Faro de Vigo: Vilaboa xustifica a vertedura de terra en Reboreda porque "sempre se fixo así"
O concelleiro de Vías e Obras de Redondela, Cándido Vilaboa, afirmou onte no pleno que o conflito por unha vertedura de terras e broza nunha parcela da Comunidade de Montes de Reboreda débese ao "capricho" da presidenta da entidade comunal, Rosa Fernández, e recoñeceu que é unha práctica habitual por parte do seu departamento o depositar nas zonas de monte dos restos da limpeza de camiños. "Sempre se fixo así, en todas as parroquias hai vertedoiros", xustificou.
O responsable de Vías e Obras, que compareceu na sesión plenaria a petición da Agrupación de Electores (AER), asegurou que a vertedura de vinte camións de terra e broza procedentes da limpeza da Senda da Auga contaba co permiso "verbal" da presidenta dos comuneiros, "aínda que despois cambiou de opinión porque alguén lle quentou a cabeza", apuntou.
Vilaboa destacou que a vertedura non supón "ningún dano" para o monte, posto que se trata de terra e restos de material vexetal que fan de "abono". "Mesmo se pode plantar árbores encima se queren", e sinalou que as terras foron trasladadas despois a unha leira particular da mesma parroquia.
Pola súa banda, o concelleiro de AER, Jorge Varela, acusou ao responsable de Vías e Obras de actuar de maneira neglixente posto que debía saber que para realizar este tipo de verteduras debe cursar unha "solicitude por escrito" á comunidade de montes, algo que non fixo, e culpouno por non asesorarse cos servizos técnicos municipais, polo que agora o Concello enfróntase a unha multa do Seprona por contía de até 80.000 euros.
O pleno de Redondela aprobou por unanimidade unha ordenanza fiscal que obriga a pagar 385 euros ao ano aos bancos pola instalación de caixeiros automáticos en edificios nos que a súa utilización implique un aproveitamento especial da vía pública. A ordenanza tamén establece taxas para as empresas que instalen a canalización de augas ou gas, tendidos eléctricos ou máquinas de venda automática nas rúas.
Amosando publicacións coa etiqueta Pista b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pista b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 27 de outubro de 2012
Non entenden ren
domingo, 30 de setembro de 2012
A presidenta da Comunidade de Montes de Reboreda contesta ao concelleiro Vilaboa
Mentres estaba escribindo a anterior entrada, chegoume un novo correo electrónico da ORGACCMM, onde sae este comunicado da presidenta da Comunidade de Montes de Reboreda. Polo que paso tamén a darlle a maior difusión posible, para que non se sigan vulnerando os dereitos dos comuneiros.
Que copie o noso presidente e algún directivo de como se deben celebralas asembleas e dirixila comunidade!!!
Que copie o noso presidente e algún directivo de como se deben celebralas asembleas e dirixila comunidade!!!
Falo de Redondela: A presidenta da Comunidade de Montes de Reboreda contesta ao concelleiro Vilaboa
Coma sempre, o de sempre. Nós non poñemos nin quitamos absolutamente nada. Velaí a contestación da presidenta da Comunidade Montes de Reboreda:
Ante as manifestacións feitas polo Concelleiro de Vías e Obras de Redondela, D. Cándido Vilaboa, e mailo vogal da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Reboreda, D. Antonio Monteagudo Otero, publicadas o día 26/9/2012, nas que se me acusa de ter autorizado os vertidos de terra e broza no monte de Reboreda, eu, Rosa Fernández Santos, Presidenta da Comunidade de Montes de Reboreda, quero manifestar o seguinte:
- Existe un acordo asembleario no cal se esixe a previa presentación por escrito da solicitude para o vertido de terras, e que esta petición sexa tratada na Asemblea.
- É totalmente falso que eu dera autorización para facer o vertido da terra e broza procedentes da limpeza da Senda da Auga, porque descoñecía tales obras que nin se me comunicaron nin se me solicitou dito permiso, nin verbal nin escrito.
- Nego rotundamente tal acordo. Facer constar que as afirmacións publicadas de D. Cándido Vilaboa e D. Antonio Monteagudo son totalmente falsas, feito que se demostrará ante as autoridades pertinentes de ser necesario.
- Chama poderosamente a atención a coincidencia de manifestacións entre o Concelleiro e o membro desta Xunta Reitora o que fai sospeitar un acordo entre eles ao marxe da Xunta Reitora da Comunidade de Montes.
- Independentemente da actitude adoptada por cada directivo, a título persoal, esta non pode ir en contra dos acordos da Asemblea de Comuneiros.
- Resulta incomprensible que non se necesite tramitación por escrito neste tema en concreto. Se o Concelleiro de Vías e Obras, ademais de presidente da Comunidade de Montes de Vilar de Infesta, descoñece a lexislación en materia de montes e xestión de residuos non debe facer responsables aos demais da súa propia incompetencia.
- Desde que formo parte da Xunta Reitora desta Comunidade, o meu único obxectivo é a defensa do monte, sen ningún tipo de servidumes nin dependencias, nin intereses partidistas. O meu traballo, que se realiza con total honradez e honestidade, consiste en defender o monte, tal como consta nos nosos Estatutos, e cumprir e facer cumprir os acordos tomados democraticamente nas Asembleas Xerais da Comunidade de Montes, este é o Órgano supremo de decisión da Comunidade e é o único a quen eu, coma presidenta desta entidade, obedezo.
Asdo. Rosa Fernández Santos
A presidenta de Reboreda dá a cara
Aínda que a presidenta de Reboreda manifeste en referencia á polémica xurdida a raíz de que o Concello de Redondela depositou terra no monte da comunidade que dirixe, que lle resulta incomprensible que non se necesite tramitación por escrito neste tema concreto, vindo dunha administración pública esa presunta ilegalidade non me estraña nada, dado algunha que teño denunciado aquí por activa e pasiva cometida pola Xunta e o noso presidente.
Faro de Vigo: A presidenta dos comuneiros de Reboreda asegura que non autorizou a vertedura de terraA foto que acompaña á entrada foi rescatada de aquí, máis neste Comunicado de prensa Comunidade da Montes de Reboreda, teñen todos os detalles.
A polémica xurdida pola acumulación de terra e broza nun terreo da comunidade de montes de Reboreda continúa sen resolverse.
A presidenta da entidade comunal, Rosa Fernández, asegura que é "totalmente falso" que autorizase ao Concello de Redondela a realizar esta vertedura dos restos da limpeza da "Senda da Auga" nunha propiedade dos comuneiros, como xustificou o concelleiro de Vías e Obras, Cándido Vilaboa, e un dos vogais da xunta reitora, Antonio Monteagudo.
"Nego rotundamente que existise tal acordo. É totalmente falso que dese autorización para a vertedura de terra e broza porque descoñecía tales obras," e afirma que "nin me comunicaron nin me solicitaron permiso nin verbal nin escrito".
A dirixente dos comuneiros lembra que existe un acordo asembleario "polo que se esixe a previa presentación por escrito da solicitude para realizar unha vertedura de terras e que esta petición sexa tratada en asemblea", uns trámites que non se cumpriron. "Independentemente da actitude adoptada por cada directivo, a título persoal, esta non pode ir en contra dos acordos da asemblea dos comuneiros", explica.
"Resulta incomprensible que non se necesite tramitación por escrito neste tema concreto. Se o concelleiro de Vías e Obras, ademais de presidente da Comunidade de Montes de Vilar, descoñece a lexislación en materia de montes e xestión de residuos non debe facer responsables aos demais da súa propia incompetencia", conclúe.
domingo, 4 de marzo de 2012
Que doado e agasallar co que non é dun
| Refugallos de obra preto de Perceboi |
Como ben din o seu presidente, se os terreos fosen dos directivos seguramente non actuarían así á lixeira ou pedirían contraprestacións, ben unha permuta ou cartos. Pero non, aquí dende logo foron a puro güevo. Neste tipo de xente a palabra Democracia, esta de máis.
A Comunidade de Montes de Camposancos censura o "agasallo" de terreos
A Comunidade de Montes de Camposancos, que preside Álvaro Martínez Carrero, manifesta a súa rotunda crítica pola cesión gratuíta realizada pola Entidade Local Menor de Camposancos sobre 5.000 metros cadrados de terreo comunal situado en Coto, para destinar á apertura dun novo viario de acceso á futura residencia para maiores que está en fase de construción. Os comuneiros calculan que o valor desta superficie, por ser edificable, podería superalos 300.000 euros e pregúntanse por que se "agasalla" este patrimonio.
O presidente sinala que desde a comunidade de montes solicitouse información á Entidade Local Menor para coñecer "que beneficio lle reportaba ós veciños de Camposancos, que convenio se asinase e a superficie que ocupaba dito viario".
Segundo manifesta Martínez Carrero, as respostas foron que "non había convenio e que non sabían a superficie".
A comunidade de montes considera que a Entidade Local Menor "ten que tratar de buscar ingresos e defender o patrimonio, polo que esperabamos que xestionara e defendera os bens que herdamos dos nosos antepasados e que conservamos durante tanto tempo e os administrara en beneficio de todos os campesiños", manifesta.
O presidente lembra que a comunidade de montes "foi crítica con permutas que consideramos inxustas, porque ó noso entender non se fixeron igualando o valor dous terreos que se permutaban". Por ese motivo considera que "temos que condenar tamén este regaliño que se fai a cambio de nada, argumentando que os terreos seguen sendo públicos".
Sinala que a situación abre interrogantes como saber se o pobo necesitaba destinar 5.000 metros cadrados "a lucir a entrada dá nova residencia". Valoran que se é certa a creación dun parque entre a pista e a nova estrada, tamén resultará un elemento que fará máis atractiva a instalación xeriátrica.
Pregúntanse por que non se negociou coa empresa que se vai a beneficiar "para sacar ventaxas tamén para o pobo e equilibrar a bascula".
Queren saber se os que tomaron o acordo da citada cesión tamén entregarían os terreos a cambio de nada, se fosen da súa propiedade.
venres, 20 de maio de 2011
A política na pista de Nebra á Graña
Como xa é a segunda vez que nun debate sobre a política do Concello sae a relucir unha pista de Nebra que Manuel Tomé presuntamente se negou a que se asfaltase e onte no mitin do BNG, na casa de cultura, volvín a escoitar a mesma "canción", convén poñelos en antecedentes e que cada un saque a súas propias conclusións, porque non se pode tirala pedra e agochala man.
Esta "historia" comezou aos poucos meses de tomar posesión coma secretario da comunidade, concretamente cando se me fai entrega diversa documentación entre a que se atopaba o Plan Hidrolóxico deseñado pola Xunta de Galicia o ano 2003.
Este plan foi froito do primeiro intento serio de conciliar as comunidades de montes e os gandeiros, para que rematasen dunha vez os conflitos latentes no Barbanza. Para ilo Nebra cedeu a parte máis alta do noso monte para uso exclusivo gandeiro, delimitado por un peche que sufragaría integramente a Xunta, evitándose así, que no sucesivo as plantacións comunais é as propiedades privadas se visen arrasadas polos animais.
Non era de recibo que mentres as comunidades recibíamos subvencións para repoboalos montes, os gandeiros recibíanas polo gando que no las comía. Plantacións que de novo repoñíamos con novas subvencións e volta a comezar... era a pescada que se morde o rabo.
Como se pode comprobar nos documentos que adxunto, outra das actuacións a levar a cabo na comunidade era reparar por enésima vez a pista de Resúa a Graña, e aquí é onde comeza a historia, polo que teño que entoar un mea culpa, xa que en parte son culpable de que neses debates se falase do tema. Pero a diferenza doutros, o único interese que me moveu a facer iso era o ben común, en ningún momento o fixen para verme favorecido de rebote. Non debo dicir quen, porque como non esta gravado seguramente atoparíame sen testemuñas, e non quero que me pase como cando recollín en acta unhas verbas contra os veciños de Resúa e despois os compañeiros foron a desmentilas, incluso acompañados por unha testemuña quen nin comuneiro era e por suposto, no estivera na asemblea. Menos mal, que como nesa época xa se gravaban as asembleas, os veciños puideron comprobar que o que reflectía a acta, era nin máis nin menos o que estaban escoitando na gravación. Logo si, viñeron as desculpas e que era un xeito de interpretalas cousas, pero se non fose por esa gravación, quen quedaba co cu ao aire, ante os veciños que me viron nacer, era eu.
Como ben digo, por ser nativo de Nebra e porque coñezo o noso monte perfectamente despois de patealo centos de veces dende pequeno de Nebra á Graña e viceversa, perdín a conta das veces que se reparou esa pista, porque ten dúas eivas: fortes pendentes e colle demasiadas correntadas. A última reparación acometera curiosamente a directiva que asinara o acordo e aínda que agora se ía dotar de máis aliviadoiros, na miña apreciación parecíame que era tirar de novo os cartos, por iso comentei coa xunta reitora buscala forma de renegociar ese proxecto coa Xunta, para dotala de aglomerado. Entendendo que deste modo duraría moitos máis.
Para elo invitamos a un funcionario da Xunta para que comprobase insitu, a miña proposta, xa que dende os despachos, non se ven tan ben os problemas. É o mesmo que asina este escrito, que me foi entregado polo presidente no Bar Universal e amosado tamén a un edil do PP, que neses intres se encontraba alí. Entre as causas polas que recomenda o asfaltado o funcionario comete un erro, supoño que inducido, porque era falso que esa pista fose: frecuentada diariamente (...) incluso por pais que levan ós nenos á escola.
Dende Medio Rural pedíusenos que falásemos co alcalde (Ramón Quintáns Vila) para que o Concello aportase a metade do presuposto. Mantivemos varias reunións con el e sempre nos expuxo o seu razoado punto de vista, que non podía poñerse a asfaltar unha pista forestal, cando moitos veciños do Concello e de Nebra, aínda non dispoñían de accesos asfaltados á casa. Por medio de Google Eart, mostrounos a infinidade de pistas que por mor da parcelaria, ten agora Nebra e as do resto do Concello.
Ao mesmo tempo que falabamos con Quintáns, tamén o facíamos cun representante político de Medio Rural, e nunha ocasión, díxonos que medísemos o largo da pista e que falásemos con unha empresa para que nos fixese un presuposto aproximado do que custaría. Aínda que a resposta final sempre era a mesma, que o Concello tiña que implicarse, porque na Consellería non había cartos. Non lembro exactamente aquel presuposto, pero nin remotamente se aproximaba a cantidade que se menciona agora.
Naquel intre o escrito non "afrouxou" o peto da Consellería e meses despois, estando aínda na directiva, pero lonxe de Nebra por motivos laborais, trouxeron á Delegada de Medio Rural para intentar "convencela" mediante "bailen" que presuntamente lle pegaron pola pista. Despois veu a miña expulsión e non souben nada máis, hasta que nunha entrevista no Concello con Manuel Tomé, a raíz da publicación da noticia que enlazo abaixo, comentoume que neste asunto se había enganado á Delegada dicíndolle que a pista era de uso diario polos rapaces da escola (vexase o anterior escrito) e que ela presuntamente descoñecía ese dato. Insisto, iso era falso e quen llo dixo ao funcionario e a Delegada, sabíao perfectamente. Aínda non fora de uso preferente cando fai máis de 30 anos, as rapazas das aldeas de A Graña, Balteiro, Noceda e Sabuceda viñan á Escola da Tarela en Porto do Son, porque baixaban e baixabamos andando polo antigo camiño.
Máis ou menos estas son as verbas que extraio da alcaldable do BNG: "Só para facer un inciso, houbo cousas tan irrisorias como vir douscentos e pico de mil euros para o asfaltado dunha pista, e no pleno non querelo simplemente porque tiñan que recollela obra... recollela e mantela despois. Se a alguén de nós nos regalan un piso e non no quere porque dentro de cinco anos o ten que pintar". De todo isto hai algo que non entendo, se se levou a pleno, como un goberno en minoría puido rechazala?
O máis normal, para min, por economizar, era non fundir aquel primeiro presuposto en tirar centos de camións de xabre, para despois pensalo de novo e querer asfaltala. Se se asfaltase nun principio, xa non facía falta o xabre, pola propia estrutura do terreo e porque chegaría só coa grava. Os políticos como teñen outras miras, cantos máis gastos, presuntamente máis comisións. A anécdota é que mentres estaba un goberno "amigo" no Concello non había cartos e logo, si. A política tenvos destas cousas.
Populares y socialistas sonenses achacan a intereses ocultos el asfaltado de una pista forestal en Nebra
O que me parece máis rechamante e que mentres se amosa tanta preocupación por esa pista, doutras pasase olimpicamente. Pola citada hoxe se pode circular perfectamente con un utilitario, por esta, con serias dificultades con unha motobomba.

martes, 17 de maio de 2011
Outra comunidade que tivo que pagar por unha pista sen permiso
Xa van unhas cantas noticias por multas a comunidades de montes por abrir pistas sen permiso, mentres a pista que se abriu aquí, sen o seu consentimento e coñecemento dos seus propietarios, nin houbo contestación de Medio Rural, nin tan sequera unha mera desculpa e curiosamente, quen pagou os pratos rotos sen haber cometido o delito e sen que houbese unha sentenza que o obrigase a deixalo seu cargo, foi obrigado a dimitir. Iso si, os amigos deste demócrata? e supoño que tamén el, laiasen que haxa xuíces que impidan a algúns presentarse nestas eleccións. Vese mellor a viga no ollo alleo, que a palla no propio.
Baíña paga 6.000 euros de multa por un aterramientoFonte: La Voz de Galicia
O depósito de toneladas de grava e cascallos modificou a paisaxe para facer unha pista sen permiso da Xunta
A comunidade de montes de Baíña acaba de pagar unha multa de 6.000 euros á Consellería de Medio Rural por un aterramiento ilegal de enormes proporcións realizado no ano 2006 pola anterior xunta directiva. Os comuneiros realizaron o abono deste diñeiro para evitar que se esgotase o prazo que tiñan para facelo, o que incrementase a sanción.
A Xunta obriga ademais aos comuneiros a retirar todos os cascallos que se depositaron no lugar da Peniza, nas inmediacións do Castro de Carabela e que arrasaron restos arqueolóxicos.
A anterior xunta que presidiu Antonio Mijón levou a cabo esta polémica actuación coa idea de crear unha nova pista forestal para conectar o barrio de Fontes co centro cultural.
Pero Patrimonio paralizou ao pouco tempo esta obra porque non contaba con ningún permiso autonómico. Os responsables da comunidade de montes nunca desvelaron a orixe de todos os materiais que foron depositados no monte en grandes cantidades. Durante aquela época realizáronse diversas escavacións para realizar o aparcadoiro dos Tendais, ampliar a presa ou construír a depuradora de Silleiro.
A presidenta da comunidade de montes, Bárbara Pereira, manifestou que o obxectivo agora é terminar de acondicionar a pista para eliminar unha montaña de grava que, por outra banda, co paso dos anos ha acabo integrándose na contorna ao crecerlle vexetación encima.
Esta responsable afirma descoñecer que haxa algún membro da xunta directiva que pense presentar a súa dimisión para non asumir responsabilidades por unha desfeita realizada polos anteriores xestores da comunidade.
martes, 10 de maio de 2011
Négome a ser cómplice
Segundo o presidente da Organización Galega de Comunidade de Montes, asociación á que estamos adscritos, a Xunta de Galicia mediante a nova lei de montes: "Queren privatizar o monte, eliminar a súa xestión democrática a través das asembleas veciñais e entregalo ao tráfico comercial", argumentou o portavoz dos comuneiros galegos. Os comuneiros cren que a lei de montes pretende acabar coa propiedade veciñal.
Os meus coñecementos en Dereito son limitados, polo que nestes casos só tento trasladalo que leo na prensa. O que si sei, é que a nosa comunidade fai tempo que xa non se xestiona democraticamente a través das asembleas -á última celebrouse fai un ano-, e porque ultimamente, polo que me comunicaron algúns vogais, agora xa non contan nin con eles -este ano aínda non tiveron ningunha reunión e iso que cada dous meses é obrigatorio ter unha-, polo que non é nada descavillado asegurar que presuntamente os catro directivos fan e desfán ao seu antollo e o resto dos comuneiros, incluídos os vogais, a ve-las vir.
Así vemos na primeira foto, como se reparou esta pista sen que os vogais aprobasen nada, dous incluso souberon da súa reparación por medio de comuneiros. Que si estou en contra de que se reparen pistas ou se fagan cousas na comunidade? Por suposto que non, só me limito a dicilo mesmo que o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes: que a xestión democrática das comunidades faise a través das asembleas e se é o caso, a través da xunta reitora, composta polo presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e os vogais que a compoñen en cada lexislatura... por certo, nesta, postos a dedo.
Postos a cometer presuntas ilegalidades, que menos que deixalas a medias. Non e normal que se repare a pista xusto hasta a entrada do peche gandeiro e uns metros máis adiante, non se limpen as cunetas ou se deixe o último tramo, da man de Deus.
Antes dixen: Pista sen saída, as incongruencias da directiva

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e o BNG están preocupados polo futuro desta figura territorial ante a estratexia de privatización que, segundo eles, está a levar a cabo a Xunta. Consideran que as ferramentas para facelo serán a futura Lei de Montes de Galicia e a posterior actualización da Lei de Montes Veciñais en Man Común.Fonte: El Pais
Representantes da organización entrevistáronse coa deputada do BNG Tereixa Paz para transmitirlle os "puntos irrenunciables" cos que esta entidade está disposta a "dar a batalla" para evitar que prosperen os plans da Xunta. O presidente da entidade, Xosé Alfredo Pereira, advertiu que, se non se evita, os terreos terminarán servindo a "intereses urbanísticos e especulativos".
Pereira lamentou que se tenten eliminar as axudas dirixidas aos terreos e que se pretendan modificar as condicións para ser comuneiro, para o que bastaría "ter algunha relación co monte" sen necesidade de ser un veciño da zona. Isto podería dar lugar, por exemplo, a ter que recoñecer como comuneiro "a un propietario de muíños eólicos", segundo o seu presidente.
domingo, 7 de xuño de 2009
Parabéns aos comuneiros de Darbo
A Comunidade de Montes de Darbo (Cangas) ben de inaugurar as obras realizadas nos últimos anos, mentres en Nebra seguimos agardando para levar a cabo algunhas aprobadas fai máis de 3 anos.
Comuneiros de Darbo culminan a conversión do antigo vertedoiro de Varalonga nun "pulmón verde"
Lendo a nota de prensa só coincidimos nunha cousa: o verán do 2006 foi nefasto para as dúas comunidades, pero mentres Darbo quixo renacer das súas cinzas, aquí coido que primaron outros intereses.
Estas son as 3 diferenzas.
Resulta curioso que a recuperación do lavadoiro a tivesen que sufragar integramente con fondos da Comunidade ao serlle denegadas, por falta de presuposto, as subvencións solicitadas á Xunta e á Deputación. Do Concello di o seu presidente que seguen esperando resposta.
Digo que resulta curioso en canto a que a nós a Xunta "agasallounos" cunha subvención ao 100% para que directivos sen escrúpulos e sen autorización da asemblea xeral, cruzasen varias propiedades privadas cunha pista tal e como denunciei en anteriores entradas.
Como non hai 2 sen 3, a Deputación "claudicou con outras subvencións que non procedían" para facelos peches gandeiros que tampouco aprobamos en asemblea e dos que se benefician persoas alleas á Comunidade.
Unha cousa pola que tanto loitei e non conseguín, era contar cunha cuadrilla profesional como teñen algunhas comunidades do entorno. Vese que Darbo tamén conta con unha que colaborou para que os proxectos visen a luz.
Aquí xa se sabe, os traballos "organízaos" unha empresa allea á Comunidade e cando non é así, contratase a dedo ao persoal "amigo" sexa xubilado ou non e pagáselle relixiosamente, aínda que digan que non é un pago, se non que é unha contra-prestación polos "servizos prestados".
Iso si, por si acaso non existe un contrato vinculante e todo se fai de común acordo para non pillarse os dedos uns e outros.
Pensan que tódolos comuneiros seguimos chupándonos o dedo?
Os comuneiros de Darbo restauran un pilón centenario que aflorou con lume

Darbo:Din que unha imaxe vale máis que mil palabras. Nas fotos que aporto tomadas un día despois de rareala zona, poden comprobalo que digo: en marco azul os piñeiros plantados e en verde, os ventureiros. Saquen as súas conclusións.
Culminaron a conversión do antigo vertedoiro de Varalonga nun "pulmón verde".
Recuperaron o lavadoiro de Gorgollón, con máis de cen anos de antigüidade.
Fixeron desbroces e plantaron frondosas.
Nebra:
Non culminamos a conversión do antigo vertedoiro de Padín-Cadeiras nun soto ou carballeira e un merendeiro. Iso a pesar de que tiñamos asinado un contrato coa empresa que depositou pedra na antiga canteira polo cal se comprometía a aplanarnos a zona, pero os nosos xestores deixárona marcharse de rositas.
Non rehabilitamos o único lavadoiro e as tres fontes que tiñamos previsto e que aprobamos na xunta reitora.
Plantaron piñeiros en zonas que por si sola se rexeneraron e non me parecería un gasto superfluo, se se plantasen arbores máis autóctonas e frondosas aproveitando que por culpa do lume non quedou nada.
Resulta curioso que a recuperación do lavadoiro a tivesen que sufragar integramente con fondos da Comunidade ao serlle denegadas, por falta de presuposto, as subvencións solicitadas á Xunta e á Deputación. Do Concello di o seu presidente que seguen esperando resposta.
Digo que resulta curioso en canto a que a nós a Xunta "agasallounos" cunha subvención ao 100% para que directivos sen escrúpulos e sen autorización da asemblea xeral, cruzasen varias propiedades privadas cunha pista tal e como denunciei en anteriores entradas.
Como non hai 2 sen 3, a Deputación "claudicou con outras subvencións que non procedían" para facelos peches gandeiros que tampouco aprobamos en asemblea e dos que se benefician persoas alleas á Comunidade.
Unha cousa pola que tanto loitei e non conseguín, era contar cunha cuadrilla profesional como teñen algunhas comunidades do entorno. Vese que Darbo tamén conta con unha que colaborou para que os proxectos visen a luz.
Aquí xa se sabe, os traballos "organízaos" unha empresa allea á Comunidade e cando non é así, contratase a dedo ao persoal "amigo" sexa xubilado ou non e pagáselle relixiosamente, aínda que digan que non é un pago, se non que é unha contra-prestación polos "servizos prestados".
Iso si, por si acaso non existe un contrato vinculante e todo se fai de común acordo para non pillarse os dedos uns e outros.
Pensan que tódolos comuneiros seguimos chupándonos o dedo?
Os comuneiros de Darbo restauran un pilón centenario que aflorou con lume
xoves, 30 de abril de 2009
Pista sen saída, as incongruencias da directiva
Esta pista situada na zona coñecida como A Debesa, foi aberta sobre o ano 2001 e máis que unha pista, parece unha corredoira sen saída. Os datos que teño sobre a súa apertura son moi imprecisos ao mesmo tempo que contraditorios. Ao parecer foi un directivo o que a marcou, pero o contratista dixo que fora culpa do seu empregado que invadira algunha propiedade (cobrou igual). Sexa como sexa, coa súa apertura parece que houbo erros, falta de entendemento ou favorecer a alguén.
Dende logo erros e graves hóuboos, porque foi xusto chegar a unha propiedade e alí morreu. Consta en acta que o propietario solicitou á comunidade postes e aramios para bloqueala, cando a escasos metros podía conectar con outra pista que da ao monte. Engado graves, porque ao contraio que outras, só colle un coche, no que en caso dun incendio o que acceda ten que vir marcha atrás case medio quilometro, non podendo acceder outro mentres tanto.
Por que no caso da pista dos Balado, moito máis ampla, era necesario darlle unha saída segundo os directivos e Medio Rural, e neste caso non?
Un ultimo dato é que aquí faltan 3 mogóns que delimitan as propiedades co monte comunal e a directiva, tampouco esta pola labor de delimitar claramente os lindes, e defendela comunidade ante presuntas apropiacións indebidas do monte por parte dos comuneiros. Todo o contrario do que fixeron en Baroña, que acometeron esta labor.
As fotos mostran paso a paso a pista e no último tramo, vese perfectamente como unha rochas bloquean parcialmente a saída.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)