde mataron a tiros un sinfin de cabalos e vacas, e noutras parroquias do entorno, aínda eran máis salvaxes, xa que os pinchaban no pescozo para que se desangrasen pouco a pouco -supoño que sería pola aorta-. Sexa dunha forma ou outra, esta visto que a crueldade humana non ten prezo.

As imaxes correspondesen a un dese tantos cabalos que mataron en Nebra, este foi a carón da aldea de O Castrallón, que como se pode observar nesta foto, estaba perfectamente identificado se algún dano lle producira á facenda do "valente".


Rapa dás Bestas retira dúas das súas eguas abatidas a tiros e hoxe cursará outra denuncia.
O asesor xurídico da asociación explica que, chegado o caso, pedirán que se condene aos autores destes feitos por danos e malos tratos animais.

ANA CELA - A Estrada. A asociación Rapa dás Bestas de Sabucedo procedeu na xornada de onte á retirada dos cadáveres das dúas eguas das manadas de O Santo que foron abatidas a tiros no lugar de Vilar de Mato, na parroquia cuntiense de Cequeril. O integrante e asesor xurídico desta asociación, Iván Sanmartín, informou onte de que hoxe mesmo se cursará denuncia ante a Garda Civil pola matanza, con tiro de escopeta, da segunda das reses da cabana de Sabucedo que apareceu nesta aldea de Cuntis.

Os feitos poranse en coñecemento da Benemérita do mesmo xeito que se fixo tras atopar, o pasado xoves, a primeira das dúas eguas mortas. A intención de Rapa dás Bestas é que se abra unha investigación que axude a esclarecer quen e por que disparou a estes équidos. Se estas investigacións dan resultados e atópase ao autor ou autores deste ataque, a asociación está disposta a chegar até as últimas consecuencias e pedir que se lles condene por danos e malos tratos animais, segundo explicou Sanmartín.

Rapa dás Bestas recoñeceu que aínda non teñen constancia da existencia de indicios que conduzan até as persoas que mataron os seus cabalos. No entanto, a asociación afirma que pensa seguir adiante, levando o asunto ao xulgado se se dá cos autores. O colectivo tivo que custear a retirada dos dous equinos e pensa, chegado o caso, esixir ao culpable que abone este gasto. Os cabalos apareceron con tiros de escopeta a poucos metros das casas. Sanmartín explicou que se descoñece se alguén puido ver ou ouvir algo, aspecto que, presumiblemente, buscará esclarecer a investigación policial. Estas eguas viven no monte Cádavo. Rapa dás Bestas recoñeceu que nesta zona de Cuntis avisóuselles no seu momento da irrupción de cabalos da súa propiedade nunha leira, sen que, tras acudirse, a cuestión suscitase problemas maiores.

Texto orixinal aquí

Na mesma entrada daba conta da morte de dous cans por mor do veleno que unha "alimaña", neste caso de dúas patas, repartiu polos montes de Padrón, nesta ocasión a "sorte" foi repartida polos montes de O Son.

Morren dous cans envelenados en O Son
MANOLO GIL - Porto do Son. Polo menos dous cans de caza morreron envelenados nos últimos días nos montes de Busto Seco, na zona de Río Sieira, na parroquia sonense de Caamaño, segundo informou onte a asociación de caza e pesca de Porto do Son, que preside Hipólito Rodríguez Fernández. Ditas fontes indicaron que os cans morreron despois de inxerir supostamente cebos de carne envelenados, dos que se descoñece a súa orixe, pero crese que son utilizados para acabar cos lobos.

No entanto, desde a agrupación sonense de caza e pesca manifestan que se trata dunha práctica que se detectou por primeira vez neste municipio. Por iso, Hipólito Rodríguez advirte aos 240 socios que non frecuenten esa zona mentres non coñezan a orixe e os motivos dese envelenamento.

Os animais afectados, propiedade de Juan Santos Rodríguez, eran de raza podenco e basset. Os cans presentaban uns síntomas similares, como convulsións e insuficiencia respiratoria antes de morrer.

O colectivo de caza e pesca púxose en contacto co Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) e á Consellería de Medio Ambiente ao obxecto de que, como expertos, poidan rastrexar a zona para localizar os supostos cebos envelenados.

Un dos cazadores que frecuenta eses montes sinalaba onte a este xornal que é a primeira vez en moitos anos que ten coñecemento dun caso semellante no municipio de Porto do Son.

Texto orixinal: aquí


No hay comentarios: