Un ano máis invitado polo presidente da Comunidade de Montes acudín a presenciar esta faena na que como se pode ver, tanto se implican os máis novos. Aínda que solo puiden acudir un día, foron dous días intensos de traballo.
Pola mañá moi cedo a cabalo ou andando acoden aos peches onde as bestas pasan a maior parte do ano con alternancia cando o pasto lles escasea para levalos ao curro. Neste tipo de rapa ao contrario dos tradicionais curros, non se loita contra os animais, aínda que eles tratan de non deixarse dominar.
Unha vez xuntos, comezan a labor de dirixilos cara aos «potros» onde tres «perruqueiros» vanlles cortando a crin e déixanlles como unha cuarta no rabo. Cando rematan sulfatáselle un pesticida contra os tabáns, pónselle a chapa na orella ou trocáselle e por último se ten parasitos, desparasitanse con unha inxección, e se non teñen chip, colocaselle.

No hay comentarios:
Publicar un comentario