Vacas bravas na Curota |
Aquí, dende esa data, salvo que plantaron pouco máis dunha ducia testemuñal de castiñeiros ou sobreiras, como xa dixen no seu día, plantáronse pinos alí onde naceron solos en piñas e agora, ao pasarlle o tractor coas cadeas, quedaron a medias os nados espontáneos cos que plantaron. Iso si que é pensar cos pes e non coa cabeza. O monte cumpre coñecelo algo mais que mirar para el.
Outro dato a ter en conta é a miña estrañeza na diferente forma de atualo Distrito e Medio Rural coas comunidades. Mentres aquí a Xunta Reitora non lle presenta actas ou certificacións onde os comuneiros aprobásemos algún plan, porque nin tan sequera levaron algún as asembleas, en Santa Cruz, a tenor do publicado, si que son os comuneiros os que primeiro aproban e logo actúan os directivos. Aquí comezan a casa polo tellado e logo se non nos gusta "desfaise". Presidente dixit.
A comunidade de montes veciñais de Santa Cruz de Lesón, na Pobra, levou a cabo a repoboación de 34 hectáreas no monte da Curota. Durante os meses de maio e xuño deste ano adecuáronse 22 hectáreas con árbores destinadas á produción de madeira para á súa posterior comercialización.Fonte orixinal: La Voz de Galicia
No 2010 se reforestaron 12 hectáreas con especies autóctonas, carballo e bidueiro, principalmente. Un total de 7.500 plantas distribuíronse entre varias zonas previamente preparadas. Estes exemplares mesturáronse con outros, como castaños, arces ou cerdeiras.
A finalidade de todos estes traballos é a rexeneración da Curota tras os labores de regulación de pastoreo e a dotación de infraestruturas de acceso e defensa para a loita contra o lume. Desde a comunidade de montes indícase que todas estas actuacións responden a un plan técnico de xestión que foi aprobado e rexistrado pola Administración.
A xunta directiva da entidade de comuneiros, coa aprobación da asemblea e asesorados pola empresa enxeñeira Novofor, está a potenciar a restauración do monte tras os importantes incendios do 2006. Desde o colectivo indícase que, nos últimos anos, observouse a continua degradación e envellecemento da masa forestal debido á ausencia de tratamentos silvícolas, así como polas repetidas agresións sufridas.
Financiamento
O financiamento destas actuacións ambientais realízase grazas á venda da madeira e ás axudas da Administración. Os propietarios do monte piden a colaboración dos visitantes e aluden aos perniciosos efectos que teñen os incendios sobre o terreo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario