domingo, 22 de julio de 2012

Concentración contra o progreso egoista


Aproveito para lembrar tres frases de Castelao sobre os arbores:
  • "O arbore é o signo espiritual da Galiza"
  • "Val máis unha terra con arbores nos montes que un Estado con ouro nos bancos"
  • "A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o Estado"
ORGACCMM: Tala indiscriminada en Cerdedo

Concentración contra a tala masiva de carballos en Cerdedo

Despois da denuncia de que o alcalde do concello de Cerdedo, Silvestre José Balseiros Guinarte (PP), ordenara a corta de árbores autóctonas, a Asociación Verbo Xido organizou un acto en protesta na Carballeira de Meilide para o sábado día 21 de xullo ás 20 horas. Estiveron presentes a Federación Ecoloxista Galega e a ORGACCMM.

A absurda decisión do alcalde da tala indiscriminada, mesmo é contraria á Lei 3/2007 que decreta excepcións para as frondosas, levantou a preocupación e a mobilización veciñal en contra da medida.

A ORGACCMM estivo representada por tres dos membros da Xunta Reitora, sendo o Presidente un dos intervenientes no acto na defensa do monte e das frondosas.

O acto rematou cunha visita ao senlleiro Pazo da Raposeira, casa de infancia de Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como Frei Martín Sarmiento, figura indispensable da cultura galega. O Pazo está lamentablemente en franco abandono a pesar dos esforzos para a súa recuperación levados a cabo pola Asociación Verbo Xido.

Máximo apoio a ambas iniciativas. Podedes ver as fotos... é preciso ter conta no facebook.

No hay comentarios: