miércoles, 13 de mayo de 2009

Pillase antes a un mentireiro, que a un coxo

Custoume traballo, pero grazas a Google hoxe case non hai secretos. Esta información dáme pe ao titulo da entrada, que amosa como o presidente nos mentiu na asemblea e que el non era quen de cedelo noso local para dalo mitin, xunto co seu partido.

O día 21 e 22 de xaneiro foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e Pontevedra, a relación dos locais e lugares públicos para a realización dos actos de campaña electoral nas citadas provincias:
Pontevedra: http://eleccions09.xunta.es/nova_18_es.html
A Coruña: http://eleccions09.xunta.es/nova_14_es.html

Na relación de A Coruña, no Concello de Porto do Son aparece a seguinte información:
Locais cubertos:
Salón da Casa de Cultura de Portosín.
Casa de Cultura de Porto do Son.
Casa de Cultura de Queiruga.
Casa de Cultura de San Pedro.
Casa de Cultura de Baroña.
Casa de Cultura de Miñortos.
Casa de Cultura de Ribasieira.
Casa de Cultura de Caamaño.
Horario: tódolos dias de 16 a 24 horas.

Locais descubertos:
Praza do porto de Portosín.
Praza de España en Porto do Son.
Horario: tódolos dias sen limite de horario.

Nesa relación non aparece o noso local, pero si aparecen noutros concellos locais de titularidade privada, como poden ser: locais sociais, de asociacións de veciños ou de comunidades de montes. Incluso a Xunta Electoral ten que autorizar os espazos públicos abertos, como son campos de festa.
No Concello de Poio (Pontevedra) atopamos os locais das comunidades de montes de: Rega dos Agros (Combarro) e Rega do Chan (parroquia de Samieira).

Preguntas feitas a un alcalde, que por ética e respecto manteño no anonimato:

Diríxome a Vostede nun intento de clarexar unha dubida que teño respecto ao uso que se fixo en Nebra nas eleccións autonómicas do noso local, por parte do BNG.

Pregunta.- Cómo podo indagar se a xunta electoral autorizou este local para dar mitins?
Resposta.- A Xunta electoral designa o locais electorais en cada proceso a partir da proposta dos respectivos concellos, que normalmente é aceptada integramente. Para averiguar se un sitio esta designado local electoral podes informarte na Xunta Electoral de Zona (no Xulgado de Noia, Praza da Constitución, a carón da Igrexa de San Martiño.

P.- Que documento tería que remitirnos caso de dar autorización, para solicitar copia?
R.- No concello teñen comunicación daqueles locais autorizados así como das horas reservadas. Tamén teñen coñecemento os partidos políticos a través dos representantes que ten cada partido na Xunta Electoral.

P.- Non tería primeiro a comunidade autorizar ese uso para ditos fins?
R.- O caso concreto descoñezo. O concello só designa locais da súa propiedade, ou polo menos así sucede neste Concello. A veces eses locais están cedidos a asociacións pero son propiedade do concello que os pode designar para o uso dos mitins nas eleccións.
Se é unha propiedade privada, supoño que se debería solicitar autorización previa. Non sei se a lei prevé que se poidan adoptar decisións unilaterais por parte da administración para o uso de locais privados, pero en todo caso debería existir algunha comunicación.

P.- A onde podería dirixirme a parte de aos comuneiros e comuneiras, para dar conta desta grave irregularidade e uso fraudulento, na miña opinión, dun local privado por parte dun partido político, caso de que non houbese autorización?
R.- Depende da situación do acontecido.
1º) Se o local está designado como local electoral é a Xunta electoral quen decide como e cando se pode empregar. E é na Xunta electoral onde hai que denunciar os feitos, e normalmente durante ese periodo electoral e preferiblemente a traves dos distintos representantes que hai na xunta dos partidos. Eu creo que agora non se podería denunciar. Podería suceder que un partido solicitara o local e os outros non o fixeran en prazo (creo que non é o caso), porque tamén existen prazos para as solicitudes.
2º) Se o local non está designado e SE é propiedade privada, entón a situación é semellante a se un bar ou un particular cede a un partido o seu espazo. Calquera na súa propiedade pode permitir a celebración dun mitin. No caso dunha comunidade de montes, entón xa se trataría dun tema interno, estatutos, socios, e que nada tería que ver coa xunta electoral, senón tería que ver o funcionamento interno da Comunidade.
3º) Se o local non está designado como local electoral e é propiedade municipal. Entón poderíase reclamar tanto ante o concello como ante a xunta electoral.

Non sei se me expliquei ben, pero ante calquera dubida envíame un mail e tentarei resolvela.

P.D. Isto non é un informe xurídico, so unha opinión persoal en base a miña experiencia, polo que podo cometer algún erro no que che estou dicindo.

No hay comentarios: