lunes, 23 de julio de 2012

Xornada para a prevención e loita contra os incendios forestais


Unha vez máis, a Comunidade de Montes de Baroña é pioneira en organizar cursillos para os seus asociados e todo aquel que teña interese en aprender o que neles tratan de amosar. No tema dos incendios é moi importante saber ao que se enfronta un, sobre todo se este é forestal.
Data: Sábado 28 de xullo de 2012
Horario: Ás 5 do serán
Lugar: Local da CMVMC de Baroña

  • Parte teórica:
  • Conferencia na que se falará sobre a prevención e loita contra os incendios forestais, tratando entre outros asuntos as pautas a seguir en caso de lume, que se debe facer, a quen chamar, etc.

  • Parte práctica:
  • Demostración do funcionamento dos medios de extinción como camión de bombeiros, batelumes, lanzas de auga, colocación e recollida de mangueiras, equipos de proteccións individual, etc.

Colabora: Distrito Forestal IV (Noia)
Concello de Porto do Son (Consellería do Medio Ambiente)

Plano e Coordenadas
Latitude: 42°42'2.00"N
Longitude 9° 0'53.69"O

No hay comentarios: