A Comunidade debe estar moi satisfeita e orgullosa pola Asemblea do 3 de maio: creo que melloramos e progresamos na relación entre nós.
Moita xente entre a que me conto, preguntámonos se nos toma por idiotas ou analfabetos. As "hostilidades" nas asembleas derivaron pola súa culpa a raíz da primeira asemblea onde se debatían os bancos da Igrexa. Punto que tivemos que debater noutras dúas, porque estaba totalmente en contra e tratou de "impor" a súa idea, cousa que ao final non logrou.
Acta do 9 de abril de 2006.- Asistentes 96: votan si 48 si, non 21, brancos 2, abstencións 4 e non presentes 21. Non se aproba por falta de quórum.
Acta do 28 de maio de 2006.- Asistentes 81. Ese dia entregara para votar cartolinas verdes para si e roxas, para non. O presidente pide votar ao mesmo tempo para si e non, sendo o primeiro e levantala roxa e conta as cartolinas ao mesmo tempo dun color e outro. O resultado segundo el era: 33 si, e 12 non. Pide abstencións e so 7 alzaron a man, os 29 restantes simplemente non votaron porque pediran voto secreto e rebotáronse contra o presidente.
Non acata o resultado e anuncia o voto en secreto. Nese momento a maioría dos comuneiros comezaron a marcharse ante a tomadura de pelo, entregándome as papeletas e un vogal, dimitiu ese dia.
O segundo reconto foi: 39 si, 27 non, 2 brancos, 3 abstencións, 1 nulo. Di que non hai quórum e suspende a asemblea.
Acta do 3 de setembro de 2006.- Asistentes 83: votan 59 si, 18 non, 2 brancos, 2 nulos e 1 abstención. Queda aprobado facelos bancos
Acta do 13 de maio de 2007, asemblea onde fun expulsado.- Asistentes 100. Votación recollida polo presidente no estado de contas, 60 si, non 11, nulos 1, brancos 5, abstención do secretario, non presentes 23. Non hai quórum no momento da votación como pasara na 1ª e 2ª cos bancos, pero aproba todo. Segue coa asemblea e tamén aproba unha subvención de 4 mil euros para o equipo de fútbol.
Algúns falamos de máis e, por momentos sen a calma precisa...
No meu caso considero que non falei de máis e agardo que conste en acta. Se non mantiven a calma precisa, e porque non estou disposto a que se mofen e burlen de min, e moito menos a aguantar os seus desplantes e xestos contra min. O primeiro que ten que facer un presidente é respectar aos comuneiros e comuneiras.
...pódese dicir que a reunión transcorreu dun xeito case modélico, exemplar.
Repito, as reunións modélicas déronse ata que saltou o tema dos bancos a partir dese dia descubriuse a súa Democracia?
A Asemblea da parroquia debe supervisar o que suceda e aprobar ou corrixir o que a xunta reitora fai en representación dela: decidira se as actividades e o rumbo determinados pola directiva son, ou non, os adecuados, e, no seu caso, rectificara a marcha como mellor lle pareza.Pura demagoxia. Que vamos a aprobar ou a corrixir, se cando nos enteramos..., se nos enteramos, xa esta todo supostamente aprobado e feito e non podemos corrixir nada, se non queremos endebedar máis a comunidade. No caso das contratacións a dedo para que comuneiros "amigos" do presidente fixesen traballos remunerados pola comunidade, foron en contra da miña opinión, pero gañou a maioría democrática? de 3 directivos contra 1. Acordo tomado totalmente ilegal, xa que non se aprobou nas asembleas da xunta reitora.
Rectificara: Veremos esta demagoxia barata a onde o leva. O domingo a rectificación que lle vou pedir, vai ser devolver o agro de meu pai ao estado no que estaba antes de que llo dividise coa pista. Pode aducir que de 240 comuneiros do censo, 239 están a prol, pero non estamos falando dun ben comunal. O que faga cos bens comunais é problema dos comuneiros, o que fixo cos bens de meu pai, e problema noso.
Con todo se impediramos que a Asemblea actuase debidamente, e so servira para que berrásemos os uns cos outros, seria bastante unha convocatoria anual.Dende logo hai que telos como as bolas de Loreto ou de Cela, para dicir iso. Primeiro, para ter unha soa reunión anual, como ben lle lembrei e na xestoría xa o sabían, en xaneiro había que aprobalo censo e seria nesa entón, onde ten que aprobalo estado de contas ou xa pasariamos a ter que celebrar dúas.
De aquí en diante e a vista da mellora, pensamos que se debía reunir mais frecuentemente.Dende logo cinismo non lle falta, está dicindo claramente que o motivo de non convocarnos en 11 meses foi un castigo. Acaso foi polo menosprezo e humillación que lles fixo pasar aos comuneiros e comuneiras na asemblea do 1 de xuño de 2008, cando se negou en redondo a explicalo Punto Limpo: http://nebra-nebra.blogspot.com/2008/06/que-vergoa.html
2 comentarios:
A xente comenta que desde logo tes un aguante impresionante. Polo visto, salvo Caseiro que se mostrou o home neutral, din que o de Juan e especialmente o de Sieira e o presidente, foi impresentable e que menos gue guapo, dixeronche de todo.
Tamén din que se non e por Rosa, a directiva saliase coa sua de enchufar a 4 amigos na cuadrilla. A pregunta e, como habendo tantos interesados en apuntarse non protestasen ante a inxusticia que se iba a cometer, ao ter solo un a posibilidad de ir a un sorteo limpio.
O do muro e porque pensan darlle traballos aos 3 que deron presuposto para o local, por iso agora lle tocou a Isidro. Dixo un familiar.
Haber se o domingo, podemos ter a sorte de que se presente algunha candidatura para ter donde elexir.
Se se mostrou neutral, terao que demostrar coa acta.
Ademais de Rosa falou outra xente, pero creo que é verdade, se falo só eu, seguro que saian coa súa.
O familiar é normal que os defenda, come tamén grazas a ese traballo. O problema é que eu por dicila verdade, créome un inimigo e eles, un amigo. Por iso ten que entrar saiba nova que evite estas cacicadas e que tódolos construtores teñan as mesmas posibilidades.
Algúns non presentaron presuposto, pero foron claros, dixeron que non tiñan xente para facelo local. Para o muro seguro que tiñan.
Xa se sabe porque antigamente os porcos quedaban coxos ou porque unha empresa daba agasallos aos directivos. Grazas a miña postura, conseguín repartilos entre os comuneiros mediante sorteo. Ninguén mo agradeceu e tampouco o buscaba, fíxeno porque a conciencia mo pedía.
Publicar un comentario