Amosando publicacións coa etiqueta CMVMC de Baroña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CMVMC de Baroña. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de agosto de 2017

Parabéns a Ovidio o presidente da Comunidade de Montes de Baroña

En este documento se quiere expresar una disculpa pública a Ovidio Queiruga González, presidente de la comunidad de montes de Baroña, por el daño causado a consecuencia de las actuaciones que a continuación se explican:

En Nebra tamén houbo unha querela contra uns directivos e un dos querelantes facendo de Xuíz apupado por outros comuneiros puxeron por ladróns aos demandados. A pesar de cobraron fielmente os seus presuntos gastos non deixaron na documentación os "papeis" que segundo consta nalgunhas conseguiran durante os trámites da querela, nin os que aduciron que conseguiron, xa coma directivos se grave é o primeiro máis o é no segundo. É coma se eu qu conseguín recuperar para a Comunidade o solar onde temos o local, me quedase con el.

E en parte tería dereito porque a día de hoxe a pesar de que neste caso houbo unha sentenza, aínda non recuperei os gastos por que segundo me comunicaron por escrito os directivos que perderon as eleccións cando me presentei reclamaba máis do que segundo eles e o seu avogado (non un xuíz), o que me correspondía. Avogado que por certo foi o que asesorou e defendeu aos que puxeron o ben ao seu nome e que por ese informe lles cobrou 25.000 ptas., porque claro pagaba a comunidade. Co peto da comunidade calquera a defende o carallo "perdón" foi defendela cos cartos dun.

Extracto da acta do 7 Sete de decembro de 1991.
3° Presentación de gastos de material de equipo y otros:
El Sr. presidente Jesús Rodríguez Maneiro presenta ante todos los comuneros presentes los gastos de materiales que se han hecho desde que la directiva se ha formado, donde todos los comuneros los aceptan sin ninguna contrapuesta y al mismo tiempo presenta otros que también pertenecen a la comunidad de montes de Nebra, pero estos pertenecientes a fechas anteriores a la fecha que se ha formado esta directiva, pero con relación a los gastos ocasionados para defender los intereses de esta parroquia (gastos ocasionados para defender) pertenecientes a la comunidad de montes, porque en su momento el anterior presidente no había querido presentar las cuentas a los comuneros. Donde en estos momentos la mayoría de los presentes aceptan diciendo que debido a ese capital invertido en esa defensa, ha aumentado el capital que antes no aparecía.

Definición de Sobreseimiento:

La palabra sobreseimiento refiere a la acción y el efecto de sobreseer. En tanto, sobreseer implica cesar en una instrucción sumarial, dejar sin curso ulterior un procedimiento judicial. El juez finalmente sobreseyó al principal sospechoso porque no halló ninguna prueba excluyente para procesarlo.

El sobreseimiento es una resolución judicial bastante común que es dictada, ya sea por un juez o por un tribunal, a partir de la cual suspenden un proceso que se estaba siguiendo como consecuencia de la falta de causas que justifiquen la acción de la justicia en el mismo. Se trata de una resolución que habitualmente resulta ser una institución del derecho procesal penal, tal como se denomina al conjunto de normas que regulan cualquier proceso de carácter penal desde el inicio hasta el fin (la actividad de los jueces y la ley de fondo en la sentencia).

Al no haber suficientes pruebas y la predominancia de presupuestos, el juez o el tribunal, no pueden conocer de ningún modo el fondo del asunto, y entonces deciden terminar el proceso antes de dictar sentencia, dando lugar a la figura del sobreseimiento.

Dependiendo de la legislación en cuestión, el sobreseimiento, deja una puerta entreabierta para la reapertura del proceso más adelante, ya que al no haber cosa juzgada, se abre tal posibilidad en el futuro en caso de aparecer nuevas y contundentes pruebas.

En la mayoría de los casos el sobreseimiento se dicta a partir de un auto, que es una resolución judicial a través de la cual el juez o el tribunal se pronuncia respecto de peticiones de las partes, resolviendo respecto de incidencias.

Entre los tipos de sobreseimientos se destacan: el definitivo y el temporal, dependiendo de si pone término final al mismo, o en su defecto, lo suspende por determinadas causas; y también puede ser total o parcial, en relación a si el mismo refiere a todos o a algunas de las partes de la causa en cuestión.

Auto de sobresemento

Curioso xustificante que atopei fisgando na documentación que escaneei no seu día. Magoa que non os tivese á man no seu día cando unha xuíz sentenciou que as contas estaban ben dadas. Claro que nesa mesma sentenza tamén dixo que eu estivera presente nas 3 asembleas que disque deran as contas e sen embargo non veu que as 3 testemuñas que levaran contra min, non estiveran. Chegáballe con mirar a lista dos presentes mais non lle interesou porque os demandados alegaron que todo o que acía era pola miña afiliación política (BNG), aínda que non vin por ningún paragrafo que sacasen a súa (PP), a relucir.

xoves, 22 de xuño de 2017

III Ruta Cabalar Monte de Baroña

Perfil en Facebook da Comunidade de Montes de Baroña: Para todos os que teñan cabalo e queiran desfrutar dun día en boa compañía no noso monte. Animádevos. Prazas limitadas.

sábado, 8 de abril de 2017

Baroña implicando nos valores do monte aos novos comuneiros e comuneiras

Unn ano máis a Comunidade de Montes de Baroña, coa colaboración do Concello de Porto do Son, o Distrito Forestal IV e os mestres do Colexio Campanario mergullaron aos alumnos da importancia no monte das arbores frondosas, colaborando na plantación de castiñeiros nogueiras e cerdeiras, polo que se saen adiante dentro duns anos pódense beneficiar dos seus froitos.

Desde o máis infante ao maior todos e todas puxéronlles moitas tanto a preparalo buratos que previamente a Comunidade habilitara como a botarlle terra e abono ás plantas.

É unha boa formula para que co tempo segundo se vaian facendo maiores coma eses arbores o día de mañá miren o monte con outros ollos.

Ao remate da "faena" deron boa conta da "parva" que lles tiñan preparada.






xoves, 6 de abril de 2017

Plantación de árbores frondosas en Baroña

A Comunidade de Montes de Baroña vai realizar este venres día 7 de Abril a plantación de árbores frondosas para os nenos do colexio Campanario de Baroña no lugar do Alto da Lomba.

Dende aquí aproveitamos para convidarvos a todos a que nos acompañedes nesta actividade cos nenos para que valoren a importancia que ten o monte nas nosas vidas, ademais de ensinarlles valores de respecto e coidado da natureza.

E recorda que ti formas parte disto. ¡¡¡cóidao!!!

domingo, 12 de marzo de 2017

«A finais deste mes teremos retirada ou vendida toda a madeira queimada»

Arriba zona queimada a carón da Ponte Medieval en Caamaño e abaixo, no camiño que vai desde a ponte ao merendeiro da Coviña en Xuño.
A situación das parroquias afectadas polos lumes do verán xera un debate no que Medio Rural non se agacha e opina

En virtude das restricións legais para poder seguir lendo a nova deben pulsar: Aquí

domingo, 12 de xullo de 2015

I Ruta a cabalo "Monte de Baroña"

A Comunidade de Montes de Baroña, organiza a 1ª ruta cabalar polos seus montes.

Programa:

  • Xuntanza ás 10 da mañá no Curro da Enxa, para tomar un café e organizar a saída
  • Percorrido a cabalo polo monte Grallade e volta ao lugar de saída con parada a media ruta para tomar uns pinchos.
  • Ás 14:30 h. comida campestre no Curro da Enxa.

Prezo 20 €/persoa
             10 €/menores de 12 anos
Prazas limitadas!!!

Información e reserva:

679 156 855

(Data limite mércores 15 de xullo de 2015)

Colabora: Concello de Porto do Son

mércores, 1 de xullo de 2015

Instantáneas e vídeos da Rapa de Baroña 2015

Un ano máis invitado polo presidente da Comunidade de Montes acudín a presenciar esta faena na que como se pode ver, tanto se implican os máis novos. Aínda que solo puiden acudir un día, foron dous días intensos de traballo.

Pola mañá moi cedo a cabalo ou andando acoden aos peches onde as bestas pasan a maior parte do ano con alternancia cando o pasto lles escasea para levalos ao curro. Neste tipo de rapa ao contrario dos tradicionais curros, non se loita contra os animais, aínda que eles tratan de non deixarse dominar.

Unha vez xuntos, comezan a labor de dirixilos cara aos «potros» onde tres «perruqueiros» vanlles cortando a crin e déixanlles como unha cuarta no rabo. Cando rematan sulfatáselle un pesticida contra os tabáns, pónselle a chapa na orella ou trocáselle e por último se ten parasitos, desparasitanse con unha inxección, e se non teñen chip, colocaselle.





luns, 22 de xuño de 2015

Rapa das Bestas en Baroña


A Comunidad de Montes de Baroña invita a tod@s a participar na Rapa das Bestas que se celebrará o luns 22 e martes 23 ao longo do día dende as 9 da maña.

Ubicación: Curro na ladeira do monte Enxa.

A desfrutar.

luns, 14 de abril de 2014

Aparcando os libros, para collelos sachos e palas

La Voz de Galicia: Alumnos del Ceip Campanario plantan árboles en Porto do Son

TV27Barbanza: A Comunidade de montes de Baroña coa colaboración do Concello de Porto do Son e os alumnos do Ceip Campanario e Ceip Santa Irene rexeneran os montes

Alumnos do Ceip Campanario de Baroña colaboraron esta mañá coa comunidade de montes na rexeneracion de zonas arbóreas queimadas o pasado vran. A comunidade de montes leva varios anos realizando tarefas de reforestación con especies autóctonas, este ano proxectan a plantación de 600 castaños. Esta maña os alumnos e alumnas do Ceip Campanario repoboaban de avellanos unha zona próxima ó campo de futbol. Colaboran coa actividade o concello de Porto do Son, que apoiou económicamente a compra das árbores e o persoal do distrito 4 de Noia, que ofreceron unhas charlas ós rapaces e axudáronos a realizar unha boa plantación.

venres, 13 de setembro de 2013

Lume nas Comunidades de Montes de Noal e Baroña

Terrible a noite vivida o día 11 no Poblado e Laxieles, en pleno casco urbano do Concello, por mor dun incendio, que na mañá do día 12, aínda se albiscaba a cortina de fume dende Nebra. O lume arrasou a zona coñecida como Pozos da Garda onde se atopa este petróglifo, levando por diante un espazo que @s comuneir@s de Noal, coidaban con sumo esmero, xa que, habían plantado diversas especies de árbores autóctonas. Castiñeiros, nogueiras, sobreiras, carballos, etc. Polas vistas e polo petróglifo, é unha ruta de sendeirismo moi visitada por turistas e nativos.
As imaxes de arriba, da zona agora desbastada, foron tomadas nunha das visitas guiadas das Xornadas de Historia que se viñan celebrando no Concello.
Petróglifo fotografado o mesmo día, e a dereita vistas dende o peirao o día 8. Como se pode ollar a zona estaba limpa, máis non foi impedimento para que o lume arrasase con todo. Grazas a iso, o impacto sobre el, ao contrario que noutras zonas, pode ser clave na súa conservación.
O lume tamén rodeou a casa coñecida como da "Forestal", propiedade da Comunidade de Montes de Baroña, o Campo de fútbol do Preguntoiro, os edificios de Cáritas e obrigou a evacuar a unha señora que ten a casa ao seu carón. No seu camiñar sen control, mesmo levou por diante leiras de millo na Arnela. No Campanario tamén obrigou a evacuala escola e nesta aldea atopamos máis petróglifos: Os da Gurita. Descoñezo se chegaron a ser afectados.
O incendio foi provocado de noite, con miras claras a facelo maior dano posible. Os únicos medios aéreos que se ollaron unha vez que puideron actuar foron 2 hidroavións.
Hoxe pola mañá divisábase outra fumareda, neste caso procedente dos montes de Queiruga, e Caamaño afectando no primeiro caso a un parque eólico, e segundo me comentaron, rodeou a aldea de Xestas un referente de sostenibilidade na zona. Contra o mediodía debeu pasar aos Chans do Barbanza, a pesar de que había 4 hidroavións e un helicóptero.