jueves, 13 de enero de 2011

As imaxes falan por si solas

Nesta propiedade privada un tractor deixou a súa sinistra carga. A escasos metros está o manancial do que nos abastecemos varios familias de Quintáns e unha de Cans.
Neste caso ao parecer é o propietario o que deposita os escombros para acceder á parcela, xa que os eminentes "enxeñeiros" non se decataron do desnivel que había cando a deseñaron.
Atopámonos na zona de monte comunal de Padín en Cadeiras, onde os incívicos non teñen escrúpulos en volver a desfacerse de todo tipo de residuos, mesmo perigosos e moi contaminantes. Directivos, gardas forestais ou Seprona non ven isto?
Vista parcial da zona, que en virtude dun convenio entre a comunidade é un empresario debería estar rehabilitada, pero a empresa marchouse e os directivos miraron para outro lado.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Esta xente non sabe que existen os puntos limpos de recollida selectiva de lixo.?

¿Non saben que o escombro: pedras, barro, ou morrillo, se non é para achandar unha leira súa con fochancos ou covas, pode ser recollido en sitios apropiados como antighas canteiras que se están recheando e hai un operario para dárlle permiso de emborque?

Por aquí, no conçello de Boiro, hai unha tempada pareçía que a xente ía entrando pola tira, pero volvemos ás andadas, xa que vin moitos cadros coma os que vexo nestas fotos.

Padre Teixugo dijo...

Boas, na miña humilde opinión, téñovos que decir que unha amiga traballou para facer unha campaña para comunicar á xente da zona de Noia-Lousame a existencia dos puntos limpos e o seu xeito de uso.

Preguntada ela sobre se existían campañas en outros concellos como Ribeira, díxome que non, pero que consideraba imprescindible o utilizar estas campañas para sensibilizar a poboación.

Outra cousa: un amigo mecanico pasou o fin de ano nos picos de Europa, e atopou unha Vespa tirada nun barranco: enteira... e claro, aproveitou a ocasión. Ecoloxita ou aproveitado?

Por certo, perto de Moldes hoxe domingo atopei neveras tiradas... como sensibilizar á xente?

Un abrazo!!!