jueves, 30 de abril de 2009

Pista sen saída, as incongruencias da directiva

Esta pista situada na zona coñecida como A Debesa, foi aberta sobre o ano 2001 e máis que unha pista, parece unha corredoira sen saída. Os datos que teño sobre a súa apertura son moi imprecisos ao mesmo tempo que contraditorios. Ao parecer foi un directivo o que a marcou, pero o contratista dixo que fora culpa do seu empregado que invadira algunha propiedade (cobrou igual). Sexa como sexa, coa súa apertura parece que houbo erros, falta de entendemento ou favorecer a alguén.

Dende logo erros e graves hóuboos, porque foi xusto chegar a unha propiedade e alí morreu. Consta en acta que o propietario solicitou á comunidade postes e aramios para bloqueala, cando a escasos metros podía conectar con outra pista que da ao monte. Engado graves, porque ao contraio que outras, só colle un coche, no que en caso dun incendio o que acceda ten que vir marcha atrás case medio quilometro, non podendo acceder outro mentres tanto.

Por que no caso da pista dos Balado, moito máis ampla, era necesario darlle unha saída segundo os directivos e Medio Rural, e neste caso non?

Un ultimo dato é que aquí faltan 3 mogóns que delimitan as propiedades co monte comunal e a directiva, tampouco esta pola labor de delimitar claramente os lindes, e defendela comunidade ante presuntas apropiacións indebidas do monte por parte dos comuneiros. Todo o contrario do que fixeron en Baroña, que acometeron esta labor.

As fotos mostran paso a paso a pista e no último tramo, vese perfectamente como unha rochas bloquean parcialmente a saída.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.