Sinto ser reincidente por relatar de novo a cacicada cometida contra meu pai, pero se tal e como actuou nesta ocasión o director Xeral de Montes, o fixera o seu antecesor, os seus dereitos houbesen sido respectados, tanto por parte do presidente ou directivos da comunidade que supostamente deron a orde de r...lle o agro e a madeira, como de Medio Rural, que foi quen acometeu a obra.
Aínda que nada ter que ve-la información de hoxe con todo iso, venme con anel ao dedo para poder explicar unha vez máis a forma correcta que por aquel entón debeu aplicala Administración. Tal é como se pode comprobar na ligazón que achego, varias comunidades, entre elas Nebra, deberán aportar unha serie de documentos para poder acollerse á subvención solicitada. A nosa non ten que presentala referenciada cocódigo 7, de aí que a tache, pero ese é o dato que preciso para o post.
Non sei a conto de que ven que o presidente siga insistido que sobre este caso aínda hai moito que falar. Falar qué? ¿A caso vai devolvelo terreo ao seu estado anterior e repolas arbores? Por moito que nunha acta eu recollese fehacientemente as súas verbas de que que se os comuneiros non estabamos de acordo con algo que fixese previamente sen autorización da asemblea xeral, se "desfacía". Iso é o seu conto de sempre e aínda lle dura.
Resolución do 11 de xuño de 2010.PDF, da Dirección Xeral de Montes, pola que se require a mellora das solicitudes presentadas polos interesados ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2010, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común.
O artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, establece que se a solicitude de iniciación dun expediente non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior e os esixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, se requirirá o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42.
O artigo 7.1º da Orde do 7 de abril de 2010 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común (Diario Oficial de Galicia do 12 de abril), prevé que, unha vez presentada a solicitude, se revisará a súa documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións, o requirimento de erros da solicitude, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6º b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada.
Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural á cal se remitirá o texto publicado no Diario Oficial de Galicia.
En consecuencia,
RESOLVO:
Requirir os solicitantes que figuran no anexo desta resolución para que nun prazo de dez días hábiles emenden a falta ou xunten os documentos que se especifican no anexo.
No caso de que non o fixeren así, teranse por desistidos da súa solicitude, logo da resolución que se dite para o efecto.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2010.
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes
Expediente: 02150021/2010 Data rexistro: 12-5-2010
DNI/CIF: V15223787
Nome ou razón social: CMVMC da parroquia de Nebra
Concello: Porto do Son
Documentación que se debe emendar: 2, 3, 4, 5, 6, 8, 9, 11, 15, 16 e 17
ANEXO
Listaxe dos documentos requiridos co seu código
Código Documento
2 Valoración económica das accións solicitadas
3 Fotocopia dos CIF da CMVMC
4 Certificación orixinal da entidade financeira
5 Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante para pedir axudas Orde do día da toma do acordo
6 Datos dos montes obxecto da axuda segundo o anexo V
7 Acordo dos/das titulares dos terreos forestais para a designación dun/dunha representante para efectos da tramitación da axuda segundo o anexo VI
8 Declaración das axudas do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para esta mesma finalidade ou anexo VII
9 Memoria (2 copias)
11 Descrición das actuacións
15 Cartografía
16 R.N. 2000, Camiño de Santiago e Rexistro de Bens de Interese Cultural
17 Orzamento
Aínda que nada ter que ve-la información de hoxe con todo iso, venme con anel ao dedo para poder explicar unha vez máis a forma correcta que por aquel entón debeu aplicala Administración. Tal é como se pode comprobar na ligazón que achego, varias comunidades, entre elas Nebra, deberán aportar unha serie de documentos para poder acollerse á subvención solicitada. A nosa non ten que presentala referenciada co
Acordo dos/das titulares dos terreos forestais para a designación dun/dunha representante para efectos da tramitación da axuda segundo o anexo VINon é o caso, pero parecido a ese acordo era o que Medio Rural tiña que haberlle reclamado ao presidente, como máximo responsable da comunidade, antes de metelas palas no agro de meu pai e dos outros tres, porque repito, coma secretario da comunidade nese intre fun o último en sabelo e tivo «vemoles» a cousa.
Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante para pedir axudas.Outro documento que deberían haberlle reclamado e que pasaron por alto, salvo que presuntamente se falsificase, pero o que si teño moi claro é, como foi posible que só de palabra, Nebra conquerise que Medio Rural abrise esa pista?
Non sei a conto de que ven que o presidente siga insistido que sobre este caso aínda hai moito que falar. Falar qué? ¿A caso vai devolvelo terreo ao seu estado anterior e repolas arbores? Por moito que nunha acta eu recollese fehacientemente as súas verbas de que que se os comuneiros non estabamos de acordo con algo que fixese previamente sen autorización da asemblea xeral, se "desfacía". Iso é o seu conto de sempre e aínda lle dura.
Resolución do 11 de xuño de 2010.PDF, da Dirección Xeral de Montes, pola que se require a mellora das solicitudes presentadas polos interesados ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2010, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común.
O artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, establece que se a solicitude de iniciación dun expediente non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior e os esixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, se requirirá o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42.
O artigo 7.1º da Orde do 7 de abril de 2010 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común (Diario Oficial de Galicia do 12 de abril), prevé que, unha vez presentada a solicitude, se revisará a súa documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións, o requirimento de erros da solicitude, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6º b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada.
Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural á cal se remitirá o texto publicado no Diario Oficial de Galicia.
En consecuencia,
RESOLVO:
Requirir os solicitantes que figuran no anexo desta resolución para que nun prazo de dez días hábiles emenden a falta ou xunten os documentos que se especifican no anexo.
No caso de que non o fixeren así, teranse por desistidos da súa solicitude, logo da resolución que se dite para o efecto.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2010.
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes
Expediente: 02150021/2010 Data rexistro: 12-5-2010
DNI/CIF: V15223787
Nome ou razón social: CMVMC da parroquia de Nebra
Concello: Porto do Son
Documentación que se debe emendar: 2, 3, 4, 5, 6, 8, 9, 11, 15, 16 e 17
ANEXO
Listaxe dos documentos requiridos co seu código
Código Documento
2 Valoración económica das accións solicitadas
3 Fotocopia dos CIF da CMVMC
4 Certificación orixinal da entidade financeira
5 Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante para pedir axudas Orde do día da toma do acordo
6 Datos dos montes obxecto da axuda segundo o anexo V
8 Declaración das axudas do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para esta mesma finalidade ou anexo VII
9 Memoria (2 copias)
11 Descrición das actuacións
15 Cartografía
16 R.N. 2000, Camiño de Santiago e Rexistro de Bens de Interese Cultural
17 Orzamento
No hay comentarios:
Publicar un comentario