Mentres estaba escribindo a anterior entrada, chegoume un novo correo electrónico da ORGACCMM, onde sae este comunicado da presidenta da Comunidade de Montes de Reboreda. Polo que paso tamén a darlle a maior difusión posible, para que non se sigan vulnerando os dereitos dos comuneiros.
Que copie o noso presidente e algún directivo de como se deben celebralas asembleas e dirixila comunidade!!!
Que copie o noso presidente e algún directivo de como se deben celebralas asembleas e dirixila comunidade!!!
Falo de Redondela: A presidenta da Comunidade de Montes de Reboreda contesta ao concelleiro Vilaboa
Coma sempre, o de sempre. Nós non poñemos nin quitamos absolutamente nada. Velaí a contestación da presidenta da Comunidade Montes de Reboreda:
Ante as manifestacións feitas polo Concelleiro de Vías e Obras de Redondela, D. Cándido Vilaboa, e mailo vogal da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Reboreda, D. Antonio Monteagudo Otero, publicadas o día 26/9/2012, nas que se me acusa de ter autorizado os vertidos de terra e broza no monte de Reboreda, eu, Rosa Fernández Santos, Presidenta da Comunidade de Montes de Reboreda, quero manifestar o seguinte:
- Existe un acordo asembleario no cal se esixe a previa presentación por escrito da solicitude para o vertido de terras, e que esta petición sexa tratada na Asemblea.
- É totalmente falso que eu dera autorización para facer o vertido da terra e broza procedentes da limpeza da Senda da Auga, porque descoñecía tales obras que nin se me comunicaron nin se me solicitou dito permiso, nin verbal nin escrito.
- Nego rotundamente tal acordo. Facer constar que as afirmacións publicadas de D. Cándido Vilaboa e D. Antonio Monteagudo son totalmente falsas, feito que se demostrará ante as autoridades pertinentes de ser necesario.
- Chama poderosamente a atención a coincidencia de manifestacións entre o Concelleiro e o membro desta Xunta Reitora o que fai sospeitar un acordo entre eles ao marxe da Xunta Reitora da Comunidade de Montes.
- Independentemente da actitude adoptada por cada directivo, a título persoal, esta non pode ir en contra dos acordos da Asemblea de Comuneiros.
- Resulta incomprensible que non se necesite tramitación por escrito neste tema en concreto. Se o Concelleiro de Vías e Obras, ademais de presidente da Comunidade de Montes de Vilar de Infesta, descoñece a lexislación en materia de montes e xestión de residuos non debe facer responsables aos demais da súa propia incompetencia.
- Desde que formo parte da Xunta Reitora desta Comunidade, o meu único obxectivo é a defensa do monte, sen ningún tipo de servidumes nin dependencias, nin intereses partidistas. O meu traballo, que se realiza con total honradez e honestidade, consiste en defender o monte, tal como consta nos nosos Estatutos, e cumprir e facer cumprir os acordos tomados democraticamente nas Asembleas Xerais da Comunidade de Montes, este é o Órgano supremo de decisión da Comunidade e é o único a quen eu, coma presidenta desta entidade, obedezo.
Asdo. Rosa Fernández Santos
No hay comentarios:
Publicar un comentario