Amosando publicacións coa etiqueta Caciquismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Caciquismo. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de xuño de 2010

Ula o acordo da cacicada a meu pai?

Sinto ser reincidente por relatar de novo a cacicada cometida contra meu pai, pero se tal e como actuou nesta ocasión o director Xeral de Montes, o fixera o seu antecesor, os seus  dereitos houbesen sido respectados, tanto por parte do presidente ou directivos da comunidade que supostamente deron a orde de r...lle o agro e a madeira, como de Medio Rural, que foi quen acometeu a obra.

Aínda que nada ter que ve-la información de hoxe con todo iso, venme con anel ao dedo para poder explicar unha vez máis a forma correcta que por aquel entón debeu aplicala Administración. Tal é como se pode comprobar na ligazón que achego, varias comunidades, entre elas Nebra, deberán aportar unha serie de documentos para poder acollerse á subvención solicitada. A nosa non ten que presentala referenciada co código 7, de aí que a tache, pero ese é o dato que preciso para o post.
Acordo dos/das titulares dos terreos forestais para a designación dun/dunha representante para efectos da tramitación da axuda segundo o anexo VI
Non é o caso, pero parecido a ese acordo era o que Medio Rural tiña que haberlle reclamado ao presidente, como máximo responsable da comunidade, antes de metelas palas no agro de meu pai e dos outros tres, porque repito, coma secretario da comunidade nese intre fun o último en sabelo e tivo «vemoles» a cousa.
Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante para pedir axudas.
Outro documento que deberían haberlle reclamado e que pasaron por alto, salvo que presuntamente se falsificase, pero o que si teño moi claro é, como foi posible que só de palabra, Nebra conquerise que Medio Rural abrise esa pista?

Non sei a conto de que ven que o presidente siga insistido que sobre este caso aínda hai moito que falar. Falar qué? ¿A caso vai devolvelo terreo ao seu estado anterior e repolas arbores? Por moito que nunha acta eu recollese fehacientemente as súas verbas de que que se os comuneiros non estabamos de acordo con algo que fixese previamente sen autorización da asemblea xeral, se "desfacía". Iso é o seu conto de sempre e aínda lle dura.

Resolución do 11 de xuño de 2010.PDF, da Dirección Xeral de Montes, pola que se require a mellora das solicitudes presentadas polos interesados ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2010, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común.

O artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, establece que se a solicitude de iniciación dun expediente non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior e os esixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, se requirirá o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42.

O artigo 7.1º da Orde do 7 de abril de 2010 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común (Diario Oficial de Galicia do 12 de abril), prevé que, unha vez presentada a solicitude, se revisará a súa documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións, o requirimento de erros da solicitude, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6º b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada.

Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural á cal se remitirá o texto publicado no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia,
RESOLVO:
Requirir os solicitantes que figuran no anexo desta resolución para que nun prazo de dez días hábiles emenden a falta ou xunten os documentos que se especifican no anexo.

No caso de que non o fixeren así, teranse por desistidos da súa solicitude, logo da resolución que se dite para o efecto.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2010.
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes
Expediente: 02150021/2010 Data rexistro: 12-5-2010
DNI/CIF: V15223787
Nome ou razón social: CMVMC da parroquia de Nebra
Concello: Porto do Son
Documentación que se debe emendar: 2, 3, 4, 5, 6, 8, 9, 11, 15, 16 e 17

ANEXO
Listaxe dos documentos requiridos co seu código
Código Documento
2 Valoración económica das accións solicitadas
3 Fotocopia dos CIF da CMVMC
4 Certificación orixinal da entidade financeira
5 Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante para pedir axudas Orde do día da toma do acordo
6 Datos dos montes obxecto da axuda segundo o anexo V
7 Acordo dos/das titulares dos terreos forestais para a designación dun/dunha representante para efectos da tramitación da axuda segundo o anexo VI
8 Declaración das axudas do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para esta mesma finalidade ou anexo VII
9 Memoria (2 copias)
11 Descrición das actuacións
15 Cartografía
16 R.N. 2000, Camiño de Santiago e Rexistro de Bens de Interese Cultural
17 Orzamento

martes, 12 de maio de 2009

Ditadura, discriminación, caciquismo e presidencialismo: 2ª parte

«Decidimos na xunta reitora que en vez de abrir outro proceso deses que tanto che gustan a ti...»

Esta frase adicouma o presidente, ficando tan "chulo", cando lle preguntei pola adxudicación a dedo (sen concurso de adxudicación) de 2 muros. Dita obra custou, presuntamente, 12 mil euros, e, segundo me informou o alcalde, fíxose sen licenza municipal.

Debido as intervencións que xorden nesta parte de propostas e preguntas, e o carácter das mesmas, dareille outro enfoque a esta entrada para dixerila mellor. Comeza a cousa cando tomo a palabra para a primeira consulta:

- Paco Calo (eu): Quería saber se a Xunta Electoral dou autorización para dar un mitin neste local? Está aprobado polos comuneiros cedelo para dar mitins mentres a veciños de Nebra se lles negou dúas veces? (ve-lo artigo: Local veciñal, de amigos ou do Bloque?).
- Presidente (P.): A Xunta Electoral non dou permiso para nada.
- eu: Quen dou permiso para dalo mitin aquí?
- P.: ¡Eu!
- eu: De quen é o local, do presidente ou dos comuneiros?
- P.: Se non o sabes! Non sabes de quen é o local? (mentres di estas verbas, fai un aceno despectivo levando un dedo á sen dereita).
- eu: Penso que é dos comuneiros.
- P.: Si, haber se o sabes.
- eu: Os comuneiros teremos algo que dicir nisto, non sei? Se o presidente me di que son o presidente e fago o que quero.
- P.: Que o que eu queira, non o dixen tampouco.
- eu: Acabas de dicir que fuches ti o que destes autorización.
- P.: Si...! E qué!?

Este "qué", provoca risas nun pequeno sector que non sabe de que vai a cousa, e menos comportarse. Tanto o presidente coma esa xente, deberon pensar que lle preguntara a quen cedera a súa casa e non o "noso" local. A forma xocosa de responder e o seu airado ton, fai que levante a voz.

- eu: Santiago non me fagas pasar... entendes? Ti non es quen, para darlle ao Bloque autorización para dar aquí un mitin no local!!.
- P.: Iso é porque o dis ti, ou por qué é!?
- eu: Iso é porque o din... os estatutos da comunidade e punto.
- P.: Que os estatutos da comunidade din qué...? Eu dei permiso para que viñesen poñer esa trapallada aquí e que viñesen dar a palilla aquí. Pedinlle permiso á Xunta Electoral...? noon, e non llo vou pedir (frase apupada por unha vogal: aí, aí).

Ás veces non é bo botala lingua a pacer. Na mesma asemblea podía facela calar con razóns de peso, pero caleime por educación. Educación e "intereses" son incompatibles, coido que se me pode entender por onde vou.
Artigo 8º.- Corresponde á asemblea xeral.
- Aprobar o outorgamento de cesións, arrendamentos, plans de aproveitamento e toda clase de contratos con terceiros.
Neste caso houbo unha cesión e ao mellor, incluso tiña que haber un contrato, para que a comunidade estivese libre de posibles responsabilidades civís. No caso que di o presidente, o permiso fora dado a copropietarias, non a xente sen vinculación coa comunidade. Palillar non é dar mitins políticos, polo que neste caso nomeala Xunta Electoral, sobraba. Era o que faltaba, que non lles dese permiso, e si ao seu partido.

- eu: Estás confundindo... estávos confundindo... estávos confundindo!
- P.: Vale!
- (intervén outro comuneiro) F.F.: Iso non é así, ao ser un acto político deben contar coa conveniencia de tódolos veciños.
- P.: Si, si, e se mo pedira o PP ou o PSOE, por suposto tamén o facía. Este é un local para os veciños.
- F.F.: Non se podía facer iso.
- P.: Si... si. Este é un local para os veciños e se o PP me pide permiso, tamén o deixaba. Tanto se estou afiliado (BNG) a un partido político como se non, pero bueno. A min se o PP me di se pode dar un mitin aquí, por suposto. Quen dou autorización a... para...? non sei se o Bispo... o Arcebispo. Pois fun eu... e qué? Non vén a conto. É dicir, este local é dos veciños, e os veciños como se son do Bloque, como se son da parroquia... isto non hai nada que discutir. Agora que a ti non che guste eu dea autorización porque é do Bloque, pois son problemas teus.
- F.F.: Non, non, o problema será dos veciños.
- P.: Dos veciños non, eu dou autorización para dar un mitin, para para facer palilla, para facer un curso que se vai facer aquí o martes, para unha reunión que non lembro (Medio Rural). A comisión de festas non tivo problemas para usalo local.

Prodúcese un largo debate por este tema é cando o presidente di que non lle negou o local á comisión de festas, volvo a intervir.
- eu: Estou falando de Afune, da Asociación Afune.
- P.: Por Afune falou o teu fillo e díxenlles que viñeran aquí e que fixeran o que quixesen.
- (intervén o secretario de Afune) T.C.: Eu pedín permisos e díxoseme que ata que o local estivese entregado non se me podía firmar papel ningún.
- P.: Pregunta ás mulleres se teñen unha resposta por escrito?
- T.C.: A min dixéstesme, eu déixocho sen papeis, pero o tesoureiro dixo que non se podía.
- P.: Entón non estas falando o que falastes comigo, se non, o que falastes co tesoureiro.

O problema que concirne a Afune, e de aí que lle esixisen autorización por escrito, é que cando querían o local para facer unha exposición de 3 días, na primeira ocasión o presidente díxolles que se neses días, por un casual, lles fixera falla o local, que tiñan que pasar ao soto. Algo para eles inviable, xa que non podían desmontar todo en horas. No caso do tesoureiro, a explicación foi que mentres non estivese entregado, non podían autorizar o uso, cando nese medio tempo se lle cedera a Medio Rural para unha reunión da parcelaria.

Para pechar este debate quédome cunha frase que repetiu insistentemente o presidente: «eu dei os permisos para usalo local», en ningún momento usou os termos que nos deciden, "a xunta reitora acordamos dalos permisos".

- (intervén outra ex-vogal) J.S.: Se alguén de fora quere vir das clases ao local e se se lle da permiso, se hai troco de directiva, a nova pode dicir que non poden seguir antes de acabalas?
- P.: No que apunta Paco e máis xente, habería que darlle algún papel... pero de momento estamos agora mesmo sen luz... estamos en obras... dar un papel, en fin, se esta facendo así un pouco.

A isto teño que dicir, e sentíndoo pola xente, que no pouco tempo que estiven de secretario tratei de poñer a vocais e comuneiros ao día, mentres a outros interésalles máis que sexan analfabetos. Isto pasa con demasiadas persoas que non teñen unha conciencia comuneira. Dixéralles que os acordos tomados por outras directivas son vinculantes, sempre e cando se aproben legalmente. Se se aproba unha cesión segundo os estatutos, a nova directiva ten que asumila. Caso diferente, por poñer un exemplo, foi que xente allea á comunidade fixese uso de instalacións nosas, como foi o mitin ou que a gandeiros amigos puidesen gardalos cabalos nos nosos peches.

Prosegue o presidente:
- P.: Se non hai máis preguntas, nós estamos os sábados no local, e pódense aclarar cousas e ter a preguntar porque se fai isto e por qué non o facedes mellor... por qué non convocades isto... así estamos máis a diario, sen que haxa que estar reunidos sempre.
- eu: Iso non vale de nada, as asembleas non se poden suprimir. O que se fai os sábados, si, esta ben, pero iso non pode suprimilas asemblea, iso é o que estas dicindo, suprimilas asembleas. O que facedes agora os sábados, foi o que empecei a facer no outro local, pero non se tomaban determinacións, falábase, que vos parece isto ou o outro, e despois levábanse á Xunta Reitora e á Asemblea Xeral, pero o presidente di que esta facendo facendo cousas que se aproban os sábados, como é iso?
- P.: Pero eu no vou a discutir 30 anos máis Paco.
- eu: Contigo si, 30, 60 ou 90.
- P.: Por prazos! Podémolo discutir máis veces, pero vamos pasar todo o día a discutilo.
- eu: Eu xa o digo, contigo 30, 60 ou 90.
- P.: Si, a min gústame discutir, pero que non toda las cousas e que iso xa está discutido.

Teño que facer un alto para ler o apartado da convocatoria onde afirma o que lle estou dicindo.
«Moitas persoas, con moi distintas opinións, falaron e discutiron con nós de moitos asuntos, e todo o que fixemos fixémolo coa colaboración dun grande número de comuneiras e comuneiros»

Sinto dicilo, pero isto non ten pes ni cabeza e descoñezo en que comunidades de montes, aplican este termino, pero mais ben supoño que en ningunha. Cando remato de dar lectura a esa cita o presidente inquire:
- P: Si, e que queres dicir?
- eu: (non me deixa explicar o que acabo de ler, pero sigo) Ti non podes suprimilas asembleas e tratas de poñerme á xente en contra e xa mo dixestes unha vez, pero ti non podes suprimilas asembleas. (Xa me ameazara con por aos comuneiros na miña contra, se non dimitía. Iso fíxoo no Bar Universal, co vicepresidente e tesoureiro de testemuñas).
- P.: Non suprimo nada e se as asembleas son coma esta, estupendo... pero creo que é a primeira asemblea que sucedeu isto.

Moi mala memoria ten, os problemas empezaron a xurdir coas asembleas "embarulladas", cando se negou a acatar en dúas o voto maioritario dos comuneiros que aprobaron os bancos da Igrexa. Como estaba en contra fixo o imposible para que a xente se cabrease e non foi ata a terceira asemblea, na que tivo que "claudicar" co que libremente votaban os comuneiros e comuneiras. A seguinte foi cando lle preguntaron porque se contratara persoal xubilado, sen contrato e sen seguro para traballar no monte e ese mesmo día, inda sendo secretario, informei aos comuneiros que o presidente non podía trocalo proxecto do local e adxudicalo sen unha nova poxa.

- P.: Hai que tomar decisións tódolos días.
- eu: Teño outra pregunta...
- P.: Contestación á túa pregunta se me deixas. Hai que tomar decisións tódolos dias...
- eu: Si, como lle jod...s o agro de meu pai, pero déixame facer outra pregunta...
- P.: Si, pero déixame falar tamén a min, xa esta recollido en acta que o falamos moitas veces, hai que tomar decisións tódolos días e non se pode facer unha asemblea para cada decisión que haxa que tomar, iso esta moi claro....
- eu: Non estou dicindo iso e sabes que no estou dicindo.
- P.: Iso esta ben claro?
- eu: Si.
- P.: Entón despois tomamos decisións, se despois a ti non che gustan...

En ningún momento, e sei o que digo, que para iso están as actas que pouco a pouco irei publicando, non discutín ningún acordo tomado maioritariamente nunha asemblea, discuto acordos tomados de forma caciquil. Como ben digo, o presidente non só discutiu acordos votados maioritariamente, se non que obrigou a votalos 2 veces porque non lle gustaba o resultado e conseguía que a xente se marchase "cabreada". Dende logo hai que ser cínico, fixeron o que quixeron co agro de meu pai, e temos que claudicar porque tomaron eles a decisión e como non nos gustou, temos que apandar. Nin en tempos da Ditadura, se deron estes casos en Nebra.

Fago unha nova pregunta, relativo a adxudicación a dedo dos 2 muros arredor do local, que presuntamente custou 12 mil euros e aínda esta sen rematar. Se vale mais, a Xunta Reitora non podía adxudicalo:

- eu: Ese muro que se fixo, cantos contratistas deron presuposto?
- P.: Ese?
- eu: O muro.
- P.: ... Non houbo contratistas que deran presuposto. Houbo como ben ti sabes, 3 contratistas...
- eu: Non, non.
- P.: A ver, contéstoche ou no?
- eu: Non, pregunto polo muro.
- P.: Houbo 3 contratistas, como sabes, que deron o presuposto para construílo local e decidimos na xunta reitora que en vez de abrir outro proceso deses que tanto che gustan a ti...
- eu: Non é que me gusten a min...
- P.: Non, non falarei.
- eu: Non, é que estas enganando e mentindo...
- P.: E ti, facendo o ridículo.
- eu: Non me tomes o pelo!! Non me intentes tomalo pelo. Non son cousas que me gusten a min, e os veciños sabédelo, os vocais o sabedes e calades... non vos digo como que... (calei certos cualificativos, por educación e respecto). Non son cousas que me gusten a min.
- P.: Pero eu teño máis que escoitarte que é o que... che ven á cabeza e, Paco. Eu marcho para a casa, que teño máis que facer que aguantarche. Ou te pos a funcionar!!
- eu: Máis teño que aguantar eu do bolsillo Santi, e non me fagas falar Santi.
- (outro comuneiro) H.P.: Un minuto, pero o que esta dicindo Paco, faise así como di el, queredes...

Non podo seguir redactando o desenlace da asemblea, porque abandono o local ante o carácter agresivo que usou o presidente comigo. Fora do local, pregúntolle ao vogal de Cornido:
- eu: Quen plantou os pinos no monte? A quen llo destes a dedo?
- J.R.: Eu non fun!
- eu: Hai non fostes! Pero queredes tomarme o pelo!

Decido achegarme ao secretario para facerlle a mesma pregunta.
- eu: Quen plantou os pinos no monte? A quen lle destes o traballo? Andades de "cachondeo" coa xente? Home non me jo..s, se Franco hai 30 anos que morreu.

Agardo que tódalas miñas intervencións consten en acta. Un comuneiro xa fóra do local dime que iso era Ditadura pura e dura, e que moitos están de acordo comigo, pero que calan a boca.
A pregunta clave pode ser, como é posible que un vocal e o secretario non saiban contestarme como se organizou a plantación de piñeiros?

En fin, desculpen a extensión da entrada, pero trato de que se entenda o porque dos problemas en algunhas comunidades, cando a política anda polo medio. Porque esta é a pura realidade. Dou por rematado o debate, aínda que no interior do local o presidente seguiu discutindo coa xente que opinaba o mesmo que min.
Estes son os muros dos 12 mil euros.