viernes, 16 de octubre de 2015

Unha sentenza histórica pode poñer coto ao eucalipto

Galicia Confidencial: Diversas organizacións galegas, unidas en torno a Alianza Rural Galega, instan á Xunta e ao Ministerio de Agricultura a prohibir as plantacións de Eucalyptus nitens en todo o país.

Diversas organizacións galegas, unidas en torno a Alianza Rural Galega, instan á Xunta e ao Ministerio de Agricultura a prohibir as plantacións de Eucalyptus nitens en todo o país.

A vida pracenteira do eucalipto pode chegar a súa fin, ou polo menos, ser menos pracenteira. Unha recente sentenza da Audiencia Nacional ratificou a prohibición de plantar nunha parcela asturiana tal e como pretendía a papeleira Ence. A peritaxe científica foi demoledora: esta especie ten forte carácter invasor e é un risco para a biodiversidade.

Esta sentenza histórica pode sentar xurisprudencia e marcar un novo camiño para controlar unha especie das máis invasivas que existe en Galicia e na que as súas plantacións son cada vez máis frecuentes, chegando a espazos antes vetados. "Xa non é unha rara excepción atoparmos plantacións de eucaliptos (E. nitens, obviamente) en áreas do interior de Lugo e Ourense e zonas altas de Pontevedra, nas que o E. globulus non se desenvolve ben", apunta Adega.

Neste sentido, lembra as consideracións do ditame do Comité Científico ministerial e as recomendacións do Convenio de Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica, ratificado por España en 1993.E é que no seu artigo 8.h estabelece que “cada Parte Contratante, na medida das súas posibilidades, impedirá que se introduzan, controlará, ou erradicará as especies exóticas que ameacen os ecosistemas, os hábitats ou as especies".

Por iso, logo desta sentenza histórico e en base a este convenio, a Alianza Rural Galega (ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM) pide da da Xunta e do Ministerio de Agricultura a prohibición das plantacións de E. nitens en terreos de dominio público (costas, hidráulico...) por ser contraria ao interese público (sentenza 300/2015 da Audiencia nacional). Tamén, a prohibición das plantacións de E. nitens na Rede Galega de Espazos Protexidos, por poñer en perigo o mantemento da biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas.

Ademais, reclama a non autorización das plantacións de E. nitens naqueles espazos nos que polas súas características ecolóxicas (bosques de ribeira, paisaxes en mosaico, turbeiras, bosques caducifolios, matogueiras húmidas, etc.) o carácter invasor do E. nitens pode poñer en perigo a biodiversidade e os usos ecosistémicos. E, finalmente, a criazón, en base ás competencias do Estatuto de Galiza e con carácter urxente, dun Catálogo Galego de Especies Exóticas e Invasoras no que entre outras especies, debería estar incluido o E. nitens, para artellar as necesarias medidas de prevención e erradicación desta especie invasora.

Sentencia histórica

Estas entidades tamén destacan a importancia da sentenza da Audiencia Nacional que denega á filial de ENCE en Asturias, CEASA, a plantación desta especie. Esta empresa recorríu en contencioso perante a decisión do Ministerio de denegar unha plantación con Eucalyptus nitens en terreos do dominio público marítimo-terrestre outorgados á pasteira. A Audiencia Nacional fallou finalmente a favor da administración e contra os intereses da celulosa baseándose nun informe do Comité Científico de flora e fauna silvestres do Ministerio que non deixaba lugar a dúbidas:

"El cultivo en nuestro territorio de la especie exótica Eucalyptus nitens para plantaciones, se considera muy peligroso debido al carácter invasor..."

"...concluimos que E. nitens es una especie exótica naturalizada y en expansión, con alto riesgo de invasión y muy peligrosa para el mantenimiento de la biodiversidad y la funcionalidad de los ecosistemas."

As recomendacións do Comité Científico citadas expresamente nos fundamentos da sentenza foron tamén moi claras:

"El Comité Científico recomienda en relación a la consulta CC 0172012, no permitir la plantación de E. nitens (...) por considerarla especie exótica naturalizada, muy peligrosa por su carácter invasor y por su potencial capacidad para transformar el medio y bloquear el ecosistema".

No hay comentarios: