viernes, 10 de julio de 2015

Comuneiros venden leña na zona de Vilagarcia

Atopámonos ante outro exemplo de saber xestionar unha comunidade ou vivir na inopia, porque mentres aquí a pesar de explicarlles aos excompañeiros que tiñamos que darlle unha solución a estas 9 Has, de este eucaliptal que nos rareou Tragsa, primeiro deixaron que o mato cubrise os eucaliptos cortados e a finais de xullo aínda estaban estudando que solución lle ían dar.

E claro como as cousas do pazo van tan despazo, o 10 de agosto o lume levounos todo por diante, e como se pode ver nas datas que tomei as fotos tempo déronlle dabondo, mais eles quedaron seguindo xestionando a comunidade así de ben, e eu vinme na obriga de deixar ese caciqueo.

Porén como me dixo onte un veciño que foi a poucas asembleas, pero que está máis ao tanto que moitos dos que foron a case todas, a maioría comunga con rodas de muíño, engadindo que se el ou eu estivésemos ao fronte da comunidade xa nos tiñan montado manifestacións diante da casa, polo que me asegurou que á vista do que temos non hai nada como ser de fora para caer ben en Nebra. Neste caso doulle toda a razón, visto o que pasou noutros tempos contra catro veciños.


LEÑA BARATA
Os comuneiros de Rubiáns venden leña cuns marxes de beneficio baixos, propios dunha Comunidade de Montes. Pino a 35€/m3, Eucalipto a 45€/m3 e Carballo a 60€/m3. A leña sérvese estibada, pódese medir rapidamente. Axúdenos a xestionar eficazmente os nosos montes mercándonos a nós a leña que precise. Se nos merca unha vez, mercaranos sempre.

No hay comentarios: