Aínda que a presidenta de Reboreda manifeste en referencia á polémica xurdida a raíz de que o Concello de Redondela depositou terra no monte da comunidade que dirixe, que lle resulta incomprensible que non se necesite tramitación por escrito neste tema concreto, vindo dunha administración pública esa presunta ilegalidade non me estraña nada, dado algunha que teño denunciado aquí por activa e pasiva cometida pola Xunta e o noso presidente.
Faro de Vigo: A presidenta dos comuneiros de Reboreda asegura que non autorizou a vertedura de terraA foto que acompaña á entrada foi rescatada de aquí, máis neste Comunicado de prensa Comunidade da Montes de Reboreda, teñen todos os detalles.
A polémica xurdida pola acumulación de terra e broza nun terreo da comunidade de montes de Reboreda continúa sen resolverse.
A presidenta da entidade comunal, Rosa Fernández, asegura que é "totalmente falso" que autorizase ao Concello de Redondela a realizar esta vertedura dos restos da limpeza da "Senda da Auga" nunha propiedade dos comuneiros, como xustificou o concelleiro de Vías e Obras, Cándido Vilaboa, e un dos vogais da xunta reitora, Antonio Monteagudo.
"Nego rotundamente que existise tal acordo. É totalmente falso que dese autorización para a vertedura de terra e broza porque descoñecía tales obras," e afirma que "nin me comunicaron nin me solicitaron permiso nin verbal nin escrito".
A dirixente dos comuneiros lembra que existe un acordo asembleario "polo que se esixe a previa presentación por escrito da solicitude para realizar unha vertedura de terras e que esta petición sexa tratada en asemblea", uns trámites que non se cumpriron. "Independentemente da actitude adoptada por cada directivo, a título persoal, esta non pode ir en contra dos acordos da asemblea dos comuneiros", explica.
"Resulta incomprensible que non se necesite tramitación por escrito neste tema concreto. Se o concelleiro de Vías e Obras, ademais de presidente da Comunidade de Montes de Vilar, descoñece a lexislación en materia de montes e xestión de residuos non debe facer responsables aos demais da súa propia incompetencia", conclúe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario