Hoxe sae esta gran noticia para os veciños e veciñas de Boiro, agardemos que non sexa unha promesa mais dos políticos: Os comuneiros de Boiro ceden terreos cerca do centro urbano para unha residencia de maiores
Da noticia interésame facer unhas reflexións en voz alta, que me interesan debullar moi polo miúdo:
Da noticia interésame facer unhas reflexións en voz alta, que me interesan debullar moi polo miúdo:
«Onte, o propio alcalde recordou que o bipartito autonómico, no seu día, comprometeuse a apoiar a creación deste edificio, sen que se acabase concretando esa promesa sequera sobre o papel».É curioso, catro anos calados mirando para outro lado, agora largan todo e quedan tan panchos. Sinto dicilo, pero o cinismo dos políticos alcanza cotas inimaxinables. En fin, os votantes sempre teñen a tixola polo man 1 día, e 1459 para arrepentirse.
«Los comuneros de Boiro cedieron al Concello los terrenos necesarios para levantar el inmueble...».A noticia dío ben claro, "os comuneiros cederon", para nada se di "o presidente cedeu".
O domingo, o
Pero bueno, escoitarlle a algunha comuneira dicir que gracias a el se construíu o local apaga e vamos. Ata onde sei, pagouse gracias aos pinos do monte e o presidente non puxo ren do seu peto.
Esa señora, ao igual que o presidente, que non son nativos de Nebra, seguramente non sabe que cando se plantaron, os nosos avós derramaron moitas bagoas porque de ter unha economía de subsistencia gracias a súa pequena cabana de cabras e ovellas, tiveron que malvendelas cando lles roubaron o monte. Pero que pode entender disto xente que non viviu esas calamidades?.
Se temos o local non é mérito nin deste presidente, nin de calquera outro, nin tan sequera meu, que ao fin e ao cabo, fun o único que loitou para que o solar fose única e exclusivamente da comunidade e non de seis ex-directivos. Remito, para min todo mérito e dos nosos avós e pais que participaron na repoboación.
«Para que a cesión non quede no aire, onte mesmo asinouse un convenio entre as partes, e esta mesma semana o asunto levará a pleno. Ademais, os comuneiros, cuxa directiva estivo representada na firma do acordo por varios membros, co presidente Manuel Sieira á cabeza, sinalaron que non están dispostos a que a construción da residencia demórese eternamente...».Mais claridade imposible. Son testemuñas da sinatura varios membros da directiva co seu presidente á cabeza, o goberno local de Boiro e a prensa. Non podo dicir o mesmo das cesións que se fixeron en Nebra ás nosas costas, como foi permitir que gandeiros alleos á comunidade fixesen uso das nosas instalacións. No enlace poden ver os cabalos que ao final resultaron ser dun veciño de Noia: Favoritismos na nosa comunidade
E falando de favoritismos, que dereitos aplicarían algúns directivos que fixeron queimas nas súas propiedades, para ter ao seu dispor o coche da comunidade coa motobomba?. Non se dan de conta que Nebra, aínda sendo a parroquia máis grande do Concello, máis tarde ou máis cedo sábese todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario