Amosando publicacións coa etiqueta Local Veciñal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Local Veciñal. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de abril de 2017

Que sorte pode ter este alcalde comunista se lle sae ben a "xogada"

O alcalde de Oleiros abre unha colecta para pagar a indemnización á xuíza

O alcalde quere reunir así os 30.000 euros e anuncia unha iniciativa legislativa popular

En virtude das restricións legais para poder seguir lendo a nova deben pulsar: Aquí

Como xa teño escrito levo anos reclamando os gastos que me causou a Comunidade por recuperalo solar onde construímos o local da Comunidade, xa que cando se comprou por 851.0000 Conseguín facerme co documento «non se expuxera publicamente nunha asemblea» e abraiado descubro que era unha doazón encuberta a nome de 6 ex-reitores, que unha vez descuberto o amaño, de novo de costas aos comuneiros obrigaron  á vendedora a facer un novo documento, que como non podía ser doutra forma pagaron con fondos da comunidade. Todo isto feito ante un Notario que debeu sacalo título nun País do Terceiro Mundo. O que non é motivo de desculpa para os que aceptaron estampar a súa sinatura na doazón encuberta... será que en España hai moitas Infantas?

O malo foi que o xuíz, a pesar de que esa xente redactou na acta que se o documento estaba ben feito, correría pola súa conta facelo novo e deixaron correlo tempo até que fronte a el, non se lles ocorreu outra cousa que botarlle a culpa ao Notario, porque como non tiña idea de como pecharan o negocio coa vendedora, non foi denunciado, xa que xunto con outro comuneiro a súa versión era outra. En resumen que por achantarse á demanda o xuíz, perdooulles as costas, impoñéndolle unha 7ª parte á vendedora, por non presentarse.

Vamos que alguén tenta roubar algo e a única forma de devolvelo é porque os denuncian, para a xustiza é un eximente, cando antes tiveron un par de anos para regulalo documento. Entón porque hai xente que por pequenos furtos cando estaban enganchados á droga, unha vez rehabilitados e incluso con familia tiveron que entrar na cadea? Temos o caso moi recente de esta nai: A muller foi condenada a un ano e nove meses por falsidade e a outros seis meses por estafa.

Como se pode comprar un ben con fondos de tódolos comuneiros e poñelo solo a nome de eles e de varias das súa xeracións, e que neste caso se librasen, a pesar de constar en actas que en todo momento estiveron asesorados por un avogado, que foi o mesmo que defendeu a 5 contra min?

No seu día, coincidindo con novos reitores na Comunidade da cor política e rama familiar de esa xente, casualmente acudiron a ese mesmo avogado, para dicirme canto é o que segundo ambos teño dereito a cobrar, mentres eles por non facer nada, como xa tiñan acceso directo a fondos da comunidade, cobraron dietas....por tocarse simplemente os güevos... así de claro!!!

E para rematala a pesar da promesa de regular dita situación o derradeiro ex-presidente nunha asemblea da xunta reitora, prométeme o pago... obrigándome uns meses despois a abandonala secretaria, agora coñecéndoo ben, non me estraña, porque nun tema privado deume ben, a sensación do paxaro que é. Algo que un ex-compañeiro ten constancia nunha reunión que tivemos no Portofino, porque xa lle cheiraba o asunto e non era menos tratándose de 2 porcos.

Uns e outros nesta entrada neste outro blogue demostran ás claras o que son a pesar de militar en partidos tan antagonistas.

Eu desde logo aínda cobrando un subsidio por incapacidade, xamais se me pasaría pola cabeza, facer o esperpento de estes alcalde cabeza, ou como eles facer desaparecer ou quedarme con móbiles.

Quero supoñer que estes non lle deron ren: Oleiros advirte por última vez a 404 veciños de que lles embargará bens si non pagan os seus impostos

Nota: a foto do encabezamento vai un pouco con retranca.




venres, 6 de maio de 2011

Habendo interese, pódense facer ben as cousas


Con motivo do uso partidista que se fixo «ao meu entender» nas pasadas eleccións autonómicas do local da Comunidade de Montes e que motivou a miña queixa e a doutro comuneiro nunha asemblea, descoñezo cales son de novo as causas polas que dende a Xunta Reitora non se comunicou ó Concello, a posibilidade de cedelo en igualdade de condicións a tódolos partidos políticos para os seus actos de campaña electoral. Insisto, o local é de tódolos comuneiros e comuneiras, non do presidente de quenda.

Agora xa é imposible que en aplicación dos estatutos poidamos «cedelo legalmente» e porque xa que rematou o prazo legal que a Xunta Electoral dou aos concellos para que-lles remitisen o listado dos locais propostos.
Artigo 8º.- Corresponde á asemblea xeral.
- Aprobar o outorgamento de cesións, arrendamentos, plans de aproveitamento e toda clase de contratos con terceiros.

Asáltame unha dúbida, se se fai un acto, que estou seguro que vaia a acontecer, no suposto caso de que haxa algún contra-tempo dentro do local ou nos seus arredores, quen vai se-lo responsable civil subsidiario?, se os comuneiros non o cedemos.
Xunta Electoral Zona Noia

El Secretario de la Junta Electoral de Zona de Noia, José Manuel Vaamonde Fernández, por medio del presente DOY FE Y CERTIFICO:

Que por parte de los Excmos. Ayuntamientos comprendidos dentro del ámbito de esta Junta Electoral de Zona de Noia, han remitido la relación de locales oficiales y lugares públicos para la realización de actos de campaña electoral, siendo los mismos los que a continuación se indican:

Concello de Porto do Son
Locais oficiais e lugares públicos que se reservan para a realización gratuíta de actos de campaña electoral:
-Salón da Casa da Cultura de Portosin, agás o 17 de maio.
- Casa da Cultura de Porto do Son, agás o 13 de maio.
- Casa da Cultura de Queiruga.
- Casa da Cultura de San Pedro.
- Casa da Cultura de Baroña.
- Casa da Cultura de Miñortos.
- Casa da Cultura de Ribasieira.
- Casa da Cultura de Caamaño.
Horario: Todos os días de 16 a 24 horas, salvo as excepcións aludidas.

- Praza do Porto en Portosin.
- Praza de España na Vila.
Horario: Todos os días sen límite de horario
Se nos desprazamos á provincia de Pontevedra, podemos ollar como se relacionan locais pertencentes a comunidades de montes.
Xunta Electoral Zona Pontevedra

Dª Casilda Suárez Berea, Presidente da Xunta Electoral de Zona de Pontevedra.
Fai saber: Que en cumprimento do disposto no artigo 57.2 da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, en relación co Decreto 42/2011, de 28 de marzo, de convocatoria de Eleccións Locais, exponse a relación de locais e lugares públicos que se reservan para a realización gratuíta de actos de campaña electoral, según proposta dos respectivos Concellos dependentes desta Xunta Electoral de Zona, así como os lugares gratuítos de fixación da publicidade electoral, que son os seguintes:

Salón de Actos do Local Social Da Comunidade de Montes Rega dos Agros, en Rúa Maceira, da parroquia de Combarro.
Salón de actos do local social da Comunidades de Montes de Rega do Can, en Tarrio da Parroquia de Samieira.
No caso da colocación da propaganda, déixao a expensas das autorizacións expresas.
Lugares para a colocación de propaganda electoral:
I.E.S.: (Sempre que o autorice a dirección do centro ou a administración educativa competente) Sánchez Cantón, A Xunqueira II e Torrente Ballester.
C.E.I.P.: (Sempre que o autorice a dirección do centro ou a administración educativa competente) Froebel, Alvarez Limeses, Campolongo, Barcelos, Igrexa-Salcedo, Cabanas Salcedo, Villaverde-Mourente, San Bieito-Lérez, Marcón, Carballeira-Lourizán,Verducido.
E se nos paramos en Lugo, isto.
Xunta Electoral Zona Lugo

Justino Gonzalo Corchero Martín, Secretario de la Junta Electoral de Zona de Lugo, doy fe y certifico que los Ayuntamientos correspondientes a esta Junta Electoral de Zona han facilitado la siguiente relación de locales para la celebración de actos electorales durante la campaña para las elecciones locales a celebrar con fecha 22 de mayo de 2011:

Pertenecientes al Ayuntamiento de Lugo «páxina 5 e 6»:
Pertenecientes a personas o entidades privadas. «o noso caso»
- Ninguno, por no existir la conformidad de los propietarios.

Parroquia de Cangas.
-Centro Cívico de la Agrupación Deportivo-Cultural "Os Castros", previa confirmación tfno...

Las condiciones de uso generales de todos los locales se ajustaran a las siguientes normas:..
Pillase antes a un mentireiro, que a un coxo

venres, 7 de maio de 2010

Outra colaboración Comunidade-Concello

Neste caso a colaboración é entre o Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Lérez para habilitar un antigo local como Casa de Cultura, cando en Nebra iso non foi posible. Refírome ao proxecto da Casa de Cultura que fixera o noso Concello e que fora aprobado pola comunidade en dúas ocasións, iso si, "de prisa y corriendo", pero sobre isto tocará algún día explicar polo miúdo esas aprobacións.

Neste caso todos están de acordo e parece unha excelente noticia, que vai a recuperar unha parte do Patrimonio desde veciños para o seu uso e lecer.
Os comuneiros de Lérez inician a obra para transformar o "teleclub" en Casa de Cultura. Esta semana desmontarase o tellado e posteriormente as paredes laterais.

Un enorme guindastre foi instalado onte na parcela contigua ao vello "teleclub" de Lérez, para iniciala obra que culminará cunha nova Casa de Cultura para a parroquia. Os traballos iniciais consisten en desmontar o tellado do edificio e a continuación as paredes laterais e traseira. Conservarase a fachada do edificio, que será integrado na nova construción como elemento arquitectónico singular.

A Comunidade de Montes de Lérez, responsable do proxecto, prevé que a obra finalice no prazo dun ano. Os aspectos máis complexos serán -segundo explicou o presidente da comunidade, Miguel Vilacoba- rebaixar a cota do edificio até a rasante da estrada, á vez que se conserva a vella fachada.

Aínda que a Comunidade de Montes lidera o proxecto, todos os colectivos da parroquia están implicados na obra. Os seus representantes asinaron un convenio co alcalde polo que o Concello achega 350.000 euros a un proxecto valorado en 552.000, que ten como obxectivo converter o vello teleclub nun centro social e cultural.

O edificio foi construído en 1933 polos propios veciños, pasou a mans franquistas en 1937 e non puido ser recuperado polos seus lexítimos propietarios até 2003. Foron oito anos de loita contra as administracións, especialmente a Xunta, que se resistiu a desprenderse dun inmoble que, co paso do tempo e do abandono, apenas se sostén en pé. Sete anos despois daquela devolución (que non foi gratuíta, senón a cambio dunha parcela na parroquia) a Comunidade de Montes de Lérez, a asociación de veciños, a agrupación Cedofeita, os integrantes do Cristo do Consolo e todos os veciños, afánanse agora por volver celebrar as súas asembleas, os seus actos sociais e as súas reunións neste edificio.
Faro de Vigo: Texto orixinal
O teleclub que foi polvoreira
Un emblema para Lérez

luns, 3 de maio de 2010

Colaboración exemplar

Hoxe achego a nova dunha Comunidade de Montes de Caldas de Reis, que ven de inaugurar un novo local social. Aparte de que unha moi boa noticia, o que me fixo fixarme na noticia é que segundo esta, o Concello aportou a metade dos 200.000 euros que custou... en Nebra aínda non temos a sorte de coñecelo custo real do noso.

Botando unha ollada á súa corporación e a que gobernaba o noso Concello daquela, decátome do que manteño dende sempre, cada cargo político é un mundo, independentemente onde milite.
CMVMC Santa María (Caldas de Reis)
Luns, 3 de Maio de 2010
Caldas incrementa as súas infraestruturas co apoio dos comuneiros
REPORTAXE DE A. B.

Santa María xa ten un novo local social. Estreouno onte e ao grande, tanto que o salón quedou pequeno para acoller a todos os veciños que quixeron estar presentes. Un dos poucos que non puido acudir foi precisamente o presidente da Comunidade de Montes, Ramón Camiña, que onte se atopaba convalecente no hospital, pero para quen os seus compañeiros de directiva tiveron palabras de recoñecemento polo traballo realizado para que Santa María conte cun local social en condicións.

Juan Manuel Rei, alcalde de Caldas, que presidiu o acto xunto ao presidente da Federación de Comunidades de Montes e do secretario da caldense, Pedro Figueiras, anunciou a inminente construción dun parque infantil a escasos douscentos metros do local inaugurado onte.

Unha subvención de 8.000 euros concedida pola Deputación á recentemente constituída asociación cultural Vía 19 permitirá que Caldas conte cun novo espazo de lecer e esparexemento para os máis pequenos. Rei, que fixo onte o anuncio en Santa María, agradeceu a iniciativa deste novo colectivo, encargado de xestionar esta axuda provincial. No transcurso do pleno celebrado o venres, o portavoz do Partido Popular fixese xa unha mención de agradecemento, referíndose tamén á directiva do colectivo cultural por promover esta iniciativa..

O local social de Santa María recibiu onte a bendición do párroco, tras o que procederon ao descubrimento da placa, unha tarefa que compartiron o alcalde de Caldas e o comuneiro de maior idade da parroquia. Un viño español, compartido polos numerosos veciños asistentes ao acto, deu por inaugurado oficialmente un local social moi demandado polos veciños. Cabe lembrar que Santa María conta con outra infraestrutura social, de carácter municipal, situada no lugar de Souto, pero que é insuficiente para acoller a actividade asociativa dos colectivos desta zona. Nestes momentos o local está a ser obxecto dunha obra de rehabilitación financiada con cargo aos fondos do Plan II.

O local social da Comunidade de Monte de Santa María tivo un custo que superou os 200.000 euros, dos cales 100.000 foron achegados polo Concello de Caldas de Reis mentres que o outro 50% foi sufragado polos comuneiros con fondos propios, aínda que mantiveron diferentes contactos con outras administracións para conseguir, polo menos, respaldo para o mobiliario e acondicionamento interior do inmoble.

O Concello outorgou a licenza para a construción deste local o pasado mes de marzo de 2009 e a Comunidade de Montes iniciou os traballos de forma inmediata. En pouco máis de once meses a obra é xa unha realidade, a disposición de todos os veciños desta parroquia.

Ao acto de onte asistiu tamén unha nutrida representación de políticos locais entre os que se atopaba o portavoz do PP Jesús Goldar.

xoves, 29 de abril de 2010

Outra pequena desfeita

Comentaban as "malas linguas" cando estaba de secretario, que as nosas reunións eran de todo menos reunións. Outras tampouco entendían como no equipo directivo podía haber tantas discrepancias. Xa o di o refrán o falar non ten cancelas.

Os directivos non son máis que un comuneiro e como tal, cada un pode e debe defendela comunidade como mellor crea que a defende. O que non é de de recibo era que os asuntos a debater tanto na xunta reitora como na asemblea xeral, non se sometesen a votación, de aí que non comulgase con rodas de muíño. Eu polo menos falaba nas asembleas, outros prefiren debater nas tabernas ou en "corros" que non nos levan a ningures.

Ben isto a conto, porque parece ser que as reunións de novo non son o tranquilas que pretenden facernos ver. O malo é que os "protagonistas ou testemuñas" non transmiten aos comuneiros o que pasa e o que o fai, pide que por favor que non saia o seu nome.

Tamén comentan que algún "ilustrado" pensou que sería bo expolas actas nos bares. Vaite, cando eu o fixen chamoulles a atención e incluso algún comuneiro presuntamente correu á casa dun directivo para comentarlle a miña fazaña e vaia "bronca" me caeu. Polo visto xa todos esqueceran que dende a primeira xa o viña facendo, o que pasaba era que antes facíao no taboleiro que tiñamos no local alugado e que unha vez que o propietario o vendeu, só me quedaban os dos bares e o da Igrexa.

Por certo, aquel taboleiro era meu, e aínda que falaramos de comprar varios para colocar nas aldeas e no local, nunca se compraron., porque esta visto que canto menos se teña informada á xente, máis se pode un facelo "tolo".

Unha vez que se construíu o local é certo que o compraron, pero resulta que ao igual que pasou coa vidreira, alguén esnafrouno, aínda que a dicir verdade para o uso que lle dan ben puideron aforralos cartos que custou.

Se aumentan a imaxe poderán comprobar que esa relación de gastos corresponde a xullo-outubro de 2009, e a pesar de que na ultima asemblea celebrada o 29 de novembro de 2009, os comuneiros e comuneiras aprobamos por "abrumadora maioría" que expuxesen as actas, seguimos a espera. Polo tanto é falso que queiran expolas agora por iniciativa propia, se algún día o fan, será porque os comuneiros e comuneiras así llo demanden. Só eu fun quen de expolas sen esa esixencia previa e tela documentación ao dispor de todos, como mínimo 10 días antes da celebración das asembleas como así esixe a vixente Lei de Montes.

Por último pediría que se alguén ten algo contra a comunidade, que use as asembleas para amosalas súas queixas e non se "vingue" do patrimonio de todos e que tanto nos custou.

luns, 7 de decembro de 2009

Aclarando pequenos detalles

Por motivos laborais non puiden actualizala bitácora, polo que esta entrada vai con algo de atraso e xa coa asemblea pasada.

Tal e como dixen na anterior, o presidente non di toda verdade no canto ao financiamento do local, pero hai máis, esquece aposta dicir que grazas a min que loitei só cos meus "medios" por recuperalo solar (presuntamente un notario obrigoulle aos exdirectivos a inscribilo ao seu nome) púidose construír. Repito, ningún dos preto de trescentos comuneiros fixo ren para recuperalo, iso si, a anterior directiva e esta néganse a aboarme os gastos que iso me supuxo.

Aquí pagáronse antes e agora chamadas privadas cun móbil da comunidade, comidas á esgalla con bebidas etiqueta negra de alta gradación (no caso dos voluntarios algúns ganáronas ben, mentres outros paseaban no coche), agasallouse a persoas que colaboraron contra o lume cos seus tractores, etc., pero o único que non pode cobrar é quen loitou porque ese ben fose propiedade de tódolos comuneiros e comuneiras. Xa non digamos nada das máis de 16 horas que botei no monte  loitando contra o lume coa cuadrilla, porque os "señoritos" tiñan os móbiles da comunidade apagados e o servizo de contra incendios da Xunta tívose que poñer en contacto comigo por medio do meu fillo que estaba no seu día libre.

So me resta dicir que se fun quen de coidar e darlle de comer a uns cochos, tamén o son de quedarme cos gastos as miñas costas. O tempo porá a cada un no seu lugar.

Proseguindo co segundo paragrafo engadido na convocatoria:
...que o monte poida ir dando traballo a algunhas persoas da parroquia, mentres Nebra se beneficia dese traballo e progresa.
Esta foi unha das miñas teimas e quería copialo modelo exemplar da Comunidade de Montes de Baroña, pero como non lles gustaba, decidiron contratar ilegalmente a dous comuneiros para cortar eucaliptos, cando ata entón cada comuneiro facía un aproveitamento sen cargas para a comunidade. Neste caso a "broma" saíunos máis cara, aínda que non podo precisar canto. Sendo o secretario xamais vin o recibo do pago e na Xestoría non teñen constancia.

Porque daquela non había interese e agora si? Teño unha explicación, pero por respecto ás persoas prefiro calar.
...será preciso mellorarmos as posicións da parroquia con menos eucalipto "asalvaxado" e máis gando, que debe estar sempre identificado e baixo control da Comunidade.
Gando: Outra teima. Neste caso gustábame o modelo dunha comunidade de Montes de Carnota, pero o lume impediu que fosen avante dous peches gandeiros preto de Resúa, aínda que despois desviaron a subvención para outra zona.

O "meu modelo" era facer un convenio entre os gandeiros coa Comunidade, nunca un "cambaléache" dun directivo cun amigo non comunitario sen dar contas a Asemblea Xeral.

Identificado: Salvo os cabalos, eterna promesa dos gobernos que pasaron pola Xunta de Galicia, o resto da cabana gandeira está identificada.

Asalvaxado?: Non entendo. Están facendo "carreiros" de limpeza en zonas exclusivas de pinos e van deixando algúns eucaliptos que naceron cousa curiosa, despois do lume. Nunca no noso monte houbo tantos onde antes nunca os houbo.

O terceiro paragrafo de verdade que non o entendo, salvo o de implicalas mulleres na dirección da comunidade. Alégrome que agora os directivos non diga aquilo de: Paco, moito che gusta invitar ás vocais as reunións.

Por último supoño que todo mundo coñece perfectamente o que é un parque biodasaludable.

domingo, 1 de novembro de 2009

Canto nos custou o local?

Na última asemblea celebrada no mes de maio, un comuneiro preguntoulle ao presidente canto custara o local? Respondendolle que non llo podía dicir porque non tiña a documentación á man (documentación? se o prezo final "negociouno" el só co construtor). Camiño dos 6 meses parece que aínda non tivo tempo de responderlle a pesar de vivir ao seu carón. Iso a parte de que coma presidente ten o deber de coñecelos estatutos e que ten un prazo de 15 días para contestar.

Por outra parte, menos mal que na convocatoria desa asemblea escribiu que por portarnos ben, coma agasallo ía a convocarnos máis a miúdo. Non sei se se decatará que dende maio a xunta reitora esta ilegalmente constituída ante a falla de elixir aos vogais.

Cando se fan as cousas sen luz nin taquígrafos pasan cousas dificilmente de entender. É incompresible que os comuneiros a día de hoxe non sexamos coñecedores do que pagamos polo local, salvo que os directivos pagasen do seu peto, cousa que dubido.

Nunha directiva aberta non é normal que cada comuneiro teña que dirixise a "sus señorías" para recibir todo tipo de información. Se se fixeran as cousas como quería eu (presidente dixit) en asemblea convocada ao efecto, estarían ao tanto de como se pretendía facelo local e canto custaría, mais cando un presidente non ten "empacho" en dicirlle aos comuneiros que esta "releando" o prezo da obra co contratista, apaga e vamos. Esta afirmación fíxoa 2 veces na asemblea de maio do 2007.

Para mostra, unha escolma de diálogos extraídos da gravación desa asemblea no intre que se fala do troco do proxecto sen pasar pola asemblea xeral (por suposto non constan en acta, porque a levantou o presidente actuando tamén coma secretario).
  • Jesús Barreiro: Non custa nada informar si vai custar mil ou dous mil euros a maiores.
  • Tesoureiro: Consta que vinte mil a maiores.
  • Presidente: Iso será cando se acorde ou se firme un contrato co construtor e non dixen que non soubese nada dun contrato. Non firmarmos un contrato.
  • Jesús Barreiro: O contratista sabe se vai facela planta de arriba?
  • Presidente: Pregúntalle ao contratista.
  • Jesús Barreiro: (preguntando ao contratista) Xa está contratado?
  • Contratista: Si.
  • Presidente: (desménteo) Contratado non está!
  • Jesús Barreiro: Cando se saiba o presuposto debese informar á comunidade.
  • Presidente: Un presuposto non é un contrato. O presuposto téñoo o contrato, non. Eu non sei nada de obras e custa aproximadamente noventa mil euros, pero como aínda estamos falando co construtor e trocando cousas, non hai un contrato firmado. El fainos unha proposta, un presuposto da obra e nós (directivos) estamos falando co aparellador para ver o que lle "regateamos" (sic).
  • Presidente: Ten que haber unha cousa clara, un presuposto que estará sobre cento vinte mil euros, un presuposto que nos ten dado o contratista en forma e tal, cos gastos detallados, esta en mans da comunidade, na nosa man. Outra cousa é que teña que traelo a asemblea e discutilo.
    Todo iso que nos dou o contratista, eu non entendo case nada, pero hai un aparellador que nos comenta as cousas, falamos con el e co contratista, e estamos “regateando” sobre esa cantidade... Regateando, discutindo ou estudando o que o contratista nos esta pedindo sobre a obra que vai facer.
    Cando se firme un contrato, estará o contrato firmado e falaremos de cantidades e de tal, pero mentres tanto...
  • Isidro Piñeiro: Iso non o tiña que ter xa feito antes de empezala obra?
  • Alfonso Figueiras: Claro.
  • Isidro Piñeiro: Non entendo nada, todo esta completamente ao revés. Como se pode empezar unha obra e despois de empezala se vai facelo contrato? (engade) Na miña vida vin iso, primeiro facedes e despois informades que facedes o contrato coa obra empezada!.
Así  actuábase cando exercía de secretario:

O 24 de marzo de 2006, licitáronse as obras do local en base ao proxecto que había. Proxecto que non me gustaba porque era o da futura Casa de Cultura de Nebra Constaba de dous edificios e o Concello pasaría a ser o propietario ao non contemplar a Lei o que rebulía na mente do presidente "que fose unha propiedade compartida". Non quería trocalo aducindo que iso adiaría a obra ou que o Concello nos podía poñer trabas de non quedarnos co "seu" proxecto. Ao final por "imperativo legal", tivo que claudicar e trocalo e nin se desculpou comigo. A soberbia é mala compaña.

Á poxa só acudiron 3 contratistas de Nebra, xa que, restrinxiuse o acceso aos foráneos. De facer as cousas ben dende un principio, aforraríase un feixe de euros, xa que entregaron copias da documentación e planos a contratistas que non tiñan previsto presentar presupostos.

Cartafol coa única documentación (en PDF) respecto do local ata o día de hoxe:

domingo, 4 de outubro de 2009

Formas e xeitos de gobernar

Fai uns días puidemos ver en Barbanza Televisión aos edís do BNG de Noia criticalas obras de A Carreiriña porque o goberno municipal estaba variando o proxecto e colocando pedras novas no canto das antigas sen antes haber pasado polo pleno municipal.

Hoxe La Voz de Galicia publica que un informe advertía dos problemas de reutilizar a pedra na zona de A Carreiriña.

Na noticia lemos curiosamente que a Deputación gobernada polo PSOE e BNG, advertía aos seus compañeiros que a reutilización das lousas orixinais podería dar problemas, aínda así o bipartito de Noia seguiu avante co proxecto.

Adxudicada a obra e ao decatarse que máis da metade desas pedras eran irrecuperables ou quedaron inutilizadas, o goberno xa en minoría ao romperse o pacto, dou orden a empresa adxudicataria que repuxese as eivas con pedra nova, todo elo sen levar a pleno a súa modificación.

Vista a nova parece que o señor Guerreiro recapacitou máis que o noso presidente e paralizou a súa colocación ata que leve a pleno o modificado do plan da obra.

Por qué fago un símil entre o alcalde de Noia e o presidente?

Na comunidade pasounos un caso na miña opinión moito máis grave, como foi o troco do proxecto do local comunitario sen pasar pola asemblea xeral e adxudicación a dedo despois de haber anulado o anterior. Proxecto que si había recibido o visto e prace dos comuneiros e adxudicada a obra ao mesmo construtor en Asemblea Xeral.

Houbo que anulalo porque coma sempre antepúxose o carro aos bois, porque había demasiadas presas electorais e porque se quería facer ver aos comuneiros que esta directiva si que funcionaba. Outras xa habían aprobado a mesma obra en 1994 e 2005.

Como non me gustaba o que estaba pasando e aínda que nesa época militaba no BNG, quería facelas cousas ben e pola miña conta remitín o seguinte escrito á Organización Galega de Comunidades de Montes. Organización da que Nebra é membro de pleno dereito.
Dubidas razoables do secretario, pero ante todo comuneiro

Son o secretario da Comunidade de Montes de Nebra (Porto do Son) e querería recibir información ou asesoramento sobre o asunto que paso a expoñer.
No seu dia a Comunidade en Asemblea Xeral aprobou a construción dun local de 200 m2 e ao mesmo tempo, en base ao proxecto presentado aos comuneiros e comuneiras, adxudicóuselle a obra a un contratista.
Cando se vai sacala licenza municipal para comezala obra, o arquitecto en base a Lei vixente di que o proxecto non vale xa que nese solar non podemos construír por riba dos 180 m2.
O presidente sen comunicalo os restantes membros da Xunta Reitora (polo menos a min) pide un novo proxecto e ante a miña advertencia de que todo iso debe pasar pola Asemblea Xeral, di que non e así, que os comuneiros aprobaron no seu dia a obra e que agora so tratou de adaptar o novo proxecto á Lei.
Xa sei que se cometeron unha seria de erros dos que a pesar de advertir aos restantes membros da Xunta Reitora non se me fixo caso, por iso trato de evitar seguir cometendo erros maiores.
As miñas dubidas son moitas pero sobre todo, non corresponde a Asemblea Xeral aprobar a modificación do proxecto, que en nada se parece o anterior?
Outro asunto non menos importante e que os custes da obra non son os mesmos para un local de 200 m2 que para un de 180 m2.
Esta foi a resposta:
Esta mensaxe tamén vai dirixida a algúns membros da Reitora da Organización Galega de Comunidades de Montes por se teñen cousa a dicir.
A min ocórrenseme as seguintes consideracións (non dubides en che por de novo en comunicación para clarexar cousas xa sexan do mesmo temen ou de calquera outro):
Nas Comunidades de Montes o Órgano SOBERANO é a Asemblea, o presidente só ten a representación legal da Comunidade.
Tanto a Lei de MVMC como o seu regulamento veñen a dicir que o único que decide é Asemblea. Despois virían os vosos Estatutos; non é verosímil que digan algo que faculte ó presidente máis do que di a Lei.
Como remate tedes as Asembleas e as súas Actas. Que di o acta de aprobación da construción?
Para o meu ver as cousas están mal feitas tal como ti o contas. Para min o que se tiña que aprobar na Asemblea era un proxecto e un presuposto.
Se un e outro ou ámbolos dous trocan, tería que volver a se xunta la Asemblea para aprobalo. Tendo en conta que é un PRO-xecto e un PRE-suposto sempre haberá modificacións, se son grandes, na miña opinión, tería que haber nova Asemblea e se son pequenas, non. Máis que é grande ou pequeno?

Obviamente o presidente -xunto con algúns membros da Xunta Reitora- non atendeu a razóns e proseguiu coa súa a pesar do informe e tamén que un compañeiro común o advertía que as cousas non se facían así.
O local xa está construído aínda que a día de hoxe non saibamos o que custou xa que o prezo foi "regateado polo presidente ao construtor" pero iso é tema para outra entrada.

domingo, 9 de agosto de 2009

ASÍ NON !!!

Con nocturnidade e aleivosía un ou varios desalmados romperon varios cristais da fiestra do local da Comunidade.

Mentres non se descubra a/os culpables, non coñeceremos os verdadeiros motivos que levaron a facer iso. Haberá quen opine que puido ser unha gamberrada, pero é que foron varios os impactos buscando facer o maior dano posible. Tamén poida que ser que alguén teña algo contra alguén e descargue a súa ira contra o ben comunal, en vez de dicilas cousas á cara.

Agora todo son conxecturas, eu por suposto que descoñezo os motivos que moveron a ese vándalo ou vándalos (bárbaros, dirían os amigos de certo a facer iso e tamén, agardo, que ao igual que pasou coa denuncia dos traballadores sen contrato e outro temas con anterioridade, que non se me intente involucrar. Sei moi ben do que falo e non só sobre temas comunitarios.

Os comuneiros e comuneiras saben que se teño algo que dicir o digo nas asembleas e agora nesta bitácora, aínda que lles moleste a algúns que nin tan sequera teñen vínculos persoais cos reitores aos que crítico, pero sempre foi así, hai xente que non entende que as asembleas son para falar e criticar, se hai que criticar.

Moitos deses comuneiros e comuneiras non o saben e outros calan, sobre todo os actuais reitores, pero no seu día cos fondos da comunidade pagóuselle a un avogado cen mil pesetas para denunciarme xunto con varios críticos e nunca nos denunciaron, pero para os seus incondicionais fomos sempre os malos da comunidade.

xoves, 23 de abril de 2009

É triste!!!


É penoso que por medios alleos á Comunidade teña que descubrilo que "cociña" a nosa directiva.

Primeiro:
No pleno do pasado 28 de marzo escóitolle a un concelleiro do Bloque, que as comunidades adscritas á Mancomunidade da Serra do Barbanza (creo que Nebra o esta) habíanse adherido a Tamaria. Quen desexe ler o borrador da acta do pleno, pode facelo no Concello.

Que saiba, a día de hoxe Nebra non aprobou adherirse e coido que nin tan sequera se levou a unha asemblea. Se só o aprobou a Xunta Reitora, é ilegal, se posteriormente non foi ratificado pola Asemblea Xeral.

Os directivos deben estudar un pouco mais os estatutos, que para iso lles dei unha copia a cada un no seu día.

Segundo:
Acabo de recibir o folleto municipal de información local SONoticias. Na paxina 3 titulo Arquitectura da Auga de Nebra, leo:

A Comunidade de Montes de Baroña (supoño que é un erro tipográfico, debería dicir Nebra, se non estou metendo a pata) e o Concello de Porto do Son chegaron a un acordo para coedita-lo libro "Arquitectura da Auga de Nebra, de José Suárez Caamaño. Tampouco teño coñecemento de tal acordo e non lembro que se aprobase.

En Nebra esta visto que as persoas e asociacións que comulgan con rodas de muíño, tiveron o que quixeron con outras directivas e agora con esta. Inclusive recibir subvencións sen que houbese quórum onde se ían debater.

Mentres tanto, o único comuneiro que loitou cos seus cartos para que o solar onde hoxe temos o local fose de todos e todas, agarda dende o ano 1996 para que lle paguen os gastos aprobados na Asemblea Xeral do 14 de febreiro de 1998, aínda que non era preciso, xa que na acta do 21 de maio de 1994 quedou aprobado que tería que pagar quen mentise nesa asemblea cando presentamos o documento leira, que aínda que fora pagado con fondos comunitarios (851.000 ptas.), estaba a nome de seis directivos e rexistrado ao seu nome na oficina do Rexistro en Noia. Foi cando dun nomeado secretario, descubrín tamén que a comunidade correra cos gastos do seu rexistro (232.000 ptas.).

Curioso é, que o primeiro que se negou a pagar eses gastos sexa o autor do libro, que pretende que lle paguemos todos, e que xa editara outro sendo o presidente da Comunidade. Polo visto ten máis razón a dicir o que teño que cobrar o avogado que defendeu aos "donos da leira" (sic), cando iso en tal caso tería que dicilo un xuíz, pero tiveron anos e anos para impugnar esas asembleas, pero claro, tiñan que pagar do seu peto e foron ao económico, que pague a comunidade.

Que conste que non estou en contra dos libros e lévome ben co autor, pero o que non é de recibo é que xente allea á Comunidade recibise libros a esgalla, entre outros, oito xuntos que o presidente lle regalou a un paisano, porque se apelidaba Nebra.

Desta forma, xente non comuneira, nin tan sequera veciños, recibiron beneficios que só nos corresponden aos comuneiros e comuneiras de Nebra.

Doutra parte tampouco me estraña nada, vendo como o partido no que milita o presidente estreounos o local cun mitin, mentres o PSOE o tivo que dar nun bar.