Hoxe achego a nova dunha Comunidade de Montes de Caldas de Reis, que ven de inaugurar un novo local social. Aparte de que unha moi boa noticia, o que me fixo fixarme na noticia é que segundo esta, o Concello aportou a metade dos 200.000 euros que custou... en Nebra aínda non temos a sorte de coñecelo custo real do noso.
Botando unha ollada á súa corporación e a que gobernaba o noso Concello daquela, decátome do que manteño dende sempre, cada cargo político é un mundo, independentemente onde milite.
Botando unha ollada á súa corporación e a que gobernaba o noso Concello daquela, decátome do que manteño dende sempre, cada cargo político é un mundo, independentemente onde milite.
CMVMC Santa María (Caldas de Reis)
Luns, 3 de Maio de 2010
Caldas incrementa as súas infraestruturas co apoio dos comuneiros
REPORTAXE DE A. B.
Santa María xa ten un novo local social. Estreouno onte e ao grande, tanto que o salón quedou pequeno para acoller a todos os veciños que quixeron estar presentes. Un dos poucos que non puido acudir foi precisamente o presidente da Comunidade de Montes, Ramón Camiña, que onte se atopaba convalecente no hospital, pero para quen os seus compañeiros de directiva tiveron palabras de recoñecemento polo traballo realizado para que Santa María conte cun local social en condicións.
Juan Manuel Rei, alcalde de Caldas, que presidiu o acto xunto ao presidente da Federación de Comunidades de Montes e do secretario da caldense, Pedro Figueiras, anunciou a inminente construción dun parque infantil a escasos douscentos metros do local inaugurado onte.
Unha subvención de 8.000 euros concedida pola Deputación á recentemente constituída asociación cultural Vía 19 permitirá que Caldas conte cun novo espazo de lecer e esparexemento para os máis pequenos. Rei, que fixo onte o anuncio en Santa María, agradeceu a iniciativa deste novo colectivo, encargado de xestionar esta axuda provincial. No transcurso do pleno celebrado o venres, o portavoz do Partido Popular fixese xa unha mención de agradecemento, referíndose tamén á directiva do colectivo cultural por promover esta iniciativa..
O local social de Santa María recibiu onte a bendición do párroco, tras o que procederon ao descubrimento da placa, unha tarefa que compartiron o alcalde de Caldas e o comuneiro de maior idade da parroquia. Un viño español, compartido polos numerosos veciños asistentes ao acto, deu por inaugurado oficialmente un local social moi demandado polos veciños. Cabe lembrar que Santa María conta con outra infraestrutura social, de carácter municipal, situada no lugar de Souto, pero que é insuficiente para acoller a actividade asociativa dos colectivos desta zona. Nestes momentos o local está a ser obxecto dunha obra de rehabilitación financiada con cargo aos fondos do Plan II.
O local social da Comunidade de Monte de Santa María tivo un custo que superou os 200.000 euros, dos cales 100.000 foron achegados polo Concello de Caldas de Reis mentres que o outro 50% foi sufragado polos comuneiros con fondos propios, aínda que mantiveron diferentes contactos con outras administracións para conseguir, polo menos, respaldo para o mobiliario e acondicionamento interior do inmoble.
O Concello outorgou a licenza para a construción deste local o pasado mes de marzo de 2009 e a Comunidade de Montes iniciou os traballos de forma inmediata. En pouco máis de once meses a obra é xa unha realidade, a disposición de todos os veciños desta parroquia.
Ao acto de onte asistiu tamén unha nutrida representación de políticos locais entre os que se atopaba o portavoz do PP Jesús Goldar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario