lunes, 8 de diciembre de 2008

Favores na comunidade


Onte nun establecemento de Noia sen poder evitalo, escoitei unha conversación entre a dona e un cliente que falaba do aliviado que estaba ao conseguir por fin ter aos seus cabalos controlados nun peche gandeiro.

No coñecía de nada, pero polos datos que ía aportando intuín que estaba falando dos noso. Hoxe pola tarde as miñas sospeitas confirmábanse ao ver nun, a lo menos tres cabalos.

Considero que estamos ante una nova ilegalidade cometida por algún membro da Xunta Reitora ou todos, se teñen coñecemento disto. Afirmo con rotundidade ILEGALIDADE por dúas cuestións:

Primeiro: Un gandeiros sen vínculos comunidade está facendo uso dun ben común.

Segundo: A Asemblea Xeral é único órgano da comunidade con competencias para autorizar o pastoreo no noso monte mediante convenio ou cesión, e isto non se approbou, nen tan sequera se debateu.

Dentro do peche non hai auga, polo que conectaron unha mangueira dende o río. Segundo me comentaron algúns comuneiros, cando outro gandeiro, igualmente sen vínculos coa comunidade, tamén meteu cabalos e os reitores levábanlla coa motobomba da comunidade.


No hay comentarios: