Amosando publicacións coa etiqueta PP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PP. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de abril de 2017

Que sorte pode ter este alcalde comunista se lle sae ben a "xogada"

O alcalde de Oleiros abre unha colecta para pagar a indemnización á xuíza

O alcalde quere reunir así os 30.000 euros e anuncia unha iniciativa legislativa popular

En virtude das restricións legais para poder seguir lendo a nova deben pulsar: Aquí

Como xa teño escrito levo anos reclamando os gastos que me causou a Comunidade por recuperalo solar onde construímos o local da Comunidade, xa que cando se comprou por 851.0000 Conseguín facerme co documento «non se expuxera publicamente nunha asemblea» e abraiado descubro que era unha doazón encuberta a nome de 6 ex-reitores, que unha vez descuberto o amaño, de novo de costas aos comuneiros obrigaron  á vendedora a facer un novo documento, que como non podía ser doutra forma pagaron con fondos da comunidade. Todo isto feito ante un Notario que debeu sacalo título nun País do Terceiro Mundo. O que non é motivo de desculpa para os que aceptaron estampar a súa sinatura na doazón encuberta... será que en España hai moitas Infantas?

O malo foi que o xuíz, a pesar de que esa xente redactou na acta que se o documento estaba ben feito, correría pola súa conta facelo novo e deixaron correlo tempo até que fronte a el, non se lles ocorreu outra cousa que botarlle a culpa ao Notario, porque como non tiña idea de como pecharan o negocio coa vendedora, non foi denunciado, xa que xunto con outro comuneiro a súa versión era outra. En resumen que por achantarse á demanda o xuíz, perdooulles as costas, impoñéndolle unha 7ª parte á vendedora, por non presentarse.

Vamos que alguén tenta roubar algo e a única forma de devolvelo é porque os denuncian, para a xustiza é un eximente, cando antes tiveron un par de anos para regulalo documento. Entón porque hai xente que por pequenos furtos cando estaban enganchados á droga, unha vez rehabilitados e incluso con familia tiveron que entrar na cadea? Temos o caso moi recente de esta nai: A muller foi condenada a un ano e nove meses por falsidade e a outros seis meses por estafa.

Como se pode comprar un ben con fondos de tódolos comuneiros e poñelo solo a nome de eles e de varias das súa xeracións, e que neste caso se librasen, a pesar de constar en actas que en todo momento estiveron asesorados por un avogado, que foi o mesmo que defendeu a 5 contra min?

No seu día, coincidindo con novos reitores na Comunidade da cor política e rama familiar de esa xente, casualmente acudiron a ese mesmo avogado, para dicirme canto é o que segundo ambos teño dereito a cobrar, mentres eles por non facer nada, como xa tiñan acceso directo a fondos da comunidade, cobraron dietas....por tocarse simplemente os güevos... así de claro!!!

E para rematala a pesar da promesa de regular dita situación o derradeiro ex-presidente nunha asemblea da xunta reitora, prométeme o pago... obrigándome uns meses despois a abandonala secretaria, agora coñecéndoo ben, non me estraña, porque nun tema privado deume ben, a sensación do paxaro que é. Algo que un ex-compañeiro ten constancia nunha reunión que tivemos no Portofino, porque xa lle cheiraba o asunto e non era menos tratándose de 2 porcos.

Uns e outros nesta entrada neste outro blogue demostran ás claras o que son a pesar de militar en partidos tan antagonistas.

Eu desde logo aínda cobrando un subsidio por incapacidade, xamais se me pasaría pola cabeza, facer o esperpento de estes alcalde cabeza, ou como eles facer desaparecer ou quedarme con móbiles.

Quero supoñer que estes non lle deron ren: Oleiros advirte por última vez a 404 veciños de que lles embargará bens si non pagan os seus impostos

Nota: a foto do encabezamento vai un pouco con retranca.




martes, 14 de xuño de 2016

O que contan os Programas Electorais 2016 en materia forestal

Noticias Forestales / Forestry News: A continuación móstrase textualmente o que indican os respectivos Programas Electorais dos 4 principais partidos políticos para as eleccións de xuño 2016 sobre materia forestal
Actualización 04/12/2019: A petición expresada no noso correo de contacto, engadimos o seguinte texto:

«España, líder europeo en el plan integral que define los objetivos de disminución de emisiones de gases de efecto invernadero, de inclusión de energías renovables y de eficiencia energética (PNIEC).El Plan Nacional Integrado de Energía Y Clima o PNIEC (en inglés, National Energy and Climate Plans, NECPs) consiste en un plan que recoge las metas y objetivos de cada uno de los países miembro de la Unión Europea en lo que al cambio climático respecta, en congruencia con lo pactado en el Acuerdo de París, así como medidas de eficiencia energética, las metas nacionales de reducción de emisiones de gases de efecto invernadero (GEI) y la integración de energías renovables, entre otras varias cuestiones».


Actualización 08/01/2020: A petición expresada no noso correo de contacto, engadimos o seguinte texto:


El Gobierno de coalición Sánchez-Iglesias tiene mucho trabajo que hacer en materia energética. De momento, el pacto Sánchez-Iglesias ha acordado llevar a cabo las siguientes propuestas:

  • Aprobar una Ley de Cambio Climático y Transición Energética basada en el Plan Nacional Integral de Energía y Clima (PNIEC).
  • Aprobar el Estatuto del Consumidor Electrointensivo (medida que consiste en una serie de compensaciones que ayudará a amortiguar el encarecimiento de los derechos de emisiones de CO2).


No obstante, son muchas las cosas que quedan aún por hacer y los expertos piden, como por ejemplo:

  • Decir el importe a pagar por parte del consumidor para cubrir gastos del sistema (después de que la UE obligara al gobierno a separar los peajes, ahora a manos del CNMC, y el resto de cargos.
  • Definir los parámetros retributivos de las instalaciones renovables. Si no lo hacen antes del 29 de febrero, las renovables no recibirán la retribución económica que les corresponde.
  • Hay procedimientos de operación pendientes de ser publicados en el BOE, a pesar de que ña Secretaría de Estado de Energía aprobara resoluciones que incluían una serie de procedimientos para el autoconsumo.
  • Otro Real Decreto, el de Acceso y Conexión, sigue aún pendiente de aprobación.

luns, 3 de setembro de 2012

O Estado quitará os bens comunais dos pobos?

Montes Comunais
As xuntas veciñais dos pobos cepedanos, como os doutros puntos de España, perderán as propiedades e comunais en virtude do texto dun anteproxecto de lei aprobado polo goberno de Mariano Rajoy o 13 de xullo pasado.

Montes comunais, antigas escolas, dereitos de caza, madeiras… todo o que foi propiedade comunal deixará de selo en virtude dun texto que desmantela as xuntas veciñais.

Todo iso pasará a ser administrado por outros, probablemente A Xunta ou a propia Deputación, co que non se pode descartar a posibilidade de que se acabe entregando a empresas ou particulares para a súa explotación, mediante algún tipo de acordos ou convenios…. En definitiva, unha desamortización dos núcleos rurais para a administración dos bens por políticos, empresarios ou burócratas.

Desta forma, un inmenso pedazo de España vai ser arrincado aos seus propietarios, sen xustificación, á vez que se anulan institucións con máis de 2.000 anos de funcionamento, no que se perfila como o maior roubo do século XXI.

E ese asalto ao alleo produciuse case sen escándalo público porque leva a cabo nos núcleos rurais, envellecidos e silentes, e a través dunha legalidade coa que se quere aparentar maior racionalidade. Roubo e esquilmación da historia.

Os núcleos rurais do norte de España empezaron a tomar conciencia do asalto gobernamental e están a empezar a realizar asembleas para informar o anteproxecto pola cal se queren eliminar as competencias das Xuntas Veciñais.

Desde tempos romanos pervive nestes lugares do norte unha institución, o Consilium, traducida no noso tempo ao Concello, que é a asemblea que se reúne periodicamente para rexer os asuntos importantes do lugar. Alí apróbanse as curtas dos bosques, os dereitos de pastos, de cultivo e de caza, a administración das propiedades do lugar… é un Parlamento do pobo, no que cada habitante ten un voto.

Goberna a Xunta veciñal un presidente, tamén elixido periodicamente por votación popular. E esta Xunta encárgase de multitude de aspectos de atención aos recursos e necesidades da veciñanza. E cando fai falta diñeiro para arranxar algo ou para axudar a alguén se establecen cotas que todos subscriben.

Todo ten unha base de administración democrática de dous mil anos, e que serviu para defender os dereitos de cada un dos veciños.

…E agora imos a outro capítulo importante. Todos os recursos comunais pertencen a todos e adminístranse por todos. Os campos distribúense equitativamente entre quen queren traballalos, igual que as madeiras ou os dereitos de pasto… e exponse anualmente todos os detalles da explotación.

Coexiste así no campo unha explotación privada, de orixe latina, cunhas exploracións públicas, de marcada influencia xermánica (invasións bárbaras) o que dá ao pobo un elevado equilibrio social. Un campesiño poida que non teña moitos terreos privados, pero do público correspóndelle unha parte igual que a calquera outro. De feito, as partes distribúense por unha comisión, numéranse e entréganse por sorteo.

Pois este sistema milenario, democrático e igualitario de repartición de bens acábase por unha normativa que propuxo o Goberno Español este mes de xullo e que –dada a maioría existente do Partido Popular- pode ser aprobada sen modificación algunha.

Aos xa menguantes lugares do campo español, quitaranlles agora as casas comunais (antigas escolas, sede do concello, etc.) quítanlles os campos comunais, os pastos, os dereitos de caza, os bosques…. Roubar ao pobre para engrosar os petos do rico ou do burócrata.

Entre os máis indignados coméntase que non é estraño que de proseguir este asalto, proliferen aínda máis os incendios. Moita xente opina que hai que calcinar as terras antes que entregalas aos ladróns disfrazados de burócratas.

Coñecedores do gravísimo problema, ante este asalto ás facendas e á historia desde guiarte.com/La Cepeda propomos:

Difundir o roubo.

Protestar en defensa dos dereitos económicos e históricos destes lugares.

Anunciar que non se volverá a votar xamais aos autores desta brutal espoliación económica e histórica.

Apoiar as mobilizacións para defensa destes vestixios democráticos con máis de 2000 anos de vixencia.

Promover e difundir alá onde esteamos, estes vestixios histórico que queren borrar.

Promover ante a UNESCO, o recoñecemento como Patrimonio Mundial do este sistema económico antes de que o Estado arráseo.


Anteproxecto de Lei para a Racionalización e Sostenibilidade Local.pdf


venres, 11 de marzo de 2011

Donde dije digo, digo Diego

Qué seria isto?
De vez en cando algún comuneiro pregúntame como é posible que estee ao tanto das novas relacionadas coas comunidades de montes e sobre todo, con temas que pasaron fai tempo. Xa o teño comentado, pero non teño inconveniente en explicalo de novo.

Tódolos días recibo no correo electrónico: As Novas do Día que a Organización Galega de Comunidades (en adiante ORGACCMM) ten a ben reenviar ás comunidades de montes e aos comuneiros que-lles pasamos a dirección. A maiores esta información tamén se pode ollar con solo visitala súa web.

Ademais de envialas novas que se producen cada día, é unha hemeroteca, xa que enlaza noticias que se produciron anos atrás. É así de sinxelo como estou ao tanto de todo isto, ademais de recibir información doutras comunidades ou de comuneiros que vamos por "libre".

Hai un pero, esta hemeroteca só conserva os datos de cada día, polo que maña os datos de hoxe xa non se poderán ver.

Fai tempo que tiña en mente explicalo, pero aproveito para facelo e así poder comentar algúns datos que hoxe me pareceron sumamente clarificadores.
UNHA PERSPECTIVA: DÍXOSE ONTE... 11_Marzo_do_2.002:

11_Marzo_do_2.003: Medio Ambiente tendrá este año el anteproyecto de Lei de Montes
Oito anos despois aínda non se aprobou a nova Lei de Montes ou o que é o mesmo, pasaron dúas lexislaturas, aínda que a súa suma sexa compartida por tres gobernos na Xunta e todos pecaron do mesmo... incompetencia. Xa se sabe que as cousas de palacio van despacio, pero tanto?.

11_Marzo_do_2.004: Asemblea Ordinaria do 2.004 da ORGACCMM

11_Marzo_do_2.005: ENCOL DE ENCE E OS EUCALITOS (é para os máis vellos e pensen nas paisaxes da súa nenez): PAISAXE E CULTURA, Por Xesús López Fernández (artigo escrito no ano 2.000)
11_Marzo_do_2.006: Diferencia para as CMVMC na fiscalidade actual e na do novo PROXECTO … En quente: o monte, qué casualidade, arreguizouse e pareu o cu dun rato. Ao PsDEg-PsoE e mailo Bng (as maiúsculas e minúsculas saíron dese xeito): Ónde están as verbas de cando eran oposición?, ónde o cumprimento dos programas electorais?
Este novo imposto como lembraran debémosllo ao goberno do señor Aznar... pero na miña humilde opinión tamén aos do señor Zapatero, porque cando estaban na oposición e ante a presión social que houbo, prometeran abolilo, seguramente pensando máis nos seus propios intereses.

A ORGACCMM convocara varias manifestacións contra del, manifestacións ás que se sumaron os sindicatos e o PSdeG-PSOE e BNG, pero xa ven o que opinaba a organización do seu "esquecemento" cando xuntos gobernaron na Xunta.

Este imposto debería afectar só ás comunidades que reparten fondos entre os comuneiros, pero non ás que se dedican a crear emprego, investilos no monte ou a facer obras sociais, que na maioría de casos son competencias dos concellos.

Sen saír de O Son, non é o mesmo aplicarllo a unha comunidade como é a de Baroña, que fai todo iso ou á nosa, que no seu día repartiu máis de 50 millóns das antigas pesetas (300.506,05 euros). Quizais fose iso que Baroña acudía ás manifestacións e por Nebra, só eu. Iso si, agora algúns apúntanse ao "bombardeo" sen ton nin son.

11_Marzo_do_2.007: 11.3.2007 Un proxecto incita a recuperar o cultivo da oliveira en Valdeorras

11_Marzo_do_2.008: 11.3.2008 CMVMC Mones e Sampaio (Petín): «Se non facemos nada, a aldea de Mones desaparecerá»

11_Marzo_do_2.009: 11.03.2009 CMVMC Vilaboa (Vilaboa): Rechazo unánime a la idea de que Defensa adquiera suelo del perímetro de la Brilat

11_Marzo_do_2.010: 11.3.2010 CMVMC Aldán (Cangas): O xuíz abre a posibilidade de que os veciños de Aldán reclamen o monte a Promalar, Geriatros e o Concello

domingo, 9 de agosto de 2009

Fai o que che mando, e non o que fago eu



É curioso, esta é a receita que esixen os ex compañeiros do Bloque ao alcalde (Partido Popular) de Porto do Son, mentres un dos seus militantes, negase a facilitala información que lle demandan os comuneiros.

Pasa o mesmo cos plenos, alí esixen que se graven e se non están de acordo con algo non recollido en acta protestan. Eu tamén protesto cando non recollen verbas miñas e a súa contestación é que non poden recoller todo. A entrada dio todo.

As imaxes están tomadas en Porto Nadelas, Queiruga, e son exclusivas como acompañamento da entrada. Á vista da maquinaria alí aparcada, a empresa publica Tragsa esta facendo un movemento de terras dende o linde de costas ata o altar da Virxe do Carme.

O BNG sonense insta ao alcalde a paralas obras que se están facendo no paseo de Queiruga

O BNG pide parar unha obra en Porto Nadelas

luns, 19 de xaneiro de 2009

Cabalos en zona excluída


Hoxe cando de novo tiven que visitar o agro de meu pai, onde lle cortaron toda madeira sen haber vendido, divisei na Capela do Vello un grupo de cabalos que alguén dirixía monte arriba.

Dende fai uns anos, en virtude do acordo auspiciado pola Xunta de Galicia entre os gandeiros e a comunidade de montes, cando gobernaba o PP, pechouse parte do monte para impedilo paso dos animais ás zonas repoboadas e ás excluídas para o pastoreo.

Non é a primeira vez que denuncio na miña bitácora este feito e de como están desfeitos os pasos canadenses polos que libremente cruzan estes animais. Pois nada, seguimos como antano, repoboando e repoboando para que os animais destrúan todo e algunhas empresas, facendo o seu "negocio" co visto e prace da Administración e os directivos.