viernes, 20 de diciembre de 2013

Non é moi habitual neste goberno, porén ás veces teñen algún detalle

Faro de Vigo: A Xunta arquiva a solicitude dunha canteira en Gargamala por afectar a un "foxo do lobo"

A empresa omitiuno no seu estudo de impacto ambiental - Aínda cabe recurso de alzada

A Xunta de Galicia arquivou o expediente de ocupación temporal da zona granítica denominada "Gateira nº 2941", situada na parroquia de Gargamala, en Mondariz, e que lle foi concedida á empresa solicitante por ter un permiso de investigación.

O goberno galego arquiva deste xeito a solicitude de extracción de granito en dúas cuadrículas mineiras por un período de 30 anos, prorrogable até un máximo de 75 anos.

O principal motivo de que se arquivase é que a declaración de impacto ambiental que presentou a empresa solicitante omitía a existencia dun "foxo do lobo" nas inmediacións dos afloramentos graníticos nos que pretendía instalar a canteira.

A Consellería de Industria argumenta o seu rexeitamento ao proxecto por este motivo e tamén por prevalecer o aproveitamento do monte comunal sobre o usufruto privado do mesmo, así como pola indefinición da superficie concreta a expropiar por parte do solicitante.

Por este motivo e pola oposición veciñal maioritaria da parroquia de Gargamala o portavoz de Alternativa por Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, presentara, xunto a outros veciños, alegacións en 2011 durante o período de exposición pública do proxecto.

A pesar desta resolución de arquivo da Xunta, non se pon fin aínda á vía administrativa, xa que a empresa interesada aínda ten a posibilidade de interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria.

Vigometropolitano: O Grupo Ecoloxista Adenco posicionase en contra da proliferación de canteiras a ceo aberto no Condado e na Paradanta

No hay comentarios: