domingo, 30 de septiembre de 2012

Razoamentos con certa lóxica


O que está claro que dende fai anos o lume é un negocio para alguén, menos para quen o sofre: a natureza, a fauna, as comunidades de montes e os particulares.

É verdade que os montes xa ardían fai máis de 40 anos e daquela non había brigadas, se non que o tiñan que ir a pagalos veciños coa Garda Civil tras eles, pero acontecía no verán ou principios do outono. As festas da Balbanera de Nebra, a mediados de setembro, era unha data moi escollida e propicia para prendelo lume que sempre comezaban á medianoite, pero é que agora xa arden en pleno inverno, en canto deixa de chover uns días. De aí que escollese apostas esta foto.
Rebelión: O inimigo das solucións

Fai unhas semanas anunciouse a detención dun brigadista forestal acusado de provocar varios incendios na Comunidade Valenciana. É dicir, o profesional que se dedicaba a apagar os lumes considerou que o mellor modo de non quedar sen traballo era provocalos. A verdade é que se trata dunha conclusión bastante lóxica, como o é noutros ámbitos da economía. Por exemplo as empresas farmacéuticas nunca desexarían erradicar unha enfermidade se iso supuxese que o seu produto deixase de ser necesario. E as de armas tampouco quererían rematar cunha guerra e, por tanto, acabar coa compra das súas armas.

Trátase dunha consecuencia inherente ao capitalismo. Neste sistema págaselle a alguén para que atenda un problema que, se o resolvese, impediríalle continuar co seu negocio. Desta forma creamos un poder fáctico que ten como principal obxectivo e causa fundamental da súa existencia combater a aparición dunha solución. O peor que lle pasaría á empresa de limpeza das vías públicas é que deixásemos de tirar os papeis á rúa, e a unha empresa de reciclaxe que nos interesásemos pola compra de produtos que non contivesen envases e accesorios inútiles e de usar e tirar.

Hai moitas razóns para renegar do capitalismo: a súa ausencia de distribución da riqueza, a súa voracidade para terminar cos recursos naturais, a explotación da man de obra por parte dos donos do capital. Pero o exemplo do bombeiro forestal que provoca incendios é un símbolo elocuente de que o capitalismo é o mellor sistema para combater as solucións aos problemas do ser humano.

www.pascualserrano.net

No hay comentarios: