domingo, 18 de mayo de 2008

Expropiación ilegal

Esta pista abriuse nun enclavado coñecido como «Os Balados» e fíxose sen permiso e coñecemento da maioría dos propietarios. Un ano despois aínda non sei se quen cometeu a ilegalidade foi algún directivo ou Medio Rural. Do que estou seguro é que nos órganos decisorios da comunidade, Xunta Reitora e Asemblea Xeral non se aprobou, porque o secretario era eu.

24 de abril de 2007
pista balados 1 pista balado 2
pista balados 3 pista balados 4
pista balados 5 pista balados 6
Vexan como actúan outras comunidades: Os comuneiros de Tal solicitan o apoio veciñal para ampliar os accesos aos montes.

Para saber o que pasou, o pasado 13 de decembro solicitei por escrito, de habela, toda documentación do proceso e a pesar de ser obrigatorio de entregala nun prazo máximo de 15 días, a día de hoxe non se me entregou nada. De abrila Medio Rural «cousa ilóxica, xa que tería que abrir un proceso de expropiación», teño que presupoñer que algún directivo tomouse atribucións que non lle correspondían e deu a orde sen preguntar antes se se contaban cos permisos pertinentes e tamén pasou por alto que só a Xunta Reitora en reunión convocada ao efecto, pode aprobar sen pasar por la Asemblea Xeral, uns gastos non superiores a 12 mil €.

Descoñezo por suposto se se recibiu algunha subvención, pero quero pensar que non, xa que para solicitala había que remitir certificacións, actas e autorizacións dos propietarios e como non houbo nada diso, tería que ser denegada. Aínda que tamén é verdade que algunhas comunidades nin presentando todo en regra se-lles concede: A Xunta denega a axuda a un proxecto para repoboar monte queimado en Rianxo.

En Nebra tivemos un caso peor, unha subvención concedida no nefasto 2006 por Medio rural para cuadrilla contra-incendios, quitáronnola, porque segundo informe do Distrito, non habíamos desbrozado as Has. previstas. Descoñezo se influíu nesta postura que algúns directivos permitisen que 3 traballadoras abandonasen o seu posto de traballo «cobraron igual e inclusive se-lle aboou o seguro» para ir a mariscar.

Do traballo que fixo a cuadrilla antes dos lumes que sufrimos, dou fe nun traballo fotográfico que fixen para o arquivo da comunidade e xa me gustaría saber como despois de arrasada as zonas, foron capaces de calcular o que se desbrozara.

Retomando o tema, como se pode comprobar nas fotos tamén se-lle causou outros prexuízos, como foi levarlle arbores e marcos dos lindes por diante e o que é peor, agora algúns propietarios non poden acceder ás propiedades.

26 de marzo de 2008
agro dos balados agro dos balados
agro dos balados agro dos balados

1 comentario:

  1. Mal nos poden gobernar OS que non sinten suas as angustias do prójimo. A cita coas faltas de ortografía non é miña se non que é de: https://www.facebook.com/1508829902699265/photos/a.1508829936032595.1073741825.1508829902699265/1690736454508608/?type=3&theater

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.