Amosando publicacións coa etiqueta Nebra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nebra. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de decembro de 2010

Curiosidade

É curioso erguerme e ao revisar o correo atoparme, entre todos ese avisos do facebook, de viagras e de lotarías que me tocan na fin do mundo, un dun veciño do Son. Resulta que este meu veciño nun acto de reflexión, pídeme desculpas por ter depositado lixo a carón do contedor que temos en Quintáns (quizais é que nalgunha das miñas fotos recollese algo da súa propiedade e lle deron un toque?).

Lonxe do meu abraio ante tal correo e tal declaración, axuntou un vídeo que, a petición do mesmo, comparto cos lectores do blogue, onde da desculpas e nos lembra como; todos deberiamos ser conscientes de desfacernos do lixo en condicións sen prexudicar a ninguén.

http://www.youtube.com/watch?v=Jdv_vZwB_-M

domingo, 9 de agosto de 2009

Fai o que che mando, e non o que fago eu



É curioso, esta é a receita que esixen os ex compañeiros do Bloque ao alcalde (Partido Popular) de Porto do Son, mentres un dos seus militantes, negase a facilitala información que lle demandan os comuneiros.

Pasa o mesmo cos plenos, alí esixen que se graven e se non están de acordo con algo non recollido en acta protestan. Eu tamén protesto cando non recollen verbas miñas e a súa contestación é que non poden recoller todo. A entrada dio todo.

As imaxes están tomadas en Porto Nadelas, Queiruga, e son exclusivas como acompañamento da entrada. Á vista da maquinaria alí aparcada, a empresa publica Tragsa esta facendo un movemento de terras dende o linde de costas ata o altar da Virxe do Carme.

O BNG sonense insta ao alcalde a paralas obras que se están facendo no paseo de Queiruga

O BNG pide parar unha obra en Porto Nadelas

venres, 10 de xullo de 2009

Non me caso con ninguén

O titulo da entrada ben motivado a que como ben saben, perante moitos anos militei nun partido político e aínda que vía cousas que non me gustaban, sempre agardaba que fose a última. Como nunca houbo unha última, preferín darme de baixa sobre todo despois da cacicada que Medio Rural e a directiva da Comunidade de Montes lle fixeron a meu pai expropiándolle o agro.

Non me caso con ninguén, quere dicir que politicamente non volverei a cometer o erro de "casar" con ningún partido que antepoña os seus intereses aos intereses xerais. Equivocase quen pensa que agora estou noutra orbita, porque en marzo felicitase a Nuñez Feijoo e en maio criticase á directiva da Organización Galega de Comunidades de Montes, polas súas criticas ao Partido Popular cando aínda non había tomado posición.

Tódolos días acostumo a visitala súa páxina ORGACCMM, para poñerme un pouco ao día sobre o que se "coce" nas comunidades de montes. Pois ben, dende fai un días vexo con estupor que Medio Rural suprimiu un enlace onde daba conta das incidencias diarias sobre incendios.

Queren dicir que "censurando" esa información, nos tempos que corren non imos saber ao momento nada dos incendios que desgraciadamente e encanto se dean as tres coincidencias: 30 grados, 30 km hora o vento e 30% de humidade, os pirómanos non van facer das súas?

Poden ocultala información na radio, televisión, prensa ou Internet, pero se hai incendios (mellor que nos houbese aínda que ao final da campaña presuman diso) non poderán agochalas cinzas e o desastre medioambiental que queda. En Nebra sabemos moito disto, sobre todo dende o nefasto 2006.

Son consciente que esta queixa non vai chegar ao noso goberno, pero con todo iso, gustaríame que reconsidéranse a súa postura e habilitasen de novo esa información, aínda que xa digo, o mellor dato seria que non houbese incidencias.

domingo, 7 de xuño de 2009

Falando entendese a xente

As institucións publicas e privadas, pero principalmente os administradores e os directivos están condenados a entenderse e deben facelo así independentemente da súa ideoloxía, cando falla ese entendemento pagámolas os administrados e socios, e o que é peor, págao a nosa cultura, o patrimonio, o medioambente, etc.

Un exemplo de cooperación foi a que xurdiu entre o Concello e a Comunidade de Montes de Goiáns-Portosín, que xuntos están promovendo unha restauración etnolóxica.

El Correo Gallego: O Concello de O Son restaura en Portosín unha fonte e o seu entorno, obra solicitada polos veciños fai meses

En Nebra pasa todo o contrario, buscase a confrontación por motivos non "declarados".

Un primeiro exemplo veuse fai tempo co atraso apostas do sometemento á asemblea para debater, aprobar ou rexeitar a solicitude feita polo Concello para crealo punto limpo na antiga canteira.

Por certo, a xunta reitora aínda non dou conta das contraprestacións que recibimos por cedela zona. Eu coñézoas grazas a unha entrevista que por motivos persoais mantiven con alcalde que aproveitou para informarme disto e doutros temas, pero de 260 comuneiros que formamos parte da comunidade, cantos coñecen ese dato?

O segundo exemplo tamén me veu da súa man ao informarme que non lle parecía correcto que a directiva pasase olimpicamente del ao non solicitala correspondente licenza municipal para facer dúas obras menores como foi o muro e unhas escaleiras, a carón do local da comunidade.

Se ten razón non o sei, o que si sei e que se iso o fai un particular seguro que xa estaba denunciado, neste caso ao mellor non se actúa igual porque politicamente podería ser incorrecto.

Parabéns aos comuneiros de Darbo

A Comunidade de Montes de Darbo (Cangas) ben de inaugurar as obras realizadas nos últimos anos, mentres en Nebra seguimos agardando para levar a cabo algunhas aprobadas fai máis de 3 anos.

Comuneiros de Darbo culminan a conversión do antigo vertedoiro de Varalonga nun "pulmón verde"

Lendo a nota de prensa só coincidimos nunha cousa: o verán do 2006 foi nefasto para as dúas comunidades, pero mentres Darbo quixo renacer das súas cinzas, aquí coido que primaron outros intereses.

Estas son as 3 diferenzas.
Darbo:
Culminaron a conversión do antigo vertedoiro de Varalonga nun "pulmón verde".
Recuperaron o lavadoiro de Gorgollón, con máis de cen anos de antigüidade.
Fixeron desbroces e plantaron frondosas.

Nebra:
Non culminamos a conversión do antigo vertedoiro de Padín-Cadeiras nun soto ou carballeira e un merendeiro. Iso a pesar de que tiñamos asinado un contrato coa empresa que depositou pedra na antiga canteira polo cal se comprometía a aplanarnos a zona, pero os nosos xestores deixárona marcharse de rositas.
Non rehabilitamos o único lavadoiro e as tres fontes que tiñamos previsto e que aprobamos na xunta reitora.
Plantaron piñeiros en zonas que por si sola se rexeneraron e non me parecería un gasto superfluo, se se plantasen arbores máis autóctonas e frondosas aproveitando que por culpa do lume non quedou nada.
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras. Nas fotos que aporto tomadas un día despois de rareala zona, poden comprobalo que digo: en marco azul os piñeiros plantados e en verde, os ventureiros. Saquen as súas conclusións.

Resulta curioso que a recuperación do lavadoiro a tivesen que sufragar integramente con fondos da Comunidade ao serlle denegadas, por falta de presuposto, as subvencións solicitadas á Xunta e á Deputación. Do Concello di o seu presidente que seguen esperando resposta.

Digo que resulta curioso en canto a que a nós a Xunta "agasallounos" cunha subvención ao 100% para que directivos sen escrúpulos e sen autorización da asemblea xeral, cruzasen varias propiedades privadas cunha pista tal e como denunciei en anteriores entradas.

Como non hai 2 sen 3, a Deputación "claudicou con outras subvencións que non procedían" para facelos peches gandeiros que tampouco aprobamos en asemblea e dos que se benefician persoas alleas á Comunidade.

Unha cousa pola que tanto loitei e non conseguín, era contar cunha cuadrilla profesional como teñen algunhas comunidades do entorno. Vese que Darbo tamén conta con unha que colaborou para que os proxectos visen a luz.

Aquí xa se sabe, os traballos "organízaos" unha empresa allea á Comunidade e cando non é así, contratase a dedo ao persoal "amigo" sexa xubilado ou non e pagáselle relixiosamente, aínda que digan que non é un pago, se non que é unha contra-prestación polos "servizos prestados".
Iso si, por si acaso non existe un contrato vinculante e todo se fai de común acordo para non pillarse os dedos uns e outros.

Pensan que tódolos comuneiros seguimos chupándonos o dedo?

Os comuneiros de Darbo restauran un pilón centenario que aflorou con lume

luns, 25 de maio de 2009

Que gran invento isto de Internet

Grazas á páxina da Organización Galega de Comunidades de Montes, tódolos días teño a oportunidade de coñecer o funcionamento e desenrolo de moitas comunidades de montes, que adoito comparar co que pasa coa nosa.

O día de Santa Rita saia publicada esta noticia: Os comuneiros de Parga sopesan revisar a cesión do monte á firma Ingemarga: http://elprogreso.galiciae.com/nova/31865.html

En Nebra fanse cesións e ninguén informa de nada a pesar de que é de obrigado cumprimento que sexan aprobadas pola asemblea xeral. Descoñezo como se fan, se é cousa exclusiva dun directivo, de todos ou se colaboran os/as vogais.

Por non saber, nin sabemos se a comunidade recibe algo a cambio ou funcionamos como unha ONG altruísta. O peor de todo é que se alguén decide preguntar nas asembleas, salta coma un resorte algún directivo acusándonos de ir para armar escándalo. Para iso conta coa colaboración do resto que suprimen calquera referencia nas actas e con algunhas comuneiras, que din que non van para escoitar aos que democraticamente tentamos coñecer o que se "coce" na comunidade.

Os noso directivos e sobre todo o presidente, deberían tomar exemplo doutras comunidades e presidentes i esquecerse de que o monte é deles. Quédome coas últimas verbas do presidente da comunidade de Parga (Guitiriz-Lugo), David Díaz Losada:
«"Eu non podo tomar decisións, senón que o meu labor é o de propor os temas á asemblea, que é a que toma os acordos"».
Aquí tómanse antes as decisións en moitos casos exclusivamente por un directivo e despois se temos sorte ou pregunta alguén, podemos coñecelas. Despois xa se encarga o presidente nas convocatorias de engadir, que se non se esta de acordo, que se rectifican. Estamos agardando como devolve o agro de meu pai ao seu estado anterior ou estará amosando que é un hipócrita cando escribe iso.

sábado, 16 de maio de 2009

Nota publicada en El Correo Gallego

Aproveitando a noticia sobre unha irresponsabilidade burocrática, na que por 4 miserables metros cadrados construídos ilegalmente, unha familia veu convertida a súa casa en cascallos, decidín escribir unha nota baixo o Alias que teño rexistrado en: Inician el derribo en Codeseda pese a la fuerte oposición vecinal

Cantas casas haberá na mesma ou peor situación? Xusto a carón da miña, teño 3 chales construídos sobre terreos de Obras Publicas e aínda con iso, non tiñan os metros precisos para edificalos. Un deles, mesmo se asentou sobre o asfalto da antiga C550. A Xustiza escrebe as veces con liñas tortas.

Como a comunidade ten pendente de acatala sentenza que obriga ao presidente de turno a facelo documento que mandou o xuíz ante notario, este noso tan democrático el, negase a facelo, non vaia a ser que ao telo que presentar aos comuneiros algúns entendan que grazas a min, hoxe temos o local onde o temos.

Esta é a nota:

É triste que por unha licenza dada dun xeito irregular, unha familia vexa o seu fogar convertido en escombros. Agardemos que sexa indemnizada como corresponde, pero ese, “si no hay acuerdo se iniciaría otro litigio”. Por parte do Concello non haberá problema, porque se defenderá incluso cos impostos da familia afectada.

As sentenzas gusten ou non gusten, téñense que acatar. Lembro un caso na bisbarra dun drogodependente que cometera un pequeno furto. Co tempo rehabilitouse e xa con familia, anos despois unha sentenza absurda mandouno ao cárcere. Coido que estivo un días, mentres non chegou o indulto solicitado polo veciños.

No ano 1996 denuncio unha suposta doazón a nome duns directivos, o que en realidade fora unha compra por valor de 851.000 ptas. pagadas con fondos da comunidade.

No xuízo alegase que foi o notario quen se negou a facelo documento e que os obrigou a facelo como doazón (sic). Ao xuíz valeulle e a min tamén, o que pretendía conseguirao: anulalo e facer un de compra a prol da comunidade.

En febreiro de 1998, en asemblea aprobase pagarme os gastos e o presidente tentou facelo documento, pero encontrouse coa negativa da vendedora, que no xuízo fora declarada en rebeldía e condenada a pagarme a 7ª parte das costas. Nese medio tempo dimítenlle 2 directivos e aínda que me quixo pagar, dígolle que mentres ninguén ocupase as vacantes, esperaba. Por acordo asembleario, tódalas retiradas de fondos teñen que levar obrigatoriamente a firma de 4 directivos.

Non se lle permitiu nomear a ninguén e a causa dun accidente, non puido volver a exercer. En 2001 elíxese nova directiva que se nega a pagarme, aducindo que non estaban de acordo coa cantidade. Tiveron 3 anos para dicilo, para impugnala asemblea e para ir ao Xulgado, pero non fixeron nada porque tiñan que defenderse cos seus cartos. Dende a directiva podíanse defender cos cartos de todos no caso de que acudise á vía xudicial. Se no fixen, foi por non aumentalos gastos da “puñetera” leira, que nos vai saír a prezo douro. O único que lles dixen foi que mentres non cobrase non se atrevesen a obrar, por iso non se fixo antes o local.

En maio de 2005 pídeseme formar unha candidatura, pero ese “problema” seguía aí e non tiña moita gana de “mollarme” antes de pechalo. Gañamos, e os compañeiros prométenme acatala sentenza e pagarme, pero que mentres tanto podíamos empezar a facelo local. Non poño inconveniente, xa estaba canso de que unha pequena minoría me acusase de selo culpable de non facelo antes, pero xa o di o refrán, o gaiteiro de pago nunca ben tocou.

Na última reunión que tiven coma directivo, lémbrolles isto e o presidente é taxante, dime que acuda ao Xulgado que ía saír ben parado. Logrado os seus obxectivos políticos e comunais, expúlsame porque non estou de acordo co que fai: permitir que traballadoras da comunidade deixen o traballo para ir ao marisco, cobrando igual; adxudicalo segundo local directamente; encargar traballos comunitarios a xente xubilada e o que é peor, sen seguro de responsabilidade civil. En caso dun accidente a comunidade podía ir a bancarrota e ter que responder cos nosos cartos e por último, atravesar un agro de meu pai cunha pista e coa complicidade de Medio Rural. Esta visto que non escarmenta e fai pouco, volveu a mandar a outro veciño plantar pinos sen contrato.

Maña temos eleccións e sinto pola nova directiva, pero se nun tempo razoable non se acata a sentenza, non estou disposto a esperar máis, o local xa está feito. Publico esta nota para que os comuneiros saiban que se teño que pedila execución polas “bravas”, carréame gastos, e se o xuíz aplica a lóxica, a comunidade igual se ten que facerse cargo e o presidente, inhabilitado.

Esta sentenza non deixa unha familia á intemperie, pero o seu incumprimento está afectando a miña economía e o que é peor, cáusame prexuízos na comunidade.

No documento que adxunto, pódense ver 2 documentos da leira. Do primeiro tiña copia e foi o que presentei como proba no Xulgado. O segundo descubrino cando tomei posesión de secretario e fíxose días despois da asemblea do 21 de maio de 1994, cando nesa asemblea se había quedado en comprobala validez do primeiro.

mércores, 13 de maio de 2009

Pillase antes a un mentireiro, que a un coxo

Custoume traballo, pero grazas a Google hoxe case non hai secretos. Esta información dáme pe ao titulo da entrada, que amosa como o presidente nos mentiu na asemblea e que el non era quen de cedelo noso local para dalo mitin, xunto co seu partido.

O día 21 e 22 de xaneiro foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e Pontevedra, a relación dos locais e lugares públicos para a realización dos actos de campaña electoral nas citadas provincias:
Pontevedra: http://eleccions09.xunta.es/nova_18_es.html
A Coruña: http://eleccions09.xunta.es/nova_14_es.html

Na relación de A Coruña, no Concello de Porto do Son aparece a seguinte información:
Locais cubertos:
Salón da Casa de Cultura de Portosín.
Casa de Cultura de Porto do Son.
Casa de Cultura de Queiruga.
Casa de Cultura de San Pedro.
Casa de Cultura de Baroña.
Casa de Cultura de Miñortos.
Casa de Cultura de Ribasieira.
Casa de Cultura de Caamaño.
Horario: tódolos dias de 16 a 24 horas.

Locais descubertos:
Praza do porto de Portosín.
Praza de España en Porto do Son.
Horario: tódolos dias sen limite de horario.

Nesa relación non aparece o noso local, pero si aparecen noutros concellos locais de titularidade privada, como poden ser: locais sociais, de asociacións de veciños ou de comunidades de montes. Incluso a Xunta Electoral ten que autorizar os espazos públicos abertos, como son campos de festa.
No Concello de Poio (Pontevedra) atopamos os locais das comunidades de montes de: Rega dos Agros (Combarro) e Rega do Chan (parroquia de Samieira).

Preguntas feitas a un alcalde, que por ética e respecto manteño no anonimato:

Diríxome a Vostede nun intento de clarexar unha dubida que teño respecto ao uso que se fixo en Nebra nas eleccións autonómicas do noso local, por parte do BNG.

Pregunta.- Cómo podo indagar se a xunta electoral autorizou este local para dar mitins?
Resposta.- A Xunta electoral designa o locais electorais en cada proceso a partir da proposta dos respectivos concellos, que normalmente é aceptada integramente. Para averiguar se un sitio esta designado local electoral podes informarte na Xunta Electoral de Zona (no Xulgado de Noia, Praza da Constitución, a carón da Igrexa de San Martiño.

P.- Que documento tería que remitirnos caso de dar autorización, para solicitar copia?
R.- No concello teñen comunicación daqueles locais autorizados así como das horas reservadas. Tamén teñen coñecemento os partidos políticos a través dos representantes que ten cada partido na Xunta Electoral.

P.- Non tería primeiro a comunidade autorizar ese uso para ditos fins?
R.- O caso concreto descoñezo. O concello só designa locais da súa propiedade, ou polo menos así sucede neste Concello. A veces eses locais están cedidos a asociacións pero son propiedade do concello que os pode designar para o uso dos mitins nas eleccións.
Se é unha propiedade privada, supoño que se debería solicitar autorización previa. Non sei se a lei prevé que se poidan adoptar decisións unilaterais por parte da administración para o uso de locais privados, pero en todo caso debería existir algunha comunicación.

P.- A onde podería dirixirme a parte de aos comuneiros e comuneiras, para dar conta desta grave irregularidade e uso fraudulento, na miña opinión, dun local privado por parte dun partido político, caso de que non houbese autorización?
R.- Depende da situación do acontecido.
1º) Se o local está designado como local electoral é a Xunta electoral quen decide como e cando se pode empregar. E é na Xunta electoral onde hai que denunciar os feitos, e normalmente durante ese periodo electoral e preferiblemente a traves dos distintos representantes que hai na xunta dos partidos. Eu creo que agora non se podería denunciar. Podería suceder que un partido solicitara o local e os outros non o fixeran en prazo (creo que non é o caso), porque tamén existen prazos para as solicitudes.
2º) Se o local non está designado e SE é propiedade privada, entón a situación é semellante a se un bar ou un particular cede a un partido o seu espazo. Calquera na súa propiedade pode permitir a celebración dun mitin. No caso dunha comunidade de montes, entón xa se trataría dun tema interno, estatutos, socios, e que nada tería que ver coa xunta electoral, senón tería que ver o funcionamento interno da Comunidade.
3º) Se o local non está designado como local electoral e é propiedade municipal. Entón poderíase reclamar tanto ante o concello como ante a xunta electoral.

Non sei se me expliquei ben, pero ante calquera dubida envíame un mail e tentarei resolvela.

P.D. Isto non é un informe xurídico, so unha opinión persoal en base a miña experiencia, polo que podo cometer algún erro no que che estou dicindo.

Comuneiros de Boiro ceden terreos

Hoxe sae esta gran noticia para os veciños e veciñas de Boiro, agardemos que non sexa unha promesa mais dos políticos: Os comuneiros de Boiro ceden terreos cerca do centro urbano para unha residencia de maiores

Da noticia interésame facer unhas reflexións en voz alta, que me interesan debullar moi polo miúdo:
«Onte, o propio alcalde recordou que o bipartito autonómico, no seu día, comprometeuse a apoiar a creación deste edificio, sen que se acabase concretando esa promesa sequera sobre o papel».
É curioso, catro anos calados mirando para outro lado, agora largan todo e quedan tan panchos. Sinto dicilo, pero o cinismo dos políticos alcanza cotas inimaxinables. En fin, os votantes sempre teñen a tixola polo man 1 día, e 1459 para arrepentirse.
«Los comuneros de Boiro cedieron al Concello los terrenos necesarios para levantar el inmueble...».
A noticia dío ben claro, "os comuneiros cederon", para nada se di "o presidente cedeu".

O domingo, o noso presidente tamén foi ben claro, el solo foi quen cedeu ou puxo o local da comunidade ao servizo do seu partido para dar un mitin. Iso si, se isto chegan a facelo outros, el e os seus compañeiros porían o grito no ceo.
Pero bueno, escoitarlle a algunha comuneira dicir que gracias a el se construíu o local apaga e vamos. Ata onde sei, pagouse gracias aos pinos do monte e o presidente non puxo ren do seu peto.
Esa señora, ao igual que o presidente, que non son nativos de Nebra, seguramente non sabe que cando se plantaron, os nosos avós derramaron moitas bagoas porque de ter unha economía de subsistencia gracias a súa pequena cabana de cabras e ovellas, tiveron que malvendelas cando lles roubaron o monte. Pero que pode entender disto xente que non viviu esas calamidades?.
Se temos o local non é mérito nin deste presidente, nin de calquera outro, nin tan sequera meu, que ao fin e ao cabo, fun o único que loitou para que o solar fose única e exclusivamente da comunidade e non de seis ex-directivos. Remito, para min todo mérito e dos nosos avós e pais que participaron na repoboación.
«Para que a cesión non quede no aire, onte mesmo asinouse un convenio entre as partes, e esta mesma semana o asunto levará a pleno. Ademais, os comuneiros, cuxa directiva estivo representada na firma do acordo por varios membros, co presidente Manuel Sieira á cabeza, sinalaron que non están dispostos a que a construción da residencia demórese eternamente...».
Mais claridade imposible. Son testemuñas da sinatura varios membros da directiva co seu presidente á cabeza, o goberno local de Boiro e a prensa. Non podo dicir o mesmo das cesións que se fixeron en Nebra ás nosas costas, como foi permitir que gandeiros alleos á comunidade fixesen uso das nosas instalacións. No enlace poden ver os cabalos que ao final resultaron ser dun veciño de Noia: Favoritismos na nosa comunidade

E falando de favoritismos, que dereitos aplicarían algúns directivos que fixeron queimas nas súas propiedades, para ter ao seu dispor o coche da comunidade coa motobomba?. Non se dan de conta que Nebra, aínda sendo a parroquia máis grande do Concello, máis tarde ou máis cedo sábese todo.

martes, 12 de maio de 2009

Ditadura, discriminación, caciquismo e presidencialismo: 2ª parte

«Decidimos na xunta reitora que en vez de abrir outro proceso deses que tanto che gustan a ti...»

Esta frase adicouma o presidente, ficando tan "chulo", cando lle preguntei pola adxudicación a dedo (sen concurso de adxudicación) de 2 muros. Dita obra custou, presuntamente, 12 mil euros, e, segundo me informou o alcalde, fíxose sen licenza municipal.

Debido as intervencións que xorden nesta parte de propostas e preguntas, e o carácter das mesmas, dareille outro enfoque a esta entrada para dixerila mellor. Comeza a cousa cando tomo a palabra para a primeira consulta:

- Paco Calo (eu): Quería saber se a Xunta Electoral dou autorización para dar un mitin neste local? Está aprobado polos comuneiros cedelo para dar mitins mentres a veciños de Nebra se lles negou dúas veces? (ve-lo artigo: Local veciñal, de amigos ou do Bloque?).
- Presidente (P.): A Xunta Electoral non dou permiso para nada.
- eu: Quen dou permiso para dalo mitin aquí?
- P.: ¡Eu!
- eu: De quen é o local, do presidente ou dos comuneiros?
- P.: Se non o sabes! Non sabes de quen é o local? (mentres di estas verbas, fai un aceno despectivo levando un dedo á sen dereita).
- eu: Penso que é dos comuneiros.
- P.: Si, haber se o sabes.
- eu: Os comuneiros teremos algo que dicir nisto, non sei? Se o presidente me di que son o presidente e fago o que quero.
- P.: Que o que eu queira, non o dixen tampouco.
- eu: Acabas de dicir que fuches ti o que destes autorización.
- P.: Si...! E qué!?

Este "qué", provoca risas nun pequeno sector que non sabe de que vai a cousa, e menos comportarse. Tanto o presidente coma esa xente, deberon pensar que lle preguntara a quen cedera a súa casa e non o "noso" local. A forma xocosa de responder e o seu airado ton, fai que levante a voz.

- eu: Santiago non me fagas pasar... entendes? Ti non es quen, para darlle ao Bloque autorización para dar aquí un mitin no local!!.
- P.: Iso é porque o dis ti, ou por qué é!?
- eu: Iso é porque o din... os estatutos da comunidade e punto.
- P.: Que os estatutos da comunidade din qué...? Eu dei permiso para que viñesen poñer esa trapallada aquí e que viñesen dar a palilla aquí. Pedinlle permiso á Xunta Electoral...? noon, e non llo vou pedir (frase apupada por unha vogal: aí, aí).

Ás veces non é bo botala lingua a pacer. Na mesma asemblea podía facela calar con razóns de peso, pero caleime por educación. Educación e "intereses" son incompatibles, coido que se me pode entender por onde vou.
Artigo 8º.- Corresponde á asemblea xeral.
- Aprobar o outorgamento de cesións, arrendamentos, plans de aproveitamento e toda clase de contratos con terceiros.
Neste caso houbo unha cesión e ao mellor, incluso tiña que haber un contrato, para que a comunidade estivese libre de posibles responsabilidades civís. No caso que di o presidente, o permiso fora dado a copropietarias, non a xente sen vinculación coa comunidade. Palillar non é dar mitins políticos, polo que neste caso nomeala Xunta Electoral, sobraba. Era o que faltaba, que non lles dese permiso, e si ao seu partido.

- eu: Estás confundindo... estávos confundindo... estávos confundindo!
- P.: Vale!
- (intervén outro comuneiro) F.F.: Iso non é así, ao ser un acto político deben contar coa conveniencia de tódolos veciños.
- P.: Si, si, e se mo pedira o PP ou o PSOE, por suposto tamén o facía. Este é un local para os veciños.
- F.F.: Non se podía facer iso.
- P.: Si... si. Este é un local para os veciños e se o PP me pide permiso, tamén o deixaba. Tanto se estou afiliado (BNG) a un partido político como se non, pero bueno. A min se o PP me di se pode dar un mitin aquí, por suposto. Quen dou autorización a... para...? non sei se o Bispo... o Arcebispo. Pois fun eu... e qué? Non vén a conto. É dicir, este local é dos veciños, e os veciños como se son do Bloque, como se son da parroquia... isto non hai nada que discutir. Agora que a ti non che guste eu dea autorización porque é do Bloque, pois son problemas teus.
- F.F.: Non, non, o problema será dos veciños.
- P.: Dos veciños non, eu dou autorización para dar un mitin, para para facer palilla, para facer un curso que se vai facer aquí o martes, para unha reunión que non lembro (Medio Rural). A comisión de festas non tivo problemas para usalo local.

Prodúcese un largo debate por este tema é cando o presidente di que non lle negou o local á comisión de festas, volvo a intervir.
- eu: Estou falando de Afune, da Asociación Afune.
- P.: Por Afune falou o teu fillo e díxenlles que viñeran aquí e que fixeran o que quixesen.
- (intervén o secretario de Afune) T.C.: Eu pedín permisos e díxoseme que ata que o local estivese entregado non se me podía firmar papel ningún.
- P.: Pregunta ás mulleres se teñen unha resposta por escrito?
- T.C.: A min dixéstesme, eu déixocho sen papeis, pero o tesoureiro dixo que non se podía.
- P.: Entón non estas falando o que falastes comigo, se non, o que falastes co tesoureiro.

O problema que concirne a Afune, e de aí que lle esixisen autorización por escrito, é que cando querían o local para facer unha exposición de 3 días, na primeira ocasión o presidente díxolles que se neses días, por un casual, lles fixera falla o local, que tiñan que pasar ao soto. Algo para eles inviable, xa que non podían desmontar todo en horas. No caso do tesoureiro, a explicación foi que mentres non estivese entregado, non podían autorizar o uso, cando nese medio tempo se lle cedera a Medio Rural para unha reunión da parcelaria.

Para pechar este debate quédome cunha frase que repetiu insistentemente o presidente: «eu dei os permisos para usalo local», en ningún momento usou os termos que nos deciden, "a xunta reitora acordamos dalos permisos".

- (intervén outra ex-vogal) J.S.: Se alguén de fora quere vir das clases ao local e se se lle da permiso, se hai troco de directiva, a nova pode dicir que non poden seguir antes de acabalas?
- P.: No que apunta Paco e máis xente, habería que darlle algún papel... pero de momento estamos agora mesmo sen luz... estamos en obras... dar un papel, en fin, se esta facendo así un pouco.

A isto teño que dicir, e sentíndoo pola xente, que no pouco tempo que estiven de secretario tratei de poñer a vocais e comuneiros ao día, mentres a outros interésalles máis que sexan analfabetos. Isto pasa con demasiadas persoas que non teñen unha conciencia comuneira. Dixéralles que os acordos tomados por outras directivas son vinculantes, sempre e cando se aproben legalmente. Se se aproba unha cesión segundo os estatutos, a nova directiva ten que asumila. Caso diferente, por poñer un exemplo, foi que xente allea á comunidade fixese uso de instalacións nosas, como foi o mitin ou que a gandeiros amigos puidesen gardalos cabalos nos nosos peches.

Prosegue o presidente:
- P.: Se non hai máis preguntas, nós estamos os sábados no local, e pódense aclarar cousas e ter a preguntar porque se fai isto e por qué non o facedes mellor... por qué non convocades isto... así estamos máis a diario, sen que haxa que estar reunidos sempre.
- eu: Iso non vale de nada, as asembleas non se poden suprimir. O que se fai os sábados, si, esta ben, pero iso non pode suprimilas asemblea, iso é o que estas dicindo, suprimilas asembleas. O que facedes agora os sábados, foi o que empecei a facer no outro local, pero non se tomaban determinacións, falábase, que vos parece isto ou o outro, e despois levábanse á Xunta Reitora e á Asemblea Xeral, pero o presidente di que esta facendo facendo cousas que se aproban os sábados, como é iso?
- P.: Pero eu no vou a discutir 30 anos máis Paco.
- eu: Contigo si, 30, 60 ou 90.
- P.: Por prazos! Podémolo discutir máis veces, pero vamos pasar todo o día a discutilo.
- eu: Eu xa o digo, contigo 30, 60 ou 90.
- P.: Si, a min gústame discutir, pero que non toda las cousas e que iso xa está discutido.

Teño que facer un alto para ler o apartado da convocatoria onde afirma o que lle estou dicindo.
«Moitas persoas, con moi distintas opinións, falaron e discutiron con nós de moitos asuntos, e todo o que fixemos fixémolo coa colaboración dun grande número de comuneiras e comuneiros»

Sinto dicilo, pero isto non ten pes ni cabeza e descoñezo en que comunidades de montes, aplican este termino, pero mais ben supoño que en ningunha. Cando remato de dar lectura a esa cita o presidente inquire:
- P: Si, e que queres dicir?
- eu: (non me deixa explicar o que acabo de ler, pero sigo) Ti non podes suprimilas asembleas e tratas de poñerme á xente en contra e xa mo dixestes unha vez, pero ti non podes suprimilas asembleas. (Xa me ameazara con por aos comuneiros na miña contra, se non dimitía. Iso fíxoo no Bar Universal, co vicepresidente e tesoureiro de testemuñas).
- P.: Non suprimo nada e se as asembleas son coma esta, estupendo... pero creo que é a primeira asemblea que sucedeu isto.

Moi mala memoria ten, os problemas empezaron a xurdir coas asembleas "embarulladas", cando se negou a acatar en dúas o voto maioritario dos comuneiros que aprobaron os bancos da Igrexa. Como estaba en contra fixo o imposible para que a xente se cabrease e non foi ata a terceira asemblea, na que tivo que "claudicar" co que libremente votaban os comuneiros e comuneiras. A seguinte foi cando lle preguntaron porque se contratara persoal xubilado, sen contrato e sen seguro para traballar no monte e ese mesmo día, inda sendo secretario, informei aos comuneiros que o presidente non podía trocalo proxecto do local e adxudicalo sen unha nova poxa.

- P.: Hai que tomar decisións tódolos días.
- eu: Teño outra pregunta...
- P.: Contestación á túa pregunta se me deixas. Hai que tomar decisións tódolos dias...
- eu: Si, como lle jod...s o agro de meu pai, pero déixame facer outra pregunta...
- P.: Si, pero déixame falar tamén a min, xa esta recollido en acta que o falamos moitas veces, hai que tomar decisións tódolos días e non se pode facer unha asemblea para cada decisión que haxa que tomar, iso esta moi claro....
- eu: Non estou dicindo iso e sabes que no estou dicindo.
- P.: Iso esta ben claro?
- eu: Si.
- P.: Entón despois tomamos decisións, se despois a ti non che gustan...

En ningún momento, e sei o que digo, que para iso están as actas que pouco a pouco irei publicando, non discutín ningún acordo tomado maioritariamente nunha asemblea, discuto acordos tomados de forma caciquil. Como ben digo, o presidente non só discutiu acordos votados maioritariamente, se non que obrigou a votalos 2 veces porque non lle gustaba o resultado e conseguía que a xente se marchase "cabreada". Dende logo hai que ser cínico, fixeron o que quixeron co agro de meu pai, e temos que claudicar porque tomaron eles a decisión e como non nos gustou, temos que apandar. Nin en tempos da Ditadura, se deron estes casos en Nebra.

Fago unha nova pregunta, relativo a adxudicación a dedo dos 2 muros arredor do local, que presuntamente custou 12 mil euros e aínda esta sen rematar. Se vale mais, a Xunta Reitora non podía adxudicalo:

- eu: Ese muro que se fixo, cantos contratistas deron presuposto?
- P.: Ese?
- eu: O muro.
- P.: ... Non houbo contratistas que deran presuposto. Houbo como ben ti sabes, 3 contratistas...
- eu: Non, non.
- P.: A ver, contéstoche ou no?
- eu: Non, pregunto polo muro.
- P.: Houbo 3 contratistas, como sabes, que deron o presuposto para construílo local e decidimos na xunta reitora que en vez de abrir outro proceso deses que tanto che gustan a ti...
- eu: Non é que me gusten a min...
- P.: Non, non falarei.
- eu: Non, é que estas enganando e mentindo...
- P.: E ti, facendo o ridículo.
- eu: Non me tomes o pelo!! Non me intentes tomalo pelo. Non son cousas que me gusten a min, e os veciños sabédelo, os vocais o sabedes e calades... non vos digo como que... (calei certos cualificativos, por educación e respecto). Non son cousas que me gusten a min.
- P.: Pero eu teño máis que escoitarte que é o que... che ven á cabeza e, Paco. Eu marcho para a casa, que teño máis que facer que aguantarche. Ou te pos a funcionar!!
- eu: Máis teño que aguantar eu do bolsillo Santi, e non me fagas falar Santi.
- (outro comuneiro) H.P.: Un minuto, pero o que esta dicindo Paco, faise así como di el, queredes...

Non podo seguir redactando o desenlace da asemblea, porque abandono o local ante o carácter agresivo que usou o presidente comigo. Fora do local, pregúntolle ao vogal de Cornido:
- eu: Quen plantou os pinos no monte? A quen llo destes a dedo?
- J.R.: Eu non fun!
- eu: Hai non fostes! Pero queredes tomarme o pelo!

Decido achegarme ao secretario para facerlle a mesma pregunta.
- eu: Quen plantou os pinos no monte? A quen lle destes o traballo? Andades de "cachondeo" coa xente? Home non me jo..s, se Franco hai 30 anos que morreu.

Agardo que tódalas miñas intervencións consten en acta. Un comuneiro xa fóra do local dime que iso era Ditadura pura e dura, e que moitos están de acordo comigo, pero que calan a boca.
A pregunta clave pode ser, como é posible que un vocal e o secretario non saiban contestarme como se organizou a plantación de piñeiros?

En fin, desculpen a extensión da entrada, pero trato de que se entenda o porque dos problemas en algunhas comunidades, cando a política anda polo medio. Porque esta é a pura realidade. Dou por rematado o debate, aínda que no interior do local o presidente seguiu discutindo coa xente que opinaba o mesmo que min.
Estes son os muros dos 12 mil euros.

luns, 4 de maio de 2009

Estado de contas: 1 + 1 = 2

O tesoureiro pasou a dalo estado de contas, que non fai falla ser moi listo para facelas cadrar como tiven que explicarlle aos directivos.

Os investimentos ou gastos que non superen os 12.020,24 €, poden ser aprobados pola xunta reitora sen necesidade de que sexa aprobado pola asemblea xeral, en base a unha aprobación polémica da anterior directiva, xa que non especificaron se esa cantidade era para todo exercicio económico do ano ou para cada presuposto.
A diferenza é notable, xa que non é o mesmo que poidan gastar nun ano 12.000 € ao seu libre albedrío, que pola contra adxudicar 10 presupostos por esa mesma cantidade. Neste caso xa estaríamos a falar de que vinte comuneiros, decidan como e onde gastar 120.000 €, e o resto calen ou asintan.

Pero o máis grave e que algúns gastos mesmo sexan aprobados supostamente polos catro directivos. Cando eu era o secretario, xa se deran casos deses aprobados só por un ou polos tres e iso é o grave.

Todo gasto ou inversión na comunidade que supere os 12.020,24 euros, ten que ser APROBADO pola asemblea xeral. Outros gastos como poden ser subvencións, aínda sendo menor cantidade tamén teñen que ser aprobado pola asemblea.

No estado de contas pasáronnos un pago a un empresario por un valor de 24.165,37 euros por reparación de pistas. Revisando as convocatorias, non atopo ningunha que levase un punto no que aprobásemos, se procedía, efectuar eses supostos traballos.
Solicito a directiva que se me informase en que acta consta que os comuneiros aprobásemos eses traballos. Din que si, que foron aprobados. Pois ben, que falen as actas.

Intervén José Lojo, apoiando a miña iniciativa e lembra que nos anteriores estatutos, as directivas para mover máis de 5.000 ptas tiña que ser aprobado pola asemblea.

O tesoureiro levantando a voz, diríxese aos comuneiros para dicirlles que sei perfectamente que están todo los sábados no local para ir miralas contas e acúsame de ir a asemblea a armar escándalo. Isto facía tempo que no escoitaba de boca duns directivos, que facían o mesmo para esquivalas preguntas.
Tomo a palabra para explicarlle que teño dereito a esixir esa información na asemblea e que por mor do meu traballo, no estou na parroquia sábados ou domingos.
Humberto Piñeiro, diríxese a directiva para dicirlles que están facendo gastos ao seu aire. O presidente di que é xusto o que digo eu e José Lojo, e que é verdade que non poden superar eses gastos, pero Humberto Piñeiro, di que si o están facendo. O presidente respóndelle que é o que di el, pero que non é correcto.

Afirma que o único gasto que fixeron de acordo con eses 12.000 euros, foi acondicionalo arredor do local e que iso tiñan dereito a facelo. Di que non lembra en que asemblea se aprobou o gasto motivo da miña pregunta.
Insiste en que os gastos teñen que contar coa aprobación dos veciños e Humberto Piñeiro, dille que non se fixo. O presidente eludindo a aseveración, di que as pistas están executadas.

Meu pai interpélao sobre a pista que lle abriu no agro e lémbralle que o fixo sen pedirlle permiso, que a fixeron pola súa conta e que nin tivo a decencia de facerlle un acceso. Resposta que iso non era así, e que o que se discute, é que eles pensaban que si había permiso (sic).

Insiste que así está recollido (non sei a que se refire, xa que non hai ningunha acta ou asemblea onde se aprobase abrila) e que pensaron que tiñan o permisos dos propietarios. Meu pai dille que a el non se lle pediu e respóndelle, que eles contaban que si o dera. Meu pai tamén lle lembra que a algún veciño foran pedirlle o permiso despois de abrila pista.

Neste momento o presidente xa pasa as mentiras ao dicir que esta recollido en acta e que eu quedara de pedilos permisos. REPITO, non hai ningunha acta onde se reflexa iso, como que non existe ningunha acta onde se aprobase a pista. O presidente segue nas súas e insisten en que pensaron que si había permisos, que non van a discutilo outra vez e que xa está todo falado.

Dóusenos conta dunha axuda de 4.000 € ao equipo de fútbol. Se na asemblea digo algo seguro que tal e como me sucedeu despois, os presidente tentaría por aos comuneiros na miña contra, aducindo que estou en contra dos rapaces que xogan ao fútbol. Non sei cantos comuneiros son agora socios do equipo, pero á ultima asemblea a que fun só acudín eu e tres directivos, pero este non é o tema, como tampouco explicar porque me dei de baixa.

A cuestión é que para aprobalos bancos da Igrexa onde hoxe se sentan tanto os que aprobaron dita inversión, coma os que estaba na súa contra, tivemos que facelo en tres asembleas, porque o presidente non acatou o resultado das dúas primeiras, xa que o seu posicionamento era votar en contra. Aínda que ao final non lle quedou máis remedio que "achantar".

Segundo explicou o presidente a un comuneiro, a comunidade tamén aprobou a edición do libro que denuncie nunha entrada anterior. Subvención tampouco aprobamos os comuneiros.

O balance anual dou un resultado de 110.158,49 € gastados, e 69.676,39 ingresados.

Non se solicitou a aprobación das contas e tampouco se podía facer, ao non presentala directiva antes a acta de referencia, para sustentalo gasto dos 24.165,37 €.

O meu voto seria negativo, xa que hai moitas partidas económicas que presuntamente nin foron aprobadas con anterioridade polos vocais.

domingo, 5 de abril de 2009

Medio Rural denega subvención para un mirador en Marraxón (Sillobre)

Sendeiros Feneturismo

Nunha carta ao Director en La Voz de Galicia, o presidente da Xunta de Montes Veciñais de Marraxón (Sillobre), informa aos seus comuneiros a negativa de Medio Rural para concederlles unha subvención e poder realizar o ambicioso proxecto que tiñan proxectado nunha área recreativa.

Como é posible que directivos, xunta reitoras e comunidades que actúan ao marxe da legalidade consigan subvencións das administracións (Xunta de Galicia, Deputación, Concellos) ou que lles fagan pistas "gratis", como pasou en Nebra e a outras se-lles deneguen esas mesmas axudas?

Non sei se esa comunidade cumpría os requisitos para acollerse a subvencións, pero independentemente diso, parece que houbo un trato discriminatorio e de vulneración da legalidade.

Déixolles as ligazóns para que poidan comprobar o dobre raseiro que se usa cando hai un claro favoritismo ao manexar o diñeiro que é de todos

Medio Rural denega subvención para miradoiro en Marraxón: Cartas ao Director

A Xunta denega a axuda a un proxecto para repoboar monte queimado en Rianxo

Isto é para que algúns vexan claramente como actúan outras directivas para facelo mesmo que fixeron aquí, pero respectando escrupulosamente a legalidade vixente e as propiedades privadas. No sei si conseguiron os permisos, recibiron subvencións, ou Medio Rural actuou como en Nebra.

Os comuneiros de Tal solicitan o apoio veciñal para ampliar os accesos aos montes

domingo, 29 de marzo de 2009

Asemblea da Organización Galega de Comunidades de Montes

No incomparable marco do Mosteiro de San Rosendo de Celanova (Ourense), a Organización Galega de Comunidades de Montes na que Nebra esta adscrita, celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria. Previa consulta á súa Xunta Reitora e resposta dos seus directivos, acudín en calidade de comuneiro. A asemblea comezou as 10:30 da mañá e rematou as 14:00. A única representación de Nebra chegou ao fío das 12 do mediodía.

Todo o relatado é froito dos meus apuntes. Pido desculpas se a fiabilidade non é do 100 %. Debido á falta de micro no público e os fallos do son da mesa, pode haber datos imprecisos ou incorrectos.
A ter en conta que isto é unha mera información, a oficial será aportada por la Organización, se ten a ben a nosa Xunta Reitora pasala.

O comuneiro que queira informarse de como funciona a Organización Galega de Comunidades de Montes pode visitala súa web: http://orgaccmm.org

Orden do día

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Altas e baixas.
3.- Informe de xestión, e aprobación, se procede.
4. a). Estado de contas, e aprobación, se procede.
b). Proposta de cota 2009, e aprobación, se procede.
5.- Campaña para a devolución dos montes veciñais pendentes de elo.
6.- Campaña para solicitar a convocatoria de elección do representante das comunidades de montes no Xurado Provincial de Ourense.
7.- Proposta para a creación de parques intermedios para a venta de Madeira.
8.- Constitución da comisión Organizadora do IV Congreso Galego de Comunidades de Montes.
9.- Propostas e preguntas.

1º.- Aprobase por unanimidade.

2º.- Informase dunha baixa e varias altas, que se aproban por unanimidade.

3º.- Aprobase por unanimidade e o presidente fai unha retórica, no senso de que as accións da Organización centranse demasiado na provincia de Pontevedra en detrimento das outras, quizais segundo el, en que é en esta onde hai unha maior conciencia do sentir comuneiro. Di que en Pontevedra se fixeron máis cursos na formación de comuneiros e membros das xuntas reitoras. Pide de novo a implicación de toda las comunidades e que un bo momento era agora, coa preparación do IV Congreso da Organización.< Tamén explicou o intento da Xunta de Galicia de plantar arbores coa soa finalidade de usalos como biomasa, algo ao que se opuxeron.

4º.- Aprobado por unanimidade. Dase conta entre outros ingresos, que Caxainova colabora con 200 € coa homenaxe aos Mártires de Sobredo. Das 126 comunidades adscritas, están ao día nos seus pagos sobre 80, algunha no paga debido a que non dispón de fondos e polo tanto, están excluídas. Unhas 60 son colaboradoras ou simpatizantes. Unha comunidade propón que as comunidades deberían declarar as súas Has. para desta forma saber quen pode pagar máis ou menos. O presidente di que non lle parece ben, que a Organización non naceu para fiscalizar as comunidades e que estas son libres de actuar sen imposicións da Organización. Querese seguir coa actual cota de 130 € e unha comunidade propón para equilibrar gastos e ingresos, aumentala. Informase que o desfase nas contas deste ano, é debido a que aínda non se contabilizaron os ingresos pendentes das subvencións a cobrar e tamén que varios membros da Xunta Reitora anticiparon o diñeiro para facer fronte aos pagos dos cursos. A Comunidade de Xuño (Porto do Son) intervén para preguntar, a que fora debido o desfase en contra entre o ingreso e o pago das comidas na anterior asemblea? O tesoureiro di que o servizo foi un catering e que tiveron que pagar todo los pratos encargados, que faltou xente inscrita e que por outra parte, ao igual que fan a onde van invitados, sempre se paga a comida dos invitados. O desfase foi de 4 comidas, 120 €. Opinase que co novo goberno na Xunta de Galicia, vai a haber menos axudas de cara a subvencións tal e como pasou en anteriores lexislaturas.

Nota do autor: Non é unha crítica, é unha opinión persoal, pero creo que a veces debemos ser un pouco máis comedidos cando tocamos política. Suponse que na Organización participa xente con variada ideoloxía. Coidoo que debemos dar unha marxe de confianza as novas autoridades e tempo teremos a criticar se non o fan ben.

San Estebo de Parga propón subila cota a 150 € e Xuño (Porto do Son), vai a máis ao pedir que paguen as comunidades que no o fan, excepto as excluídas. O presidente di que lle gustaría que así como hai debates co tema das contas, que os houbese tamén noutros puntos. Xorde de novo o intento de que as comunidades paguen en relación as Has. O presidente replica de novo que a cota debe ser única para todos e pon de exemplo, que se unha comunidade traballa o monte e outra non o fai, o normal é que a primeira teña mellores ingresos.< Sometese a votación as dúas propostas: 150 € obtén 11 votos. 130 € obtén 20 votos. Hai 2 abstencións.

5º.- Aprobase por maioría despois das explicacións dadas por la recen elixida vocal no Xurado Provincial de A Coruña. Calculase que actualmente hai sobre 400.000 Has. de monte comunal sen clasificar e que mentres no estean clasificados, non se poden considerar comunais e que moitos deses montes están aínda en mans dos Concellos e que non fan nada incluso cando veciños, inmobiliarias e outros grupos se van apoderando pouco a pouco deses terreos. Tamén di que non queren clasificar montes de menos de 1 Ha. e que nalgúns casos, son os Concellos os que se opoñen.

6º.- Aprobado por unanimidade. O presidente explica que a administración está actuando prácticamente de oficio en moitas comunidades que manteñen o Convenio e di que iso non é o correcto, que son as comunidades as que deben decidir e aprobar nas súas asembleas o que se debe facer nos sus montes. Esto ven a ratificar o que denuncie nunha entrada, onde Medio Rural en conveniencia con algúns directivos da nosa comunidade abriron ilegalmente esta pista.

7º.- Aprobase por unanimidade e informase de que a administración non estivo pola labor de crealos parques de madeira, algo que os madereros vían con bos ollos. Pretendese crear dous parques deste tipo.

8º.- Pídese a implicación dos comuneiros na preparación do IV Congreso da Organización e Nebra pregunta se se poden inscribir comuneiros que non sexan directivos. Din que si e tamén se fala de aproveitar o plan LEADER para clasificalos lindes onde no estean claros.

9º.- Criticase os plans de personaxes que se posicionan a prol de que os montes volvan a pasar aos Concellos: Faro de Vigo. Redondela pide o apoio da Organización para posicionarse na contra da intención da COTOP de construir unha nueva autovía A57 de Redondela ao Confurco. Aprobase por unanimidad facer un manifesto i entregarlo á prensa. Catro años despois volvese a propor de novo insistir en pedir la derogación do Imposto de Sociedades e pidese falar co PP, PSdeG e BNG, para facer un fronte común no Parlamento español. Unha comunidade propón a creación de catro vicepresidencias, unha por provincia para dar máis vida á Organización, para unha maior representación e que poidan ter unha reunión mensual. O presidente propón que presenten un escrito e o pasen á Xunta Reitora, para poder levalo a unha nova asemblea, xa que dita proposta implicaría o troco de estatutos. Outra comunidade explica que ten problemas para optar as subvencións da Concellería de Medioambente, porque lles piden que teñen que declararse Sociedade Protectora de Medioambente e o presidente di que nalgúns casos hai que estar rexistrados.

Sen outros asuntos que tratar, rematou a sesión.

mércores, 25 de marzo de 2009

Por que a directiva se nega a acatar unha sentencia?

Onte salia publicado como o alcalde de A Pobra veuse obrigado a acatar esta sentenza xudicial: Unha sentenza provoca a destitución dun policía local de A Pobra.

Corría o ano 1993 cando a comunidade quixo permutar a leira onde na que hoxe temos construído o local social para atender unha promesa do Concello para de facernos un parque infantil. A Xunta de Galicia non permitiu a permuta , polo que a xunta reitora decidiu comprala. Unha vez adquirida, non se sabe por que, o Concello xamais construíu o parque. Até que pasado case un ano a xunta reitora decidiu construílo local nela, en vez de facelo como esta aprobado nun principio, en terreos comunais da Perdigueira.



Na acta do 8 de maio de 1994 podemos ler:
«El Presidente presenta el proyecto a los vocales y también informa del presupuesto que le pusieron en el colegio de arquitectos. Donde dice a los vocales que de ese presupuesto es cuando tienen que los contratistas dar los presupuestos cuando se ponga en público.
El presidente también informa de que se ha pedido una subvención a la Diputación para esta obra, y otra subvención para adecentar lo que es el patio de la Iglesia con balaustrado de piedra para todo el muro del cementerio y otra para las cunetas de la pista de Castrallón.
De todas estas subvenciones consta la documentación en esta directiva.
Con respeto a la obra del local social, el presidente dice, que él más que una obra, la considera una inversión parroquial de comuneros y dice que una obra como esta que si algún día por cualquier circunstancia la parroquia tuviera la necesidad de acordar en venderla que siempre tenía un valor.
A estas palabras interviene J.O.C, donde dice que los comuneros no podían vender tales obras».
Curiosamente a balaustrada do cemiterio, e as beirarrúas xamais se fixeron, a pesar de que en teoría, todo se aprobaba legalmente.

Nesa asamblea estivemos tres comuneiros clasificados como opositores e chocounos empecinamiento do presidente por ese afán de vender algún día oel local, polo que me fixeron recapacitar as verbas de J.O.C: «que los comuneros no podíamos vender tales obras» e outra que non recolleu na acta a secretaria: "hay un documento notarial que nos impide vender la finca". E tampouco se molesto en recoller a incrible resposta do presidente: "un padre hace y deshace un testamento las veces quiere".

Estaba á claro que aquí non estábamos ante un testamento, pero a dubida era, si había un documento que que impedía a venta do solar e que nunca se presentou aos comuneiros, como se ía poder vendelo local?
A raíz de esto decidín achegarme á nota e cal non seria miña sorpresa ao comunicarme o notario que non podía mostrarme o documento, porque era privado. ¿Cómo podía ser privado, si sempre se nos dixo que a comunidade había comprado a leira por 851.000 ptas? Algo non "casaba!!!

Na asemblea xeral celebra o 21 de maio, na que para poder contar con quórum un vocal mesmo tivo que desprazarse á Igrexa na procura de comuneiros.  Pódemos ler.
«El presidente explica a los comuneros del proyecto del local social.
En estos momentos los comuneros discuten sus opiniones, el presidente también presenta la copia de los papeles de la subvención pedida a la Diputación de A Coruña, para la obra que se pretende realizar.
El presidente insiste en explicar de como se puede llevar a cabo tales obras ya que se trata de una obra de un presupuesto bastante grande.
Dice que si los comuneros lo ven conveniente, que incluso se puede llevar en fases.
Cuando el presidente termina de decir estas palabras interviene J.M.CP, donde dice que él no quiere que ese local sea vendido, si no que quiere que quede para uso y disfrute de todos los vecinos en caso de que algún día la comunidad desaparezca.
Al terminar estas palabras le pide al presidente la documentación de la finca. El presidente se la entrega y J.M.C.P, también enseña una copia de tal documentación y empieza a dar lectura del mismo a los comuneros presentes, donde a grandes voces dice, de primero ya empezamos que esta compra está hecha para 6 personas que aquí como todos podemos observar constan en este documento.
Luego sigue leyendo y dice, comuneros como todos los presentes podéis comprobar, esto es un tapujo y un robo manifiesto que todos lo estamos viendo, puesto que si en el documento pone donado, ¿cómo puede la comunidad pagar cantidad alguna? Y dice, esto se nos está haciendo día a día.
A.R.A también a grandes voces, comuneros, ahora podéis dejar bien claro de que así es como esta directiva está robando a la parroquia de Nebra.
Y F.C.G dice en qué lío está metida esta gente, refiriéndose a los cuatro de la directiva.
Estos 3 señores que aquí constan, son las personas que en todas cuantas asambleas se celebran en esta comunidad de montes nunca respetan las aprobaciones que se llevan a cabo siempre por mayoría.
El presidente pide silencio, porque se forma un gran tumulto de voces, donde dice a los 3 señores mencionados que él se comprometía a traer el notario que había hecho el documento y un abogado para que diera explicación a la gente, si es falso como ellos lo pronuncian o legal, con las siguientes condiciones, si es falso -dice el presidente-, los gastos que se ocasionen los pagan las personas que constan en el documento y si es legal, los gastos que se ocasionen los pagaréis vosotros, puesto que sois los responsables de decir que ese documento no está bien hecho.
Carleos dice que el notario que lo hizo, que no era notario ni era nada; que también lo podía hacer mal, puesto que no era abogado ni juez ni nada.
Los comuneros todos quedan satisfechos de las palabras que pronuncia el presidente».

Obvio dicir que a acta foi todo un cúmulo de falsidades, mais a pesares de todo pregunto, por que no acataron o que recolleron nela?

Porque día despois a presunta donataria fai un novo documento que temos que pagar de os comuneiros?

Fíxense o que declaran no Xulgado de Noia sobre notario. A miña dúbida é, ¿non eran maiores de idade para saber que o notario non eran quen de imporlles nada?
O máis incrible é que 8 días despois, noutra asamblea con carácter urxente reúnese de novo a xunta reitora, para denunciarnos. Denuncia que nunca levaron acabo, a pesar de pagar con fondos da comunidade 100.000 ptas ao seu avogado como provisión de fondos.

«El presidente pregunta a los vocales de como se va a llevar a cabo la construcción del local social de montes.
Después de los vocales dialogaron unos con otros el acuerdo final es el siguiente. Por falta de recursos económicos para poder cubrir la totalidad de la obra, acuerdan que sea llevada por fases. Donde dicen que la primera fase sea la estructura cubierta con tejado.

Tercer punto: Con respecto a este punto, los vocales que en estos momentos se encuentran presentes en la asamblea, después de marcharse J.O.C y la abstención de las vocales M.E.O.T y M.J.R.M, los dieciocho restantes se pronuncian a favor de que se interponga una denuncia con abogado y procurador frente a los responsables de las imputaciones hechas al presidente y miembros de la junta rectora en la anterior asamblea.
Supoño que neste caso mellor asesorados que coa doazón decidiron dar marcha atrás, pero nunca devolveron eses cartos, nin os excompañeiros fixeron nada por recuperalos cando lles amosei o documento
Los vocales también solicitan a la directiva, que tomen decisiones con respecto a la denuncia hecha a la anterior directiva, porque dicen, que como consta en acta de una asamblea general la conformidad de llevar a cabo tal denuncia, que se debe llegar hasta el final y dicen de buscar un abogado para negociar con él y llegar a un acuerdo de ir al tanto por cien del dinero que se puede llegar a percibir».
Outro acordo de "palla", que non reportou nada á comunidade, tal vez porque os demandantes xa cobraran por anticipado sen haber unha sentenza condenatoria contra os querelados.

Pasou o tempo e como antes de cesar coma directivos, non fixeron nada por anulala doazón, decidín pola miña conta, defender os meus dereitos e implicitamente os da comunidade, presentando unha demanda contra todos, con sentenza favorable.

A sucesivas directivas que pasaron no fixeron nada por acatala, pero tampouco ocuparon a leira. Foi agora con este presidente que prometeu acatala, pero que, para gañar tempo quería comezalas obras do local para que os comuneiros visen que se facía algo. Accedo sen por impedimentos, pero cando observo que non cumpre a súa palabra eu que por varios motivos doume de baixa no partido que militábamos, Comunicamen que non fadará nada e que faga o que me plazca que los comuneiros tomaran buoa nota.

Esta mesma ameaza foi a que usou para expulsarme da secretaría e o de non acatala sentenza, para impedirme recuperalos cartos que me custou recuperalo solar. Iso si despois tivo, tiveron o valor de manifestar que lles parecía demasiado o que reclamaba.esquecéndose que no seu día todos miraron para o outro lado e agora só lles interesou recollelo froito sen traballalo.

Tal e como manifestei noutras entradas, con estes xestores teñen máis dereitos xente allea á comunidade polo mero feito ser amigos, ou o partido do presidente para dar mitins no noso  local.

Copia da sentenza. Para pedir a súa execución tería que meterme en máis gastos, e xa estou canso de tirar alegeemnte do diñeiros.

Ao presidente, foille máis doado en conveniencia con Medio Rural expropiarlle o agro a meu  para cruzarllo con unha pista, sen dereito a unha indemnización, nin haberse aprobado en ningún órgano da comunidade.

luns, 19 de xaneiro de 2009

Cabalos en zona excluída


Hoxe cando de novo tiven que visitar o agro de meu pai, onde lle cortaron toda madeira sen haber vendido, divisei na Capela do Vello un grupo de cabalos que alguén dirixía monte arriba.

Dende fai uns anos, en virtude do acordo auspiciado pola Xunta de Galicia entre os gandeiros e a comunidade de montes, cando gobernaba o PP, pechouse parte do monte para impedilo paso dos animais ás zonas repoboadas e ás excluídas para o pastoreo.

Non é a primeira vez que denuncio na miña bitácora este feito e de como están desfeitos os pasos canadenses polos que libremente cruzan estes animais. Pois nada, seguimos como antano, repoboando e repoboando para que os animais destrúan todo e algunhas empresas, facendo o seu "negocio" co visto e prace da Administración e os directivos.

luns, 5 de xaneiro de 2009

Apropiación indebida no monte comunal?

Cando onte xunto co Xefe do Distrito nos acercábamos á propiedade de meu pai para tratar de mirar o desaguisado cometido pola Directiva, o Distrito e Medio Rural, o cruzarllo coa pista (ver entrada 18 de maio de 2008) sen o seu coñecemento e permiso, encontramos que toda madeira que tiña habíalle desaparecido.

Pola tarde acudo novamente ao sitio para falar cos responsables da apropiación, encontrándomos cortando no monte comunal. Advírtolles que se habían apropiado de madeira en varias propiedades, entre elas a de meu pai e que nese momento estaban cortando no monte. Proseguiron coa corta tal e como se pode ver na primeira foto, a pesar de dicirme que só lle habían comprado a privados.

Na segunda foto pode verse o muro que delimita a propiedade de Manuel Maneiro co monte. Este veciño comentoume que vendeu a súa madeira, pero que lles mostrou os lindes da súa propiedade co monte.

Onde están os membros da Xunta Reitora e o garda que no ven estes feitos?


domingo, 12 de outubro de 2008

Extraído da web de Afune:

Asístenos o dereito de recoñecer e reclamar unha parte da nosa historia, as xeracións vindeiras deben coñecer a verdade do acaecido aquel 12 de outubro do ano 1916, a represión da garda civil fronte os veciños de Nebra, dispostos na ponte de Cans para facer oposición ao cobro forzado dun deficit imposto polo concello para salvala súa situación de endebedamento.

O acto organizase ao pé do monolito colocado no ano 2001, na conmemoración do 85 aniversario daqueles feitos. Veu substituindo a un xa existente que se erixida ao pouco da cruenta páxina da historia de Nebra, pero que desapareceu, como desapareceu aquel suceso da lembranzas dos veciños, nun silencio que chegou ata fai 9 anos.

Queda pois, darlle nome aos caidos naquela triste mañá de xoves:
Antonio Sobrado Luaces (54)
Francisca Carou (50)
Ramona Suárez Pouso (54) (fina o día 15)
Xenerosa Vidal (-) (fina o día 15)
Rosa Cadórniga Maneiro (-) (fina o día 15)

mortos en días posteriores polas feridas recibidas:
Segundo Piñeiro Filgueira (19)
Manoel Paredes Romero (59)
Lorenzo Mariño Maneiro (45)
Xoan Laranga Maneiro (56)
Ramona Caamaño Barros (20)
Xenerosa Lago Tomé (24)
Rosa Maneiro Loxo (32)
Socorro Santamaría Piñeiro (16)
Roque Maneiro Sieira (52)

e 30 máis, con feridas menos graves.

sábado, 14 de xuño de 2008

Nota exposta aos comuneiros no taboleiro de anuncios

Menos criticar, máis estudar e mellor gobernar
Á vista das infundadas “criticas” vertidas polo presidente contra os comuneiros e comuneiras presentes na Asemblea Xeral Ordinaria, engadidas á convocatoria do 15, agardo que o secretario (coma deber seu) recollese fielmente o que de verdade aconteceu para que os non presentes coñezan a verdade.
Os presentes nesa asemblea deben ser conscientes que se a acta non reflexa a verdade do acontecido e segue os “ditados da convocatoria”, pode resultar que a culpa do acontecido foi toda dos comuneiros e non dos directivos. 
É moi importante atender a lectura da actas para saber o que se vai aprobar, porque unha vez aprobadas é o único documento do que en “teoría” aconteceu. Despois si que non valen os “contos na taberna”.
Máis estudar os estatutos
Nesta convocatoria vulnéranse 2 artigos dos nosos estatutos, polo que mesmo se pode considerar “ilegal” e non ter validez nada do que se aprobe.
Art. 7º. 2.- … Con carácter extraordinario, podrá convocarse Asamblea General a iniciativa de la Junta Rectora o a petición de un mínimo del 20% de los comuneros.
Segundo me comentou un vocal, foron convocados a unha reunión urxente o pasado día 8 para entregarlles a convocatoria. Ante isto pregunto, para que están os vocais, se nin tan sequera contaron con eles para convocar esta asemblea?
Art. 7º. 4.- … La convocatoria de Asamblea General se hará con un mínimo de diez días de antelación, (…) …y exponiéndose en el tablón de anuncios del Ayuntamiento, (…).
Ao Concello foi levada a última hora do venres 6, tal é como se pode comprobar.